Blog do escritor
Xesús Constela

www.xesusconstela.com

info@xesusconstela.com
 CATEGORÍAS
 CUARTO DOS TRASTES
 SALA PARA VISITAS
 SALA DAS PROCURAS
 SALA DOS BLOGS GALEGOS
 NO FAIADO
 ANTERIORES

De ramón Cabanillas: Camiño longo
Que tal para hoxe un poema de Ramón Cabanillas ((1876-1959)?

Camiño, camiño longo,
camiño da miña vida,
escuro e triste de noite,
triste e escuro de día...
¡camiño longo
da miña vida !

Vereda, vereda torta
en duras laxes aberta,
arrodeada de toxos,
crebada polas lameiras...
¡vereda torta, ti onde me levas!

Camiño, camiño longo.
A choiva, a neve e as silvas
enchéronme de friaxe,
cubríronme de feridas...
¡camiño longo da miña vida !

Vereda, vereda fonda
de fontes tristes, sen auga;
sen carballos que dean sombra,
nin chouzas que dean pousada...
¡vereda fonda, ti cando acabas

Comentarios (4) - Categoría: De literatura - Publicado o 28-09-2011 17:37
# Ligazón permanente a este artigo
Da manifestación polo ensino público
Hoxe unha vez máis as rúas de santiago enchéronse de ensinantes indignados coa política educativa da Xunta de Galicia:

- aumento da carga lectiva do profesorado

- aumento do número de alumnos por clase

- disminución do profesorado

- aumento de profesorado con asignaturas nas que non é especialista

- instauración de gardas de transporte (?)

- e un longo etcétera...

E aínda por riba temos unhas autoridades educativas que desprezan o noso traballo nos medos día si e día tamén...

E hai dirixentes de partidos que mesmo falan de suprimir a gratuidade do ensino!

Non podemos permitir isto de ningún xeito!

NIN UN PASO ATRÁS!

*A fotografía fíxena hoxe en Santiago ao remate da manifestación.
Comentarios (2) - Categoría: De andar pola casa - Publicado o 27-09-2011 18:23
# Ligazón permanente a este artigo
Do peche de A Nosa Terra
Ao final, o que Franco non logrou si que o fixo o antigaleguismo de Feijóo, o presidentiño da Xunta de Galicia.

Son palabras de Alfonso Eiré, presidente e conselleiro delegado de Promocións Culturais Galegas ao anunciar o peche da edición dixital de A Nosa Terra despois de que hai apenas un ano notificase o remate de máis de 100 anos de presenza nos quioscos.

Malos tempos!

Malos!

Vaia as miñas apertas para todos cantos ao longo de todo este tempo fixeron posíbel o periódico.
Comentarios (4) - Categoría: De andar pola casa - Publicado o 24-09-2011 11:00
# Ligazón permanente a este artigo
Para opinar
Estamos a comezar o curso escolar máis conflictivo de todos cantos eu lembro.

recortes, despidos, masificación nas aulas...

e parece que se levantase a veda contra os ensinantes: calquera pode dicir a burrada que considere no medio que máis lle praza. Xornais, radios e televisións entraron nunha competición para ver quen pode denigrar mellor o noso traballo. Chámannos de todo!

Non quero entrar a facer comentarios acerca das animaladas que levo escoitadas estes días .

Pero lembrei esta fotografía que fixen co meu móbil o pasado mes de abril nunha rúa de Lisboa.

Moi acaída para todos os ignorantes que vomitan as súas opinións sen nin sequera pensar o dano que se lle está a facer ao ensino público deste país noso.

Vou transformar un pouco a frase:
PARA OPINAR É PRECISO APRENDER!
Comentarios (3) - Categoría: De andar pola casa - Publicado o 22-09-2011 18:17
# Ligazón permanente a este artigo
De Cecília Meireles: CANÇÃO DE OUTONO
Envíame Solange esta CANÇÃO DE OUTONO de Cecília Meireles hoxe que comeza o outono

Perdoa-me, folha seca,
não posso cuidar de ti.
Vim para amar neste mundo,
e até do amor me perdi.

De que serviu tecer flores
pelas areias do chão,
se havia gente dormindo
sobre o próprio coração?

E não pude levantá-la!
Choro pelo que não fiz.
E pela minha fraqueza
é que sou triste e infeliz.
Perdoa-me, folha seca!
Meus olhos sem força estão
velando e rogando àqueles
que não se levantarão...

Tu és a folha de outono
voante pelo jardim.
Deixo-te a minha saudade
- a melhor parte de mim.
Certa de que tudo é vão.
Que tudo é menos que o vento,
menos que as folhas do chão...

Comentarios (4) - Categoría: De literatura - Publicado o 21-09-2011 17:29
# Ligazón permanente a este artigo
Unha frase de Manuel Rivas
Veño de ler Os libros arden mal de Manuel Rivas (este verán deume polas novelas de gran extensión) e, amante coma son das linguas e das viaxes, quero compartir con todos vós unha fase que me pareceu grandiosa:

"...que é a vantaxe de andar polos camiños, que as linguas van pousando nun"

Que grande o Rivas!

Como se pode dicir tanto con tan poucas palabras?

(Por certo, que a novela é altamente recomendábel)

Comentarios (3) - Categoría: De literatura - Publicado o 20-09-2011 20:21
# Ligazón permanente a este artigo
As paredes escoitan
Hai paredes que escoitan.

Hai paredes que saben dos nosos segredos

e das nosas conversas.

Hai paredes que saben de nós moito máis que o que nós sabemos,

quizais.

Hai paredes que escoitan a nosa respiración mentres durmimos

alleos a todos

alleos ao mundo

somerxidos en nós mesmos...

Hai paredes que oen os nosos movementos...


*A fotografía fíxena na cidade de Senglea, na illa de Malta, o pasado mes de xullo
Comentarios (8) - Categoría: Fotos feitas co móbil - Publicado o 19-09-2011 13:00
# Ligazón permanente a este artigo
De Olavo Bilac: Ouvir estrelas
Retomo o Tiñádelo que ver logo do verán e a proposta de Solange achégovos este fermoso poema de Olavo Bilac titulado Ouvir estrelas e achégovos tamén unha suxestión: alá onde poidamos estar escoitemos xuntos as estrelas unha destas noites!

Ora (direis) ouvir estrelas! Certo
Perdeste o senso!” E eu vos direi, no entanto,
Que, para ouvi-las, muita vez desperto
E abro as janelas, pálido de espanto…
E conversamos toda a noite, enquanto
A Via Láctea, como um pálio aberto,
Cintila. E, ao vir do sol, saudoso e em pranto,
Inda as procuro pelo céu deserto.
Direis agora: “Tresloucado amigo!
Que conversas com elas? Que sentido
Tem o que dizem, quando estão contigo?”
E eu vos direi: “Amai para entendê-las!
Pois só quem ama pode ter ouvido
Capaz de ouvir e de entender estrelas.
Comentarios (3) - Categoría: De literatura - Publicado o 07-09-2011 13:57
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal