Blog do escritor
Xesús Constela

www.xesusconstela.com

info@xesusconstela.com
 CATEGORÍAS
 CUARTO DOS TRASTES
 SALA PARA VISITAS
 SALA DAS PROCURAS
 SALA DOS BLOGS GALEGOS
 NO FAIADO
 ANTERIORES

Da Frota da liberdade II

Se queredes informarvos e achegardes as vosas sinaturas para apoiardes a Frota da Liberdade II, que en xuño zarpará rumbo a Gaza con axuda humanitaria para a castigada populación da Faixa e co propósito de romper o bloqueo israelí podedes facelo dende aquí.
Comentarios (0) - Categoría: Deste noso mundo inxusto - Publicado o 31-05-2011 21:48
# Ligazón permanente a este artigo
Monty Python: A vida de Brian (2)
Logo dos comentarios de onte acerca da escena que colguei d'A vida de Brian de Monty Python decidín que é unha boa iniciativa esa de ollar sempre o mellor lado das cousas.

Sobre todo nestes tempos en que as cousas non pintan nada ben.

Always look on the bright side of life...

Dende logo o remate perfecto para unha película moi ben feita.

Comentarios (3) - Categoría: Alfaias en video - Publicado o 31-05-2011 21:40
# Ligazón permanente a este artigo
Monty Python: A vida de Brian
Debín de ver A vida de Brian de Monty Python polo menos seis veces dende a súa estrea no cinema até algunhas veces pola televisión.

Por casualidades varias vina en diferentes países e tamén en diferentes linguas, aínda que prefiro a versión orixinal en inglés porque as voces dos actores son magníficas.

(Precisamente unha das meirandes orixinalidades de Monty Python consistía en xogar cos sexos e as voces dos actores.)

Déixovos coa miña escena favorita: O apedreamento.

Todo un clásico.

Comentarios (3) - Categoría: Alfaias en video - Publicado o 30-05-2011 13:37
# Ligazón permanente a este artigo
Évos o mesmo en todas partes
Évos o mesmo en todas partes.

Ollade este video que me enviou hoxe a Nena do paraugas porque non ten desperdicio.

Vaia unha morea de caraduras!

Comentarios (2) - Categoría: Deste noso mundo inxusto - Publicado o 23-05-2011 20:14
# Ligazón permanente a este artigo
Dulce Pontes e Waldemar Bastos: Velha Chica
Xé menino, não fala política!

Hoxe, xornada electoral, achégovos esta canción de Dulce Pontes e Waldemar Bastos para que a escoitedes antes de irdes votar.

Achégovos tamén a letra completa:

Antigamente a velha Chica
vendia cola e gengibre
e lá pela tarde ela lavava a roupa
do patrão importante;
e nós os miúdos lá da escola
perguntávamos à vóvó Chica
qual era a razão daquela pobreza,
daquele nosso sofrimento.
Xé menino, não fala política,
não fala política, não fala política.

Mas a velha Chica embrulhada nos pensamentos,
ela sabia, mas não dizia a razão daquele sofrimento.
Xé menino, não fala política,
não fala política, não fala política.

E o tempo passou e a velha Chica, só mais velha ficou.
Ela somente fez uma kubata com tecto de zinco, com tecto de zinco.
Xé menino, não fala política, não fala política.

Mas quem vê agora
o rosto daquela senhora, daquela senhora,
só vê as rugas do sofrimento, do sofrimento, do sofrimento!
Xé menino, não fala política,
não fala política, não fala política.
E ela agora só diz:
“- Xé menino, quando eu morrer, quero ver Angola viver em paz!
Xé menino, quando morrer, quero ver Angola e o Mundo em paz!”


Grande!



Comentarios (3) - Categoría: Sala de música - Publicado o 22-05-2011 13:13
# Ligazón permanente a este artigo
Amaral: Revolución
Hoxe lembreime desta canción de Amaral, Revolución, a conto de todo canto está a acontecer por España adiante, a conto desta mocidade que parece estar a espertar para reivindicar un futuro que se lles roubou.

Sinto que chegou a nosa hora...

Este é o momento...

Esta é a nosa revolución!


Comentarios (1) - Categoría: Sala de música - Publicado o 19-05-2011 18:55
# Ligazón permanente a este artigo
Chámanlle democracia e non o é!
Achégovos a lectura do manifesto dos concentrados na Porta do Sol de Madrid, un manifesto co que estou totalmente de acordo.

A Xunta Eleitoral vén de prohibir esta concentración.

Que se dicía en Europa cando a policía disolvía os manifestantes de Exipto e a Tunisia?

Chámanlle democracia e non o é!

Comentarios (1) - Categoría: Deste noso mundo inxusto - Publicado o 18-05-2011 21:27
# Ligazón permanente a este artigo
Dous poemas de Lois Pereiro
Con este día das Letras dedicado ao autor, achégovos dous poemas de Lois Pereiro:

Tristemente convivo coa túa ausencia
sobrevivo á distancia que nos nega
mentres bordeo a fronteira entre dous mundos
sen decidir cal deles pode darme
a calma que me esixo para amarte
sen sufrir pola túa indiferencia
a miña retirada preventiva
dunha batalla que xa sei perdida
resolto a non entrar xamais en ti
pero non á tortura de evitarte.

........

Somentes
intentaba conseguir
deixar na terra
algo de min que me sobrevivise
sabendo que deberia ter sabido
impedirme a min mesmo
descubrir que só fun un interludio


Grande Lois!

Comentarios (2) - Categoría: De literatura - Publicado o 17-05-2011 13:07
# Ligazón permanente a este artigo
A lingua esta que nos define
A lingua esta que nos define coma un ADN primixenio e imposíbel de ocultar é a que nos serve para cociñar as máis fermosas frases que dicimos nas conversas, unhas veces sinxelas e outras arrevesadas, labirínticas

A lingua esta que nos define é a que nos serve para tecer frases de amor que nos serven para sorprender as nosas parellas (e para nos deixar abraiar tamén)

A lingua esta que nos define é a que nos serve para admirar o sol que nos quenta na praia cando é verán, porque cando é inverno usámola para nos queixar das chuvias e os temporais.

É a que nos serve para pedir auxilio

E tamén para socorrer os amigos

E alcumar os inimigos, como non?

A que nos serve para tirarmos diñeiro do caixeiro automático... e para gastármolo no centro comercial.

A que sacamos do peto nos momentos de dúbida e vacilación coma que tira un pano co que limpar o pó dunha ferida

A que lanzamos ao ar coma un aturuxo festeiro

A que soltamos coma unha bágos furtiva de impotencia

(e coma un arrouto de enchente)

(e coma unha risada tola de borracheira)

Esta lingua que nos define é unha marca na pel que non vai desaparecer por moito que se esfregue

unha mensaxe impresa en nós

imborrábel mesmo con agresivas cirurxías estéticas

Esta lingua que nos define é o ulido ancestral que levamos no corpo logo de moitos séculos agachados nas cavernas coma as feras

Esta lingua que nos define

transmitirase aos nosos descendentes agachada nese código xenético que herdamos sen nin sequera pretendelo


(En Poio, a 17 de maio de 2011, Día das Letras dedicado ao gran Lois Pereiro)

NOTA: E nunca cansarei de reivindicar que a festa de hoxe pase a ser de novo día laboral e enchamos as rúas de libros e as librarías de xente.






Comentarios (2) - Categoría: Da lingua de nós - Publicado o 17-05-2011 12:51
# Ligazón permanente a este artigo
De Xavi, unha das miñas tartarugas

Velaí vos fai unha imaxe de Xavi, unha das miñas tres tartarugas.

As outras dúas, Aquiles e Bicharita, son de orellas vermellas (viven na auga dun estanque que lles construímos na parte de atrás da casa) e orixinarias de Florida aínda que nacidas en Ferrol hai máis de vinte anos.

Xavi viaxou connosco a Poio dende a cidade tunisiana de Monastir na compaña dunha súa parella, Noelia, agora tristemente morta.

Xavi réxese por unhas circunstancias espazo temporais diferentes das nosas.

Non coñece de présas nin angustias polo tempo que chega ou marcha, que sobra ou falta, que aparece ou se vai.

O seu paraíso é un paraíso accesíbel e non soñado (coma son os nosos paríosos).

O de Xavi consiste nunha boa ración de "dentes de león" para comer e un bo lugar para pasar a noite... e o invderno enteiro... a durmis.

No meu xardín abonda o "dente de león" e hai milleiros de lugares para facer un furado na terra e poder boarse a durmir...

Ás veces Xavi dáme envexa.

Moita.
Comentarios (5) - Categoría: Pequenas reflexións case furtivas - Publicado o 14-05-2011 19:09
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2] [3]
© by Abertal