Blog do escritor
Xesús Constela

www.xesusconstela.com

info@xesusconstela.com
 CATEGORÍAS
 CUARTO DOS TRASTES
 SALA PARA VISITAS
 SALA DAS PROCURAS
 SALA DOS BLOGS GALEGOS
 NO FAIADO
 ANTERIORES

Un retrato de Anxo Cabada en Castro Candaz

Este retrato que me fixo Anxo Cabada en setembro de 2011 no cumio das ruínas do que foi o Castro Candaz (hoxe debaixo das augas do encoro de Belesar) vén que nin pintado para ilustrar esta pasaxe da miña novela 15.724:

Unha vez que sentiu recuperadas as forzas botouse a correr de novo outros cantos metros máis para ver de subir a un outarelo dende o que por vez primeira, non sen dificultade, albiscou na lonxanía os muros da Patria, que tal como contaban as lendas semellaban inmensos e infranqueábeis.

Grazas, Anxo!
Comentarios (3) - Categoría: Dos meus libros - Publicado o 30-09-2012 12:23
# Ligazón permanente a este artigo
De Celso Emilio Ferreiro: Eu son un rei
Dende que fun á presentación do libro (magnífico) Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro (Xerais 2012) de Ramón Nicolás o pasado venres 28 en Vigo e gocei da actuación de Labregos no tempo dos sputniks teño na cabeza este poema, Eu son un rei (de Longa noite de pedra)

Eu son o rei de min mesmo;
goberno o corazón
na libertá do vento e dos camiños.
Eu obedezo ás miñas propias leises
i os meus decretos sigo ao pé da letra.
Un cetro de solpores,
unha croa de nubes viaxeiras,
un manto avermellado
de soños i esperanzas
no limpo alborexar de cada día,
dame o poder lexítimo do pobo.
Represento aos calados,
interpreto aos que foron
voces da terra nai
nos antergos concellos da saudade.
Eu son un rei.
Un labrego do tempo dos sputniks.


Grazas Celso Emilio!
Grazas Ramón Nicolás!
Grazas Labregos no tempo dos sputniks!

Achégovos, por certo, xa de paso, un video do grupo, Estarei:

Comentarios (0) - Categoría: De literatura - Publicado o 30-09-2012 12:05
# Ligazón permanente a este artigo
www.xesusconstela.com
Convídovos a visitar a miña nova páxina web, que con autoría e deseño do meu fillo Raúl, está en funcionamento dende o pasado día 27 de setembro, data da presentación da miña novela 15.724 en Pontevedra.

http://www.xesusconstela.com/
(Pódese acceder a ela dende un enlace permanentena parte esquerda desta páxina.)

Nesa web poderedes atopar as seguintes seccións: Obra, biografía, textos, novas, galería de fotos, críticas e entrevistas, ademais de poder mercar os meus libros on line.

Grazas polas vosas visitas!
Comentarios (1) - Categoría: Dos meus libros - Publicado o 29-09-2012 14:22
# Ligazón permanente a este artigo
As tres BBB ou La casa de los novios
hai portas que son coma o túnel do tempo

fóra chove, dentro vai calor

ou ao contrario, choverá no interior mentres suamos no exterior?

cantos pasos atrás darán as agullas dos reloxos cando crucemos esa reixa estea aberta e poidamos internarnos no escuro bandullo do pasado?

hai lugares que se resisten a esmorecer (se non naceron xa esmorecidos)

Onte, na cidade de Vigo, co gran Anxo Cabada (a quen agradezo o roteiro que me fixo polas ruínas e tamén polas belezas da cidade) estivemos a nos deixar levar polo maxín ás portas desta tenda da rúa Policarpo Sanz.

Las tres BBB ou tamén La casa de los novios...

Dos noivos cadáver quizais?

Ai do tempo, que caprichoso!

(Por certo, que a foto é de Anxo Cabada)
Comentarios (2) - Categoría: Pequenas reflexións case furtivas - Publicado o 29-09-2012 14:02
# Ligazón permanente a este artigo
Presentación de 15.724 en Pontevedra
Velaquí unha magnífica presentación de fotografías realizada por Anxos Rial para o blog Os Trasnos dos Libros da biblioteca do IES de POIO.

Podedes ver o artigo completo aquí.

Nada mellor que estas imaxes para comezar unha nova tempada que comeza neste Tiñádelo que ver que ten un "new look".

Grazas de todo corazón a Anxos Rial, ao alumnado e mais ao profesorado do IES de POIO que arroupou coa súa presenza unha presentación que xamais esquecerei.

GRAZAS!



Comentarios (2) - Categoría: Dos meus libros - Publicado o 29-09-2012 13:34
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal