Blog do escritor
Xesús Constela

www.xesusconstela.com

info@xesusconstela.com
 CATEGORÍAS
 CUARTO DOS TRASTES
 SALA PARA VISITAS
 SALA DAS PROCURAS
 SALA DOS BLOGS GALEGOS
 NO FAIADO
 ANTERIORES

Novos días de ausencia
De novo vou abandonar o Tiñádelo que ver ao longo dos vindeiros sete días porque vou pasalos na cidade de Marrakech.

Vémonos á miña volta para comezar de novo a rutina que sempre segue ao verán.

Deica logo!
Comentarios (2) - Categoría: Diario do verán - Publicado o 22-08-2009 11:52
# Ligazón permanente a este artigo
Reflexión final
Levo varios días a expor reflexións acerca da miña viaxe á República Dominicana.

E non quero rematar sen achegar unhas derradeiras anotacións.

- A República Dominicana é realmente un deses lugares que paga a pena visitar para aqueles que gosten de gozar das boas paisaxes, porque relamente o país está cheo delas de costa a costa, tanto no interior como na beiramar.

- Os dominicanos son dunha amabilidade grandiosa. Calquera pque vaia por alí poderá comprobalo sen problemas.

- A culpa da situación do país, dunha pobreza que abafa, téñena, en gran parte, as industrias norteamericanas e as grandes instalacións hoteleiras, sobre todo europeas (españolas na meirande parte), que chuchan a riqueza toda do país coma ventosas pegadas nos seus maís fermosos escenarios.

- Os dominicanos, a meirande parte pobres agás uns cantos ricachos de verdade que habitan catro ou cinco urbanizacións de luxo ciscadas polo país adiante, viven na desesperanza de ver como a situación económica do seu país non ten posibilidades de mellora: o Estado practicamente non existe e non hai políticos que acheguen novidades, fan campaña electoral e adeus moi boas!

- Esta desesperanza provoca que as seitas e as relixións estrañas agromen coma fungos en calquera recuncho do país, con suxestivos nomes coma Igrexa de Deus da Profecía, ou Igrexa dos Derradeiros días... A República Dominicana, non o esquezamos, é tamén terra de vudú e de ancestrais tradicións africanas traídas polos millóns de escravos que se amorearon aquí coma vulgares mercadorías. Por certo, que o primeiro escravista foi Colón, Cristobo, de oficio descubridor!

- A República Dominicana é terra de música e de baile. A xente nace con ganas de bailar. É certo, no hai máis que pasear un domingo por calquera vila para poder comprobalo. É o reino do merengue e da bachata.

- E tamén é o reino do cafetal, da cana de azucre, do cocoteiro, da iguana, do pelícano e da garza... O reino das froitas saborosas do Caribe e, máis que nada, do ron (vitamina R, que din eles)

Mais cando estou a escribir estas liñas non deixo de pensar nas colas de parados apedir emprego nas portas traseiras dos hoteis, nos meniños a pedir esmola nas estacións de autobuses e no malecón de Santo Domingo...

Dende logo volvín de alá con moitas reflexións a zoar coma moscas na cabeza e no tiven máis remedio que achegalas a este meu blog para ver de partillalas con todas as miñas visitas.

Grazas por permitirme facelo.

Queda esta viaxe, logo, para sempre no corazón, nese lugar onde se amorean as boas lembranzas.





Comentarios (2) - Categoría: Anotacións dominicanas - Publicado o 21-08-2009 11:37
# Ligazón permanente a este artigo
As zonas francas
"Libre de impostos, sen sindicatos, man de bra barata, 50 centavos de dólar por hora."

Iso di o anuncio do goberno da República Dominicana destinado a atraer investimentos estranxeiros nas denominadas zonas francas.

Trátase de 30 polígonos industriais que dan enmprego directa ou indirectamente a arredor de 300.000 persoas.

É a plasmación real dun soño longamnte acariñado polo gran capital internacional, especialmente dos Estados Unidos Corea do Sul e Taiwan: man de obra baratísima sen reivindicacións de ningunha caste e á que non hai que indemnizar se se detén a produción.

As zonas francas utilízanse para ensamblar pzas industriais fabricadas no país de orixe ao ritmo que pide o mercado. Non hai que almacenar stocks.

Se non hai traballo mándase ao operario (a meirande parte son mulleres) á casa e non hai que pagar subsidios de desmprego.

As zonas francas funcionan en México, Guatemala e a República Dominicana.

O estado non obtén ningún beneficio, agás o emprego da poboación a prezos baixísimos.

As zonas francas foron un invento da administración Reagan logo da invasión da illa de Granada e os seus obxectivos son liberar de aranceis norteamericanos a un gran número de produtos fabricados para o consumo propio.

Isto é a economía do país.

Un roubo!
Comentarios (2) - Categoría: Anotacións dominicanas - Publicado o 20-08-2009 20:22
# Ligazón permanente a este artigo
Punta Cana e Playa Bávaro 2

A foto que vos achego é a cola de parados a pedir emprego na parte posterior do hotel Natura Park, resort and spa de Playa Bávaro.

Os tipos uniformados son seguratas do hotel.

Nada que ver coa imaxe que venden as axencias, non si?
Comentarios (2) - Categoría: Anotacións dominicanas - Publicado o 19-08-2009 13:00
# Ligazón permanente a este artigo
Punta Cana e Playa Bávaro
É verdade. As praias de Bávaro e Punta Cana son das mellores do mundo. Non teño dúbida ningunha para poder afirmalo.

Di un vello dito popular dominicano que "Cando Deus acabou de crear mundo deixou estas praias tal como son agora para lembrar ao ser humano como era o paraíso que perdera para sempre" (Unha paravada relixiosa máis, claro.)

Son un apraíso, dce todos xeitos: cocoteiros na area para dar sombra aos bañistas, areas de coral que son dun branco inimaxinábel, augas turquesa transparentes e dunha temperatura que nunca impide o baño, nin sequera de noite, peixes de cores que fan que sintas que estas a nadar no interior dun xigantesco acuario...

Por iso viñeron recalar aquí as grandes cadeas multinacionais do turismo, sobre todo españolas e norteamericanas. Isto é o mesmo que dicir simplemente que nada do que aquí está construído pertence a dominicanos. Nadiña de nada.

Do millón de tursistas anuais que se deixan caer por aquí cada ano as tres cuartas partes son estadounidendes, seguidos de canadienses e, en menor medida, españois, franceses e italianos.

Pero o turismo, todo, está en mans estranxeiras, polo que a República non se beneficia nin sequera do importe das viaxes porque non dispón dunha compañía aérea de gran capacidade.

A meireande parte das ganancias non fica no país.

En realidade o turismo só sirve para dar emprego a unhas vinte mil persoas (man de obra barata contratada en condicións realmente penosas. Non hai máis que ver as colas de parados qe se forman cada día diante das portas de persoal dos grandes hoteis, estratéxicamente colocadas nas partes de atrás para que os turistas non as vexan). Unha verdadeira vergoña!

Isto é Punta Cana, señores, unha ventosa colocada no lugar máis fermoso do país, unha gaiola de ouro para turistas que de ningún xeito saen dos hoteis para comprobar in situ a realidade da República.

Chegan, báñanse, comen, beben ron, bailan merengue e bachata e logo marchan.

Hai un barco/discoteca que recorre día tras día as praias dos grandes hoteis e ten o suxerente nome de "Cachondeo Caribeño". Con iso xa está todo dito.

Comentarios (0) - Categoría: Anotacións dominicanas - Publicado o 19-08-2009 12:57
# Ligazón permanente a este artigo
Visa para un sueño
Esta é canción á que me refería no post de santo Domingo.

Foi un taxista de Santo Domingo quen me falou dela ao falarlle das ringleiras de xente da Embaixada Americana:



Comentarios (0) - Categoría: Anotacións dominicanas - Publicado o 18-08-2009 12:11
# Ligazón permanente a este artigo
Santo Domingo 2

Déixovos con outra foto de Santo Domingo por iso de que vexades a zona colonial, que de verdade que é fermosa.

Trátase da estatua de Colón, Cristobo, de oficio descubridor, a sinalar non sei moi ben que, diante da catedral e debaixo dunha desas impresionantes chuvias tropicais que regan o Caribe de cando en vez e sempre son benvidas.
Comentarios (0) - Categoría: Anotacións dominicanas - Publicado o 18-08-2009 12:07
# Ligazón permanente a este artigo
Santo Domingo 1
A Santo Domingo chegou Colón cando o do Descobrimento (europeo das terras dos indios, quero dicir).

E alí, ás beiras do río Ozama, fundouse a primeira catedral de América.

E alí fóronse construíndo fortalezas varias para defenderse de inimigos varios (franceses, ingleses, piratas...).

E alí edificou amén a familia colón a súa residencia, erixidos xa en grandes descubridores (europeos das terras dos indios, repito).

E alí hai unha estatua de Colón, Cristobo, que sinala á outra estatua de Colòn, Cristobo, que tamén sinala no porto de barcelona. (Saberán un do outro?)

E alí construíu o goberno xa independente da República Dominicana o Panteón da Patria, onde están enterrados todos os presidentes agás Trujillo, Rafael Leónidas, que non teño nin idea de onde está. Por certo, que a lámpada xigante do gran panteón foi un agasallo de Franco, Francisco, por iso do bo feeling entre fascistas.

Iso, e moitos outros monumentos perfectanmente restaurados, constitúe a zona colonial de Santo Domingo, a capital da República.

E iso, a zona colonial, é un remanso de tarnquilidade, onde mesmo hai músicos a tocar ritmos caribeños e tamén unha ou dúas terrazas onde tomar un refresco ou un ron con piña colada (unha delas do Hard Rock Café, xusto en fronte da catedral, nmanda truco!).

E iso, a zona colonial, é teritorio limpo e aseado, teritorio seguro para o pracer do visitante... que nada vaia empañar a visita, que nada atragoe a visión da primeira cidade das Américas.

E aí, na zona colonial, igual que en Punta Cana, en Samaná ou en Playa Bávaro, opera unha policía turística, a Politur, que mantén aillado o ao turista da delincuencia que atura o resto do país (as casas están enreixadas até os pisos máis altos e todo o tempo a poboación di que anes con ollo).

Pero fóra de aí, fóra da zona coilonial, esténdese o gran Santo Domingo!

Un paseo polo Malecón, Pola zona máis popular do malecón, quero dicir, non a zona onde está o hotel Hilton, a un escaso cuarto de hora da zona colonial, á beira do mar, na desembocadura do río Ozama, é un paseo sobrecolledor: meniños da rúa a pedir esmola, mendicidade, unha sucidade coma nunca antes vira na miña vida (e teño viaxado moito)...
O malecón de santo Domingo, cunha mínima inversión pública, podería ser un lugar idílico aínda que só fose polo lugar onde se atopa. Pero non. De idílico non ten nada. Hai unha praia no malecón que parece sacada dun soño (cocoteiros...) pero está convertida nun pesadelo: non se pode usar pola cantidade de merda e de contaminaciín que hai na auga. Nunca antes vira romper ondas con toda caste de lixo.

E iso non o ven os turistas que pasean pola zona colinial, os que se fotografían diante da casa da familia Colón...

Como tampouco ven as grandes bolsas de pobreza que corroen a cidade polos catro cantos.

En Santo Domingo hai moitísimas rúas que non coñeceron nunca o alumbrado público e que pola noite se converten en territorio hostil. (As guías recomendan que se, en caso de ter que visitalas, un ande con moito coidado porque como non hai iluminación e un pode caer por unha alcantarilla sen tapa!)

En Santo Domingo a xente engancha as conexións eléctricas das casas aos postes chantados nas rúas e iso provoca constantes cortocircuítos que deixan sen luz a diversas zonas da gran cidade (incluído o centro) día si e día tamén. E curiosamente disto só escapa o barrio onde está a Embaixada dos Estados Unidos (por que será?).

Diante desta embaixada, por certo, hai a diario ringleiras de xente a pedir unha visa para emigrar que nunca se concede (com anaquela canción de Juan Luís Guerra que dicía o de buscando visa para un sueño).

Benvidos sexan a Santo Domingo, primeira cidade das Américas!
Comentarios (0) - Categoría: Anotacións dominicanas - Publicado o 18-08-2009 11:58
# Ligazón permanente a este artigo
Sinaturas por Honduras
Se queres asinar contra o golpe de estado e en solidariedade co pobo de Honduras podes facelo aquí.
Comentarios (4) - Categoría: Deste noso mundo inxusto - Publicado o 17-08-2009 12:55
# Ligazón permanente a este artigo
Boca Chica

Boca Chica é a praia onde van refrescarse os habitantes da capital, Santo Domingo, ao estar a apenas vinte e oito quilómetros da gran urbe.

Segundo as guías turísticas é o lugar máis popular e "bullanguero" do país.

A popularidade venlle da época da ditadura de Trujillo, que construiu un hotel ("Hotel Hamaca") para a clase alta no que fora unha vila de pescadores.

Boca Chica é unha beleza paisaxística: cocoteiros até a beira mesma do mar, areas brancas branquísimas e augas pouco fondas por estar a praia protexida por un arrecife de coral.

En Boca Chica véndese de todo: ostras, lagostas, gafas de sol, lambetadas varias, sombreiros de palla, froitas de nomes que nin podo lembrar...

É quizais o lugar máis animado do país.

Nada din as guías, por certo, dun horrendo porto de buques grandes á marxe dereita da praia, que esmaga por completo a visión idílica da paisaxe.

Un lugar que paga a pena visitar.
Comentarios (2) - Categoría: Anotacións dominicanas - Publicado o 17-08-2009 12:23
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2] [3]
© by Abertal