Tiñádelo que ver
Con música de Kitaro Matsuri
Un canto de amor á Terra.
Para gozar!
Que non dariamos?
Que non dariamos por non deixalos avanzar,
Que non dariamos por detelos,
por facelos retroceder,
por obrigalos a recuperar momentos que nos gustaría retomar...
aquela conversa que nunca concluíu
aquela na que cambiariamos unhas palabras que nunca debimos dicir,
aquelas palabras das que sempre nos arrepentimos
aquelas que elimianarian a discusión posterior...
que non dariamos por recuperar o estoupido daquela onda que nos abraiou na praia...
e facía sol...
e ulía a salitre fresco...
que non dariamos por oír de novo a voz dos que marcharon,
que non dariamos por escoitar os seus risos unha vez máis,
por compartir con eles mesa, mantel, viño, alimentos,
que non dariamos,
collamos os reloxos todos das casas
paremos o tempo por un intre
e deámoslles logo ás agullas marcha atrás!
De El mundo de Juan José Millás
Acabo de sucumbir ao progreso e veño de comprar un libro electrónico (ou debo dicir ebook?) un Kindle para sermos exactos.
E inaugureino (prefiro dicir iso a estreeino) coa novela El mundo De Juan José Millás.(E debo recoñecer que o aparelliño me deu unha moi boa lectura)
Desa novela de Millás quero salientar unhas cantas frases e recomendar algunha parte.
Comecemos polas frases.
Velaí van:
“…las tardes muertas, nunca se ha dicho eso de las mañanas, ni de las noches, pues sólo la tarde, de entre todos los momentos del día, es mortal…”
“Escribir bien presupone escribir al dictado de aquella parte de ti que permanece dentro del delirio cuando la otra sale de él para comunicarse con los demás o para ganarse la vida.”
(Non podo estar máis de acordo)
E a derradeira:
“El nombre es una prótesis, un implante que se va confundiendo con el cuerpo, hasta convertirse en un hecho casi biológico a lo largo de un proceso extravagante y largo. Pero tal vez del mismo modo que un día nos levantamos y ya somos Millás, o Menéndez u Ortega, otro día dejamos de serlo. Tampoco de golpe, poco a poco.”
Recomendo agora unha conversa que o protagonista escoita nunha reunión/festa na casa do seu editor, na que se fala de de porcos, de León Tolstoi de de meniños do terceiro mundo apadriñados.
Brillante! Verdadeiramente brillante!
Tamén recomendo esa abraiante historia do alpinista perdido nunha fenda da montaña que escala, que aparece dentro da vivenda dunha muller do futuro.
En fin, unha novela que me resultou do máis interesante e que me serviu para inaugurar esta miña nova biblioteca de peto que vai convivir coa de papel.
Reconstrución do avó Vicente
E non gardo memorias del apenas porque morreu cando eu era moi pequeno.
Só sei que vivían (miña avoa e máis el) no primeiro piso da esquina das rúas do Carme e Magdalena en Ferrol, enriba dunha tasca que se chamaba La tribu e enfronte doutra que se chamaba Os Peares, esta última pechada na miña adolescencia e atendida por dous vellos que facían uns bocadillos de xamón abraiantes.
Falo destas dúas tascas porque polo visto eran lugares, especialmente La tribu, moi frecuentados por meu avó, tanto que era máis doado atopalo neles que na súa propia casa. Teño unha certa memoria de entrar en La tribu da man de meu pai e estar alí dentro rodeado de homes que rían as ocorrencias de meu avó, que polo que din era todo un carallán.
Tamén lembro do avó Vicente que me chamaba Parrulo e tamén Parruliño.
E iso gustábame moito.
O resto do que sei do avó Vicente é unha inmensa lenda construída ao seu redor en parte polas cousas que sempre escoitei na casa e en parte pola miña propia imaxinación (quizais sexa o primeiro personaxe que construíu un meniño que co paso dos anos acabaría por ser escritor).
A lenda comeza arredor desta mesma foto que achego, porque por caprichos do destino acabou colgada das paredes das casas dunha boa parte da familia grazas a un cadro en plumilla pintado por meu irmán e fotocopiado unha vez e outra máis. Por algún motivo todos querían telo na casa (e eu tiven a enorme sorte de que meu pai me dese o retrato orixinal). Sen comelo nin bebelo acabei eu tamén colgado nos fogares familiares dunha chea de parentes.
Arredor do avó Vicente todo é lenda:
O avó Vicente aparece nunha fotografía familiar sacada nunha festa camprestre, unha romaría quizais, facendo o pallaso cun babeiro meu colgado no pescozo e cun biberón na man. Non hai ninguén que no se fixe nel.
O meu avó Vicente, moi afeccionado polo visto á bebida, seica logo dunha comida familiar acabou subindo á mesa onde todos estaban sentados para se poñer a bailar.
O avó Vicente tiña un gato que se chamaba Pirulo e que acabou comido polos seus fillos e os amigos nos anos da fame na posguerra.
Nunca chegou a sabelo, desgustado como estaba pola estraña desaparición do gato.
O avó Vicente debeu de pasar a guerra a bordo dun barco e toda a miña vida me dixeron que os canóns que estaban ás portas do Pazo de Capitanía en Ferrol eran precisamente os canóns do seu barco.
Non teño nin idea de se iso é certo ou non.
Tampouco quixen preguntalo nunca, quizais por medo de levar unha labazada de realidade que destruíse unha historia fantástica construída no interior da miña cabeza.
Nesa historia meu avó Vicente é un vello lobo de mar que cruza os océanos do mundo para loitar en guerras mil e para vencer a milleros de inimigos...
Na miña imaxinación meu avó Vicente viaxaba nun barco de grandes canóns na compaña do seu inseparábel gato Pirulo, a quen en ton agarimoso chamaba Parrulo e tamén Parruliño...
Unha viaxe á Illa dos Mortos
Achégovos este vídeo polo seu interese histórico.
Quen había dicirnos que no medio da Ría de Arousa existía unha illa coma a lendaria Avalon das lendas artúricas?
Só nos falta desexar que ninguén destrúa esta extraordinaria riqueza arqueolóxica!
Para máis información consultade o blog de Manuel Gago.
O ruído dos pasos ao camiñar
Tan pequeno como para camiñar da man de meu pai polo porto de Ferrol para mirarmos barcos, un dos seus paseos favoritos en días de lecer.
(E que grandes para nós, especialmente para min coa miña curta idade, aquelas moles de ferro oxidado pegadas ao peirao e marradas co cordas tan grosas case coma a miña cabeza!)
(E que medo a franxa escuira que ficaba entre o casco do barco e a parede de pedra do peirao. Asomarse a ela era asomarse ao abismo máis abismal. Que pánico caer alí. Que pánico morrer afogado coma quen cae a un pozo! Meu pai tamén debía de sentir ese medo porque me agarraba a man cunha forza que me facía sentir sobreprotexido, que me daba unha seguridade que aínda hoxe, adulto, boto de menos. Que mágoa no ter a man de meu pai para agarrarme con forza en momentos duros, en intres de decisións difíciles!)
Pero sabedes o que gardo na memoria coma un vello tesouro cando penso nequeles paseos?
O ruído dos pasos de meu pai ao camiñar, un camiñar adulto e serio, un camiñar seguro e protector, un camiñar que soaba porque os seus zapatos de sola de coiro facían estalar os graus de ara eas pedriñas que había no chan...
Moitas veces, cando camiño, aguzo ben os ouvidos para ver se son quen de emular eses pasos sonoros de meu pai.
Oiríanos tamén os meus fillos cando os levaba da man?
O cabaliño de rodas cadradas
Comezo co meu cabaliño de rodas cadradas...
Xa sei que unha roda cadrada non pode de ningún xeito axudar a camiñar.
Xa sei que quizais o concepto roda e o concepto cadrado son incompatíbeis.
Xa o sei.
Pero se pecho os ollos e fago memoria da primeira lembranza que teño na cabeza, a máis antiga de todas, só me vén á mente un cabaliño de cartón coas rodas cadradas vermellas, un deses cabaliños nos que os nenos poden montar para se imaxinar xinetes a cabalgar.
Trátase dun cabaliño gris de crinas negras que está deitado na herba, solitario, nunha eira coa herba moi alta nunha casa de Meirás, no concello de Valdoviño, onde a miña familia adoitaba pasar o verán cando eu tiña dous anos e a onde deixamos de ir porque un Pedro, o home dunha curmá de miña nai, meu morreu afogado na praia.
E as súas dúas fillas pequenas ficaron orfas.
Pero eu non lembro ese día terríbel.
Nin sequera lembro a face de Pedro.
Só sei o que despois me contaron.
Os meniños de dous anos non gardan memorias desas cousas.
Ou si?
Non sei.
Pero asegúrovos que pecho os ollos para me poñer  a lembrar a miña lembranza primixenia e vén a cabeza ese xoguete que de seguro tiña un nome que non consigo recordar.
E que faría deitado na herba, meu pobre?
Un cabaliño de rodas cadradas non pode de ningún xeito camiñar...
Quizais ficou abandonado entre as herbas daquela eira cando deixamos de ir a Meirás para pasar o verán.
Carta aberta a Antón Riveiro Coello
Meu benquerido Antón:
Agora que rematei a túa novela Laura no deserto, a miña primeira lectura deste ano que comeza, quixera agradecerche os bos momentos que me fixeches vivir con ela, o cal dalgún xeito equivale a dicir que quero darche as grazas por escribila.
(Hei dicir que cando comecei a lectura desta Laura no deserto tiña o listón moi alto logo dos bos momentos que me fixeras pasar coas túas obras anteriores pero desta volta superácheste, amigo. E moito!)
Grazas, entón, polas brillantes descricións de Barcelona, de Nova York, da Pobra do Caramiñal…, capaces de me facer viaxar dende a butaca de lectura da miña biblioteca (ese meu lugar favorito para o lecer de inverno) cara ás rúas todas onde o que narras transcorría.
Grazas pola abraiante historia de Laura, que un día me anticipaches mentres compartiamos café e conversa antes da presentación do meu Shakespeare destilado no Café Moderno de Pontevedra, onde tiven a honra de contar coa túa presenza. Laura apropiouse de todo o meu tempo ao longo destes días de lectura, de todo, absolutamente todo; tal é a forza do personaxe e a forza do retrato seu co que conseguiches agasallarme.
Grazas por esa trama tan ben elaborada, polos fíos que, de xeito inesperado, me foron conducindo dende a primeira páxina da novela por recunchos narrativos sorprendentes.
Grazas por desvelarme ese mundo tremendamente inxusto (e tamén tremendamente cruel) que viviron os máis dos personaxes da novela, non só a Laura protagonista do título, por certo moi acaído, e grazas por desvelalo dun xeito aparentemente tan sinxelo pero enleado en moitas complexidades. Nada tan grande como todo iso que aparenta sinxeleza pero denota un inxente e moi elaborado traballo.
Grazas, en fin, pola mestría da túa man de bo escritor capaz de engaiolarme como lector dende a primeira liña.
Non canso de recomendar a lectura da túa Laura no deserto a todo o mundo, convencido de que veño de ler unha verdadeira obra de arte, unha desas novelas que ocupan, ou deberían ocupar, un lugar de seu no universo das grandes obras literarias.
Grazas, Antón.
Que a túa Laura no deserto atope nas mans dos lectores a boa viaxe que merece.
Milleiros de apertas:
Xesús Constela.-
Deste Porto que cae
Un día de paseo cuns amigos pola zona antiga da cidade foi como facer un percorrido pola saudade do pasado.
O Porto vello esmorece coma unha cidade a piques de morrer...
Por que? preguntámonos unha e outra vez.
Por que unha cidade tan fermosa e sempre tan viva está agora deshabitada e ruinosa?
Contestounos un portuense: A cidade antiga non atura a desaparición dos compradores que escaparon en masa cara aos xigantescos centros comerciais construídos nos arrabaldes.
A xente marchou e as tendas pecharon: resulta case imposíbel atopar un lugar onde facer a compra diaria na zona antiga. Xa non hai tendas nin supermercados.
E logo pecharon os demais comercios.
E a xente marchou á procura doutras zonas da cidade máis modernas e máis cómodas para vivir.
Poderá este Porto antigo (neste Portugal tan empobrecido pola crise actual) sobrevivir á presión dos grandes centros comerciais e os novos núcleos urbáns?
Nesta casa da fotografía "habitantes" de cartón piden auxilio dende as fiestras...
Haberá alguén que corra na súa axuda?
Lourizán: do que xa non é
Trátase da foto dunha fotografía que está colgada na parede do mesón A Lareira, na rúa Princesa, preto da Praza do Teucro.
Por que fotografei unha fotografía pendurada na parede dun bar de tapas?
Pois porque era xuño e os meus amigos e máis eu volviamos dunha manifestación en contra da presencia da fábrica de celulosas de ENCE na Ría de Pontevedra (convocada pola APDR) e xusto cando por fin sentamos para pedir unha botella de viño demos con esta imaxe do que foi e xa non é, do que foi e nunca máis será.
A imaxe retratou para xempre o que era Lourizán, na costa sur da Ría antes da construción dese monstruo supercontaminante e cheirento: unha sucesión de pequenas praias ddesaparecidas para sempre debaixo dun demencial recheo.
Ollades esa liña que cruza o mar cara ao edificio do colexio de Placeres? Entre esa liña (unha autoestrada) e a costa agora hai, literalmente, merda. Moreas de merda que soltan un vapor cheirento, os resultados do proceso de fabricación da celulosa.
O que vos dixen: a foto reflicte o que xa non é...
Agora só queda berrar unha vez máis en voz alta e clara: