Blog do escritor
Xesús Constela

www.xesusconstela.com

info@xesusconstela.com
 CATEGORÍAS
 CUARTO DOS TRASTES
 SALA PARA VISITAS
 SALA DAS PROCURAS
 SALA DOS BLOGS GALEGOS
 NO FAIADO
 ANTERIORES

Gal Costa: Solar
Se ledes a letra entenderedes por que hoxe propoño que escoitemos xuntos a Gal Costa con este himno de Milton Nascimento á luz e a calor do sol, que sempre serán benvidas.

Venho do sol
A vida inteira no sol
Sou filha da terra do sol
Hoje escuro
O meu futuro é luz e calor
De um novo mundo eu sou
E o mundo novo será mais claro
Mas é no velho que eu procuro
O jeito mais sábio de usar
A força que o sol me dá
Canto o que eu quero viver
É o sol
Somos crianças ao sol
A aprender e viver e sonhar
E o sonho é belo
Pois tudo ainda faremos
Nada está no lugar?
Tudo está por pensar
Tudo está por criar
Saí de casa para ver outro mundo, conheci
Fiz mil amigos na cidade de lá
Amigo é o melhor lugar
Mas me lembrei do nosso inverno azul
Eu quero é viver o sol
É triste ter pouco sol
É triste não ter o azul todo o dia
A nos alegrar
Nossa energia solar
Irá nos iluminar
O caminho


Que nunca nos fallen a luz e máis a calor do sol, que tantas cousas curan e tantas humidades secan.

Que nunca nos fallen.


(Este vídeo sobre a canción de Gal Costa, por certo, non é precisamente unha marabilla pero non din atopado outro por moito que o procurei)

Comentarios (8) - Categoría: Sala de música - Publicado o 29-06-2010 13:04
# Ligazón permanente a este artigo
De Unai Elorriaga: Londres é de cartón
Se aínda non lestes ningunha das anteriores novelas de Unai Elorriaga sempre é unha boa idea comezar coa última, publicada este mesnmo ano: Londres é de cartón.

Hei dicir que xa gocei unha barbaridade con Un tranvía cara a SP, O pelo de Van't Hoff e Vredaman, das cales recomendo as dúas primeiras, especialmente a do tranvía.

É unha mágoa que non se publicase a tradución ao galego desta última.

Ao longo da novela de Unai procuraredes a Sora, desaparecida hai xa vinte anos e sentaredes co seu irmán Phineas no tellado número dezasete para vixiardes a estación do camiño de ferro.

Deixádevos levar pola magnífica prosa de Unai e quizais ao remate da novela descubriredes por que Londres é de cartón.

Unha novela brillante!
Comentarios (4) - Categoría: De literatura - Publicado o 26-06-2010 22:02
# Ligazón permanente a este artigo
Herbas de San Xoan
Antes da fogueira de San Xoan, que cada ano celebramos un bo grupo de amigos, sempre imos dar un paseo polo monte para recollermos as herbas de san Xoan.

Este ano fomos a unha charla informal da asociación ecoloxista Vaipolorío de Pontevedra, onde de acordo coa información proporcionada pola señora Carmen Estonllo Fontán, de 100 anos!, veciña do Marco, no Concello de Pontevedra, explicáronnnos cales son exactamente as herbas que se teñen que coller de acordo coa tradición.

E son as seguintes:
1.- herba luísa
2.- alecrín ou romeu
3.- árnica.
4.- mentrasto (un tipo de menta, o máis abundante)
5.- carrasquiña ("tomillo" en castelán)
6.- folla de laranxeira
7.- folla de limoeiro
8.- chuchamel ou madresilva
9.- poexo ("menta poleo" en castelán)
10.- macela brava
11.- té bravo
12.- folla de figueira
13.- nébeda
14.- malvarrosa

Hai que deixalas en auga á intemperie pola noite dentro dunha tina ou unha ola de barro sen tapar e á mañá seguinte lavar a cara (ou o corpo todo) con esa auga.

O corpo queda limpo, entón.

Non sei se limpo e todo. Pero asegúrovos que cun aroma impresionante a natureza.
Comentarios (5) - Categoría: Diario do verán - Publicado o 26-06-2010 12:44
# Ligazón permanente a este artigo
Polo San Xoan 2010
Vaian dende este recuncho virtual os meus maiores desexos para todo o mundo de que as lapas das fogueiras de San Xoan quenten as friaxes dos corazóns.

Que este verán que comeza sexa tempo de lecer e de desexos cumpridos.

Que o lume das fogueiras sexa motivo de encontro e de amizade que dure moito tempo, desa verdadeira que nunca pide nada pero ten desexos de ofrecelo todo.

(Xa sabedes iso de que o lume a queimar cousas vellas e símbolo do nacemento de novidades.)

E quen hoxe non vaia acender unha fogueira que saiba que outros xa a acenderemos polos demais

Veña entón un grolo por nós todos!
Comentarios (4) - Categoría: Diario do verán - Publicado o 23-06-2010 12:47
# Ligazón permanente a este artigo
De Uxío Novoneyra 3: Tradución d'Os eidos
Veño de saber pola prensa da publicación da tradución ao castelán d'Os eidos de Uxío Novoneyra en tradución de Elva Rey, a súa dona.

Unha alegría que a obra do gran poeta se poida ler polos non galegos do mesmo xeito que nós podemos gozar de Beckett, Yeats, Rimbaud ou Shakespeare.

A edición, bilingüe, corre a cargo de Árdora Ediciones e leva un limiar de Ignacio Castro, e contén unha frase que reflicte de xeito marabilloso o significado da poesía do autor do Courel:
O poeta escoitaba a vibración das cousas humildes.

Pecharei entón cun poema que fala diso, de grandes cousiñas humildes:

Ollo o ceo mouro cun medo antergo.
Torna a abella ó trobo.
A anduriña cingue o voo.
Van as tebras do trono nun son agoreiro...








Comentarios (5) - Categoría: De literatura - Publicado o 22-06-2010 11:42
# Ligazón permanente a este artigo
Annie Lennox: Love Song for a Vampire
Escollo esta música para a miña sala principalmente polas imaxes da película Dracula de Tod Browning do ano 1931 co gran Bela Lugosi en papel protagonista.

Non é que me volvan tolo as historias de vampiros, pero hei recoñecer que tanto esta película como Entrevista co vampiro, da que falamos hai moito tempo neste blog, están entre as miñas favoritas.

A canción de Annie Lennox, por certo, tamén está moi ben.

Comentarios (7) - Categoría: Sala de música - Publicado o 21-06-2010 20:15
# Ligazón permanente a este artigo
De José Saramago 2: Na ilha por vezes habitada
Coido que nada tan acaído agora mesmo coma este poema de José Saramago, do seu libro Provavelmente alegria, do ano 1985:

Na ilha por vezes habitada do que somos, há noites, manhãs e madrugadas em que não precisamos de morrer.
Então sabemos tudo do que foi e será.
O mundo aparece explicado definitivamente e entra em nós uma grande serenidade, e dizem-se as palavras que a significam.
Levantamos um punhado de terra e apertamo-la nas mãos. Com doçura.
Aí se contém toda a verdade suportável: o contorno, a vontade e os limites.
Podemos então dizer que somos livres, com a paz e o sorriso de quem se reconhece e viajou à roda do mundo infatigável, porque mordeu a alma até aos ossos dela.
Libertemos devagar a terra onde acontecem milagres como a água, a pedra e a raiz.
Cada um de nós é por enquanto a vida.
Isso nos baste.
Comentarios (6) - Categoría: De literatura - Publicado o 20-06-2010 12:12
# Ligazón permanente a este artigo
José Saramago: A flor máis grande do mundo
Sen comentarios pola miña parte déixovos na compaña desta obra mestra de José Saramago, narrada por el mesmo e con dirección de Juan Pablo Etcheverry , para que gocedes dela coma homenaxe ao seu autor.

Comentarios (4) - Categoría: Alfaias en video - Publicado o 19-06-2010 22:25
# Ligazón permanente a este artigo
De José Saramago 1

Falaremos unha miguiña de José Saramago, este Grande da literatura que se nos foi tan caladiño agora que o verán anda a nos facer unha primeira visita.

Nunca esqueceri a miña lectura do Memorial do Convento, de como ficou para sempre no meu corazón o personaxe de Blimunda.

Mesmo cheguei a visitar o mosteiro de Mafra, onde a historia se desenvolve, ao rematar a lectura só para admirar unha vez máis a calidade das descricións do autor desa obra mestra.

E si. Mafra era xusto como Saramago dicía.

E a escena que abre o libro, cos reis de Portugal, Don Joao e Dona Maria Ana Josefa, a rezar para teren descendencia, é unha desas xenialidades que só poden saír dunha cabeza chea de inxenio e de boa literatura.

Moitas grazas, José Saramago, por tantos bos momentos que me fixeches pasar.

De todo corazón!
Comentarios (2) - Categoría: De literatura - Publicado o 19-06-2010 22:13
# Ligazón permanente a este artigo
De Walt Whitman: Unha folla de herba
Amante son das cousas pequenas que pasan desapercibidas, desas que inxustamente moitas veces esquecemos, desas que só botamos en falla cando xa non están.

Mentres pensaba nisto lembrei un fermosísimno poema de Walt Whitman:

I believe a leaf of grass is no less than the journey-work of the stars,
And the pismire is equally perfect, and a grain of sand, and the egg of the wren...


Traduzo un pouco libremente:

Creo que unha folla de herba, non é menos
que a xornada laboral das estrelas,
e que unha formiga é perfecta,
e un gran de area,
e o ovo dun paxaro,
son igualmente perfectos,
e que a ra é unha obra mestra,
digna dos escollidos,
e que a silveira podería adornar
os salóns do paraíso,
e que a articulación máis pequena da miña man
avergoña as máquinas,
e que a vaca que pace, coa súa cabeza baixa,
supera todas as estatuas,
e que un rato é miragre abondo,
como para facer dubidar,
a seis trillóns de infieis.


Veña un grolo, Walt Whitman!
Comentarios (10) - Categoría: De literatura - Publicado o 16-06-2010 19:10
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2] [3]
© by Abertal