Blog do escritor
Xesús Constela

www.xesusconstela.com

info@xesusconstela.com
 CATEGORÍAS
 CUARTO DOS TRASTES
 SALA PARA VISITAS
 SALA DAS PROCURAS
 SALA DOS BLOGS GALEGOS
 NO FAIADO
 ANTERIORES

Columpios para soñar

O domingo pasado morreu meu pai (así é a vida) e estiven a dar voltas á imaxe súa que máis me gustaría gardar coma un tesouro na memoria... e decidín que tiña que ser esta: trátase dunha eira en Meirás, no Concello de Valdoviño. Non sei que ano podía ser, quizais 1965 ou 1966. Eu debía de ter dous ou tres anos e el estaba a dar os últimos toques a un columpio construído cunha simple corda e unha táboa para cocer empanadas no forno. Por que escollín esta imaxe, pensaredes... pois porque meu pai éravos un home aparentemente moi normal... pero asegúrovos que era tan grande que con simples táboas de cocer empanadas sempre foi capaz de construir columpios que permitían soñar!!!
Comentarios (1) - Categoría: Do que estou a falar cando falo de min - Publicado o 18-09-2013 12:39
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal