Xosé Manuel Varela
A gravación dunha «Polafía» rescatará no Entroido de Cerqueda romances, contos, lendas e vellas coplas satíricas
A Polafía celebrarase o vindeiro Domingo de Piñata, 13 de marzo, a partir das 5 da tarde, no restaurante Aldeola de Cerqueda (Malpica de Bergantiños). Será a gran novidade de todo o entroido da Costa da Morte que, nesta ocasión, volve á creatividade literaria e á espontaneidade que viviu esta celebración etnográfica en moitas aldeas durante o século XX cando as celebracións de carnaval non estaban tinguidas polo seu carácter comercial.
As «Polafías» son unha actividade de recuperación de literatura oral que a Asociación de Escritores en Lingua Galega leva desenvolvendo durante estes anos polas provincias galegas. Neste ano 2011, a única Polafía que gravarán na provincia da Coruña será a presente de Cerqueda. Antonio Reigosa, coordinador das «Polafías» coñecedor da riqueza da literatura oral da parroquia de Cerqueda, púxose en contacto con Xosé Manuel Varela, secretario da A.VV. Monte d’Arxa para poñer en marcha esta recolleita. Como a música tradicional tamén forma parte da literatura oral sumouse ó carro todo o proxecto da Escola de Música e Danza Tradicional de Raigañas, xunto coa manifestación dos Madamitos e Ghuardineiros, actividade singular nestes momentos no territorio galego e que pervive unicamente en Cerqueda.
Aínda que o programa da Polafía non estará plenamente pechado ata o propio día da celebración, porque pode haber algunhas altas de última hora, nestes momentos están confirmados os seguintes contidos e persoas:
1.- No apartado “Romances”, Miguel Anxo Calvo escenificará un “Romance de cego”.
2.- No apartado “Contos e lendas” haberá dúas participacións. Manuel Bouzas Souto (Manolo do Vinculeiro de Folgueira) narrará os contos: “Vigo dos Toxos”, “Viaxe ó Xubileo en Santiago”, “Unha viaxe a Carballo”, “O conto da camioneta” e “O conto da mili”; ademais, lembrará un fragmento dunha vella regueifa: “A regueifa do cura de Cerqueda chamado Gil”. Por outra banda, o xornalista da CRTVG Alberto Ordóñez lerá unha recreación literaria dunha lenda da parroquia de Cerqueda: “A cova do Xacintón”.
3.- No apartado “Regueifa” recuperaranse fragmentos de regueifas históricas así como regueifarán os regueifeiros máis novos de Bergantiños. As regueifas históricas serán recordada por Florinda Bermúdez Castro (Florinda do Patricio de Lezudo) quen, coa súa memoria prodixiosa, nos lembrará fragmentos dunha histórica “Regueifa de Cadete e Leonarda en Pazos”, dunha “Regueifa de Leduzo” e mais “Coplas soltas”. Por outra banda, Jesús Lema Vecino (Suso de Xornes) e Antonio Rodríguez Caravel (Antonio de Xornes) ofrecerán unha breve regueifa en directo como mostra da vitalidade dos dous regueifeiros máis novos da comarca de Bergantiños.
4.- No apartado “Comparsas”, Teresa Reigía Pose (Teresa dos Cucos) cantará unha “Comparsa de Mens” que data de 1960 na que se critica o cura desta parroquia malpicá e do mal estado da estrada de Malpica e Ponteceso; ademais, recordará coplas dunha “Comparsa de Cerqueda” datada no ano 1933 e mais varias “Coplas soltas” que fan referencia a Cerqueda.
5.- No apartado “Coplas” terán protagonismo dúas irmás das Pozacas: Dolores e Evangelina Trigo Vecino. Dolores Trigo Vecino (Lola do Panadeiro) recitará os seguntes poemas populares: “Vou conta-los labradores”, “Viva Cores e Bardaio”, “Mozos que estades solteiros” e “Coplas do Prestige”; tamén lembrará fragmentos dunha “Comparsa de Aldeola”. A súa irmá, Evangelina cantará as “Coplas soltas de regueifa de súa nai Carmela con Cotelo da Ourada”, “Coplas de Leonarda” e “Coplas da fiada da casa do Benito”.
6.- No apartado “Pandereteiras” intervirán catro xeracións de pandereteiras cunha diferenza de idade de 70 anos entre as máis vellas e as máis novas. Os obxectivos da intervención destas catro xeracións é obter unha ollada panorámica entre o pasado (e raíz) da música da pandeireta na parroquia de Cerqueda e a súa pervivencia na actualidade nas novas formación de cantadoras. Entre estas catro xeracións, cantarase a case totalidade do repertorio de música de pandeireta que aínda se mantén vivo en Cerqueda e que está formado polos seguintes temas: “Chotis de Cerqueda”, “Muiñeira corrida”, “Valse de Cerqueda”, “Ribeirana de Cerqueda”, “Punteada de Cerqueda” e “Xota de Cerqueda”.
7.- No apartado “Madamitos e Ghuardineiros” gravarase, tras estaren de percorrido polos distintos lugares da parroquia desde as 11 da mañá, a última intervención desta manifestación etnográfica de Entroido única en Galicia na actualidade. Poñerán a música as vellas pandereteiras de Cerqueda (Dolores, María e Evangelina), intervirán “Os Vellos” e bailarán os “Madamitos e Ghuardineiros”.
8.- No apartado “Gaiteiros”, e como fin de festa, os gaiteiros Raigañas realizarán un dobre pase coas pezas “Pasodobre de Cerqueda” e “Carballesa de Melide” coas que poderá bailar o público presente.
Na organización da Polafía participan a Asociación de Escritores en Lingua Galega, a Asociación de Veciños Monte d’Arxa, a Asociación Cultural Raigañas coa colaboración do complexo hostaleiro Aldeola.
Cerqueda vivirá un entroido marcado pola tradición etnográfica e pola literatura oral
O programa Entroido Cerqueda 2011 desenvolverase en tres xornadas nas que se combinarán xogos, literatura oral, música e danza tradicional, así como a gastronomía da época.
A primeira xornada terá lugar o vindeiro venres 4 de marzo no local sociocultural das Pozacas cos máis pequenos como verdadeiros protagonistas. Desde as 5 ata as 8 da tarde haberá unha gran festa de disfraces con animación antroideira. Ó remate da mesma degustarase unha chocolatada. Por outra banda, desde as 8 e media ata as 10 e media, para os máis adolescentes celebrarase por primeira vez un guateque xuvenil de entroido.
O día máis intenso de tradición antroideira será o Domingo de Piñata coa celebración do tradicional percorrido dos Madamitos e Ghuardineiros e coa novidade da gravación dunha Polafía. Os Madamitos arrancarán o seu desfile de bromas, danzas e músicas a partir das 11 e media da mañá por todos os lugares da parroquia. A Polafía celebrarase a partir das 5 da tarde no restaurante Aldeola. Nela, a Asociación de Escritores en Lingua Galega aproveitará para realizar unhas gravacións da tradición da literatura oral e da música tradicional da parroquia de Cerqueda. Gravaranse romances de cego, coplas, comparsas, regueifas, contos, lendas así como o repertorio de catro xeracións de pandereteiras da parroquia. O peche da Polafía virá dada coa última intervención dos Madamitos e Ghuardineros e coa actuación dos gaiteiros Raigañas. Na organización da Polafía participan a Asociación de Escritores en Lingua Galega, a Asociación de Veciños Monte d’Arxa, a Asociación Cultural Raigañas coa colaboración do complexo hostaleiro Aldeola.
Comarca natural de Bergantiños presentarase este martes na EFA Fonteboa de Coristanco
Á presentación acudirán José María Varela, coordinación do rescate deste traballo inédito, Xosé Manuel Varela Varela, tradutor do orixinal castelán para o galego, e Alberto Martinez Pose, representante da Asociación de Desenvolvemento da Comarca de Bergantiños.
Comarca natural de Bergantiños é un libro que describe polo miúdo o territorio bergantiñán. En case 500 páxinas ofrece unha ollada da xeografía, economía, tradicións e topónimos dos sete concellos da comarca. Como elementos gráficos inclúe abundantes láminas elaboradas a man polo propio Salvador Parga Pondal e cerca de 50 de fotografías do laxense José Vidal. É unha publicación de carácter gratuíto que se divulgará nesta tempada a través de distintos actos de presentación. No vindeiro mes de novembro, presentarase no XIV Simposio Pondaliano.
Testemuños dunha Cerqueda inédita
«En Cerqueda non hai homes,
homes hainos na ribeira;
hainos de media polaina,
hainos de polaina enteira».
Destes versos interesa o apelativo A Ribeira, nome co que se coñecen os lugares desta parroquia malpicá emprazados contra a banda do mar: O Ceán, Algadán, A Lagoa, Loroxo e Ardeleiro. Minúsculas aldeas que se adiviñan na banda dereita da estrada Buño a Malpica e que buscan refuxio entre as agras que testan nas estremas dun suave cordal montañoso que se rende en cantís nas augas do Atlántico.
Neste cativo cordal, escóndese un val de ribeira, inédito, salvaxe, dominado polos ventos: A Rega. Chégase a el desde O Ceán, podendo optar o camiñante por dúas das marxes do val: unha que nos levará á Cabeza da Rega, á Casa do Xacintón, á Corte das Cabras; outra, pasando polo campo de fútbol, que, ademais da Rega desemboca na praia de San Miro.
Collemos a marxe esquerda do val. Transitamos por piñeirais interrompidos ata bater coa Cabeza da Rega, alí onde o nace val e se axeonlla buscando o mar. Nas fontenlas da Cabeza nace un pequeno regato: o Rego da Rega. Continuamos polo camiño de servidume ás chousas que se converteu agora en faixa de cortalumes, facendo posible así o noso acceso. A vella corredoira, testemuña de centos de carradas de herba, védase hoxe ó paso humano poboada dun sen fin de toxos e xestas en flor nesta primavera.
O Rego da Rega é cativo, quizais un par de metros separen as súas marxes. Pese ás cinco fontes que lle dan auga, nestas datas baixa escaso, sedento. Pola contra, noutrora era abrevadeiro para o gando e mollaba as pedras de dous lavadoiro a onde acudían as mulleres do Ceán.
No primeiro cortalumes a travesa, baixamos pola dereita a carón dun espeso piñeiral de repoboación. Acompáñanos unha densa ramada e unha mesta capa de arume érguese desde o chan ata as primeiras pólas. Proseguimos ata o remate do camiño. Detémonos alí onde o rego se anchea nun pequeno remanso. Na tranquilidade do lugar oiremos a música do río. Levantemos a mirada cara o noso entorno e decatarémonos da pequena humanidade que somos perante tanta natureza.
Metámonos agora no bosque, pola alfombra de arume, seguindo unha vella corredoira. A escasos metros xorde na altura a Casa do Xacintón. A Casa do Xacintón encóntrase na ladeira esquerda da canle pola que discorre do Rego da Rega. Desde lonxe divísase como un petón se abre nunha cavidade frontal que observa o regato desde a altura. Unha viseira de pedra que abriga unha cova duns catro metros de profundidade. No seu chan, cuberto dun po de area escura nacido da erosión das súas paredes, grávanse pisadas de aves que buscan acubillo nas noites. Como ata hai anos esta era zona de praderías e pastoreo, cando chovía os rapaces que coidaban do gando (ovellas e vacas) abrigábanse nesta cavidade. Ningunha persoa de Cerqueda garda memoria do porqué do seu nome. Nós propoñemos un apelativo humano para o seu bautizo. Probablemente, moi recuado no tempo, un veciño do lugar, home grande, de nome de pía Xacinto, pero para os veciños Xacintón, fose frecuente morador da mesma nas súas horas de pastoreo. Décadas atrás, o penedo no que aparece a Casa do Xacintón estaba a monte aberto; hoxe abrígase dun denso piñeiral, alfombrado de arume e que convida a outonos cargados de cogomelos.
Recuamos e volvemos ó primeiro camiño principal. Descendemos polo cortalumes ata chegar á súa fin. Temos o mar de fronte, antes vedado para nós polo bosque que nos rodeaba. Collemos á esquerda polo camiño de pescadores e percebeiros, costa abaixo, en relanzo. Toxos e silvas préndennos nas roupas para impedir a nosa andaina. Atravesamos o bosque de ribeira, chan de arume ata que albiscamos unhas agullas de pedra, comestas do nordés. A súa silueta para nada nos ofrece o que podemos encontrar no seu interior.
É unha cova que se encontra na punta da Fungosa, un pequeno cabo acantilado onde o mar bate con carraxe. Precisamente, o fungar das augas, mesmo en días calmos, dálle nome ó lugar. A Corte das Cabras amosa a súa entrada ó bío, ó precipicio. Na cerna do rochedo, no seu corazón ábrese unha cova de uns oito metros de profundidade. Nela o fungar do mar vólvese silencio perpetuo. No chan, pegadas de aves que tamén buscan aquí o seu refuxio. Outras aves buscan na intimidade da cova fendas para a súa niñada que agarda, ano tras ano, a posta de ovos que prolonga a liñaxe. No chan tamén unha pequena lareira de pedras de pescadores que fan aquí o seu xantar despois dunha xornada de pesca.
Saímos á boca da cova, abocamos o perigoso cantil. Alá embaixo, na inmensidade duns 50 metros, emerxe unha negra pedra cercada (bañada por augas de mar), no seu curuto descansan seis cormoráns. Dous deles con penacho no curuto das súas cabezas: son cormoráns moñudos. Onde eles pousan, a pedra é permanentemente branca, sinal da súa longa presenza, mostra das súas cagadas.
Desde a boca da cova observamos o litoral bergantiñán desde unha perspectiva inédita, allea a miradas comúns. Aquí un sente o privilexio de gozar da terra non tocada pola man do home. Aquí un desexa tamén que este privilexio se perpetúe no tempo. Contra a dereita, Petón Rubio, un monte barresco que morre en cantil. Neste, dous pescadores de cana pasan a mañá do domingo. Un pregúntase cómo chegarían á súa postiña. Máis ó lonxe, a punta da Atalaia que nos anuncia, escondida, a vila mariñeira de Malpica. Avanzando no océano, as Sisargas na súa partida constante.
Monte arriba, regresamos ó cortalumes para descender por outro camiño de pescadores á Rega.
A Rega son as dúas únicas praias da parroquia de Cerqueda. Con marea alta as súas areas cóbrense de auga. A baixada da marea, agasállanos con dous pequenos areais: A Rega Grande e A Rega Chica. Entre eles, o illote da Rega, nome co que aparece nos mapas sérvelle de parapeto en días de temporal. Pola contra, os veciños da parroquia coñecen este illote co nome da Pedra Grande.
Se miramos cara á terra vemos o Rego da Rega brindar as súas augas ó Atlántico. ¿Quen dixo que o Xallas era o único río de Europa que morría en fervenza? Con galanura, este regato cerquedán morre nas escumas da ribeira, bica sen temor os salseiros caendo nunha fervenza duns dez metros. A fervenza mariña máis grande das terras de Malpica de Bergantiños. ¡Grazas, Deus, por ofrecernos tanta beleza!
Non obstante, aínda non vimos as xoias desta nosa escarpada viaxe: as furnas da Rega, catedrais nas entrañas da terra, húmidas bóvedas oxivais tinguidas de negrume creadas na eternidade dos tempos.
A furna pequena está a rentes da desembocadura do río. O seu chan todo el é de area. Contamos uns 40 pasos ata o seu remate. A furna grande encóntrase na outra banda da praia. Se a marea non está baixa de todo, para chegar a ela debemos atravesar unha pequena ribeira de bolos e pedras en aguillóns. Sen embargo, a dificultade do acceso compénsase coa maxestosidade desta cavidade mariña. Unha alta entrada, defendida por pozas de auga e grandes bolos, unha prolongación de 47 pasos en corredor curvo, a auga en goteiras que verte do seu ceo negro e a escuridade total nos seus últimos dez metros. Unha verdadeira catedral mariña nas profundidades do cantil coma aquelas que soñaba Urbano Lugrís.
¡Grazas, Deus, por ofrecernos tanta fermosura!
Un náufrago na Costa da Morte
De todos modos, coa lectura desta súa primeira novela longa escrita en lingua galega, O náufrago, quixera establecer un paralelismo no que participan dous escritores da Costa da Morte: un, é o propio Pet Posse; outro, o poeta, dramaturgo, narrador, xornalista e fotógrafo baiés, Enrique Labarta Pose. Este, viviu parte dos seus últimos vinte anos no Paseo de Gracia da cidade condal. Desde alí, como tamén fai Xosé Antonio Pet escribiu, en lingua galega e castelá, textos literarios que viron a luz ás veces en formato libro, ás veces na prensa galega, tanto de aquí do país como da propia emigración americana.
Este paralelismo entre ambos non só se queda nos seus traballos como escritores, senón tamén nos dous «eses» do segundo apelido, dado que, en moitas ocasións, o nome de Labarta aparecía escrito así: Posse.
Xosé Antonio Pet Posse naceu na parroquia de Tella contra mediados do século XX. Polo tanto, a literatura tiña que ser por forza unha das súas paixóns, posto que o seu berce foi abalado, sen dúbida, polos airiños mainos dos pinales de Tella. Esta fecundidade pondaliana non tardaría moito tempo en prender na súa musa, a cal xa espertou con toda a súa vigorosidade nos anos da adolescencia.
Ó longo do século XX, Xosé Antonio Pet Posse non só foi o novelista máis fecundo da terra de Bergantiños, senón tamén o que acadou máis altos loureiros literarios. Por exemplo, a súa obra, Portoceo, quedaría seleccionada para a final do prestixioso premio Planeta no futbolístico ano 1982.
A pluma Pet Posse escribe en galego e castelán e non ten medo de se mergullar tanto no terreo da narrativa infantil como na de adultos, así como mesmo na poesía. As súas narracións caracterízanse porque nelas sempre está presente a terra natal para honrar aquel verso pondaliano que engrandecía a «pequena Ponteceso».
Desde a súa adolescencia ata hoxe, a anada literaria de Xosé Antonio Pet Posse é abundante, de aí que botemos man da frase feita coloquial e escribamos que «ten o cabazo cheo» e pode pasar o inverno tranquilo, porque nunca lle faltará un anaco de pan ou de boroa ó que botarlle dente. As esparxas do seu cabazo énchense con títulos como Portoceo. En el fin del mundo, La Taberna de Bergantiños, Una dama de altos vuelos, Amalia la del 228, Las gemelas de Fornelos, La tahona de  Froilán ou Alias el Chispa na modalidade de narrativa para adultos. Para os máis novos, La historia de Alí.  En galego, publicou hai anos Contos e lembranzas e a narración infantil Un berro no silencio da noite. Este último sería traducido despois ó catalán. E no terreo poético sacou á luz Poemas singulares y doce sonetos apasionados. Tampouco podemos esquecer o conto sobre Carmiña de Tella, a das bonecas, que incluíu na publicación da A.C. Monte Branco, O trasno rebuldeiro, con motivo da homenaxe ós escritores da Costa da Morte.
E agora, tras estas datas de Nadal e xa próximos ós cocidos e filloas de entroido, acábanos de agasallar coa súa primeira novela longa en lingua galega: O náufrago. Sen lugar a dúbidas, sendo Pet Posse un escritor natural da Costa da Morte, non soubo escapar do irresistible desexo e emoción que as bravas augas de todo este territorio Atlántico provocan á hora de escribir.
Podiamos dicir que é outro libro máis sobre a Costa da Morte, pois a listaxe sobre esta temática é realmente ampla. O propio Eduardo Pondal tiña dous poemas inéditos ata hai pouco que se titulan así: «Costa da Morte»; neles fala das invasións vikingas a estas ribeiras. Nos anos 20, un escritor sevillano, José Mas, publicou unha novela longa con ese mesmo título: La Costa de la Muerte. Dela realizamos nós unha tradución ó galego. Non obstante, o libro que máis deu a coñecer nas xeracións actuais este fisterra atlántico cargado de naufraxios foi o do mestre José Baña Heim: Costa de la Muerte. Historia y anecdotario de sus naufragios.
Precisamente dun destes afundimentos, o do buque City of Agra, nace a presente novela: O náufrago. O 3 de febreiro de 1897, este buque inglés bate contra o baixo do Canesuso (Arou. Camariñas) cando se encontraba en ruta desde Glasgow a Calcuta. Dos 63 tripulantes e 6 pasaxeiros non só se salva o «sobrecargo»,  un mozo escocés que responde ó nome de John Mac Barbour, senón tamén os 300 soberanos de ouro que o capitán escondía no seu camarote. ¿E que futuro prometedor lle esperaba a este mozo lanzal con semellante tesouro nunha terra mergullada nos tempos das corredoiras? Iso deixarémolo para os lectores da novela.
O náufrago de Xosé Antonio Pet Posse
Tes unha cita con esta novela e co seu autor o vindeiro domingo 24 de xaneiro, a partir das 5 da tarde na Fundación Eduardo Pondal.
Amencer presenta en Betanzos o seu primeiro poemario colectivo
O recital presentación combinará a lectura de texto con música de ambiente e instrumental.
Presentación da Guía do miradoiro de aves José Luís Rabuñal Patiño
O volume, que consta de 16 páxinas dun innovador formato rectangular horizontal cando está aberto, recolle, desde o punto de vista divulgativo, varios aspectos de interese sobre o mundo das aves da Insua tanto para o afeccionado á avifauna como para a poboación local, escolar e turística.
O traballo ábrese cunha presentación do Alcalde de Cabana de Bergantiños, na que salienta que con esta publicación, xunto coa inauguración en 2006 do Miradoiro de Aves situado na praia da Urixeira, se lle rende outra merecida homenaxe a José Luís Rabuñal Patiño, un dos máis importantes ornitólogos de campo do Estado español e que leva máis de 30 anos observando aves na desembocadura do Anllóns.
Despois, no desenvolvemento do contido, cunha alta calidade gráfica e con amenidade, infórmase ós lectores da importancia da Insua como un espazo privilexiado en Europa para as aves que buscan nela refuxio durante as súas migracións europeas e americana, dos lugares que ocupan as aves no esteiro, das rarezas que acudiron nalgunha ocasión ó lugar, das estratexias para recoñecer as aves e dos útiles cos que se deberá contar para a observación da avifauna, así como da dispoñibilidade de contar cunha chave para acceder ó interior do miradoiro de aves.
Mentres que a guía, redactada en lingua castelá e galega, ten como destinatarios o público turístico e foráneo, un polidíptico de gran formato que a acompaña foi escrito en lingua galega e ten como destinatarios principais a poboación local e escolar.
O volume conta con colaboracións gráficas de Ana García Suárez, foi deseñado por GlobalGrafic e publicouse cunha axuda da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible.
Guía do miradoiro de aves José Luís Rabuñal Patiño
Este traballo, xunto coa inauguración en 2006 do Miradoiro de Aves situado na praia da Urixeira, quere renderlle merecida homenaxe a José Luís Rabuñal Patiño, un dos máis importantes ornitólogos de campo do Estado español e que leva máis de 30 anos observando aves na desembocadura do Anllóns.
No contido, ilustrado cunha alta calidade gráfica, infórmase ós lectores da importancia da Insua como un espazo privilexiado en Europa para as aves que buscan nela refuxio durante as súas migracións europeas e americana, dos lugares que ocupan as aves no esteiro, das rarezas que acudiron nalgunha ocasión ó lugar, das estratexias para recoñecer as aves e dos útiles cos que se deberá contar para a observación da avifauna, así como da dispoñibilidade de contar cunha chave para acceder ó interior do miradoiro de aves.
A guía, que está redactada en lingua castelá e galega, acompáñase dun polidíptico de gran formato escrito en lingua galega. O volume conta con colaboracións gráficas de Ana García Suárez, foi deseñado por GlobalGrafic e publicouse cunha axuda da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible.
A Reválida de sexto na Coruña