Blog do escritor
Xesús Constela

www.xesusconstela.com

info@xesusconstela.com
 CATEGORÍAS
 CUARTO DOS TRASTES
 SALA PARA VISITAS
 SALA DAS PROCURAS
 SALA DOS BLOGS GALEGOS
 NO FAIADO
 ANTERIORES

De Sunset park, por Paul Auster
Unha boa recomendación para a lectura neste tempo de lecer: a novela Sunset park, de Paul Auster, un dos meus escritores favoritos.

Quen o lea atenderá ao regreso de Miles Heller, fillo do editor Morris Heller, procedente de Florida, onde vive unha fermosa historia de amor cunha rapaza de dezasete anos que se chama Pilar Sánchez, á cidade de Nova York para se instalar nunha vivenda abandonada de Sunset Park, onde viven tres persoas, Bing, Alice e Elllen, que por unha razón ou por outra aínda non atoparon o seu verdadeiro lugar na vida.

Miles arrastra un trauma que fixo que non se relacionase coa súa familia dende hai moitos anos: a morte accidental do seu irmanastro, unha morte da que el se sinte culpábel.

O retorno de Miles a Nova York sérvelle a Auster para facer uns máis que brillantes retratos de todos os personaxes, que abranguen moitas facetas da sociedade estadounidense.

Unha novela moi boa.

Das mellores de Auster.
Comentarios (3) - Categoría: De literatura - Publicado o 16-08-2011 11:59
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal