Blog do escritor
Xesús Constela

www.xesusconstela.com

info@xesusconstela.com
 CATEGORÍAS
 CUARTO DOS TRASTES
 SALA PARA VISITAS
 SALA DAS PROCURAS
 SALA DOS BLOGS GALEGOS
 NO FAIADO
 ANTERIORES

Noa e Khaled: Imagine
Unha vez máis o Estado de Israel deixounos abraiados coa súa brutalidade e a súa violencia sempre tan desmesurada.

Desta volta tocoulles a uns barcos cargados con axuda humanitaria!

As declaracións feitas no día de hoxe polo embaixador de Israel en España provocan, cando menos, náuseas:


Cando vexo con horror esta realidade que me produce noxo, cando vexo a inestabilidade perpetua que vive Oriente Medio, sempre vén á miña mente esta fantástica versión do Imagine de John Lennon gravada por Noa, xudía, e Khaled, alxeriano. Unha fermosa mestura de culturas que debería facer caer a cara de vergoña aos dirixentes do goberno de Israel e a todos os seus militares!

Non máis brutalidade!
Por que nunca se sanciona o goberno de israel?


Comentarios (19) - Categoría: Sala de música - Publicado o 31-05-2010 19:17
# Ligazón permanente a este artigo
De Fernando Pessoa
Por que non un poema de Fernando Pessoa neste fermoso día tan cheo de primavera?

Velaí vai:

Quando vier a Primavera,
Se eu já estiver morto,
As flores florirâo da mesma maneira
E as árvores nâo serâo menos verdes que na Primavera passada.
A realidade nâo precisa de mim.

(...)

Gosto que tudo seja real e que tudo esteja certo;
E gosto porque assim seria, mesmo que eu nâo gostasse.
Por isso, se morrer agora, morro contente,
Porque tudo é real e tudo está certo.

Podem rezar latim sobre o meu caixâo, se quiserem.
Se quiserem, podem dançar e cantar à roda dele.
Nâo tenho preferências para quando já nâo puder ter preferências.
O que for, quando for, é que será o que é.


Que grande Pessoa!

Que grande!

Comentarios (4) - Categoría: De literatura - Publicado o 19-05-2010 21:05
# Ligazón permanente a este artigo
D'O Xirimbao no Día das Letras
O cadoiro do Xirimbao, anda que non ten un nome fermoso, estaba cheo de luz na tarde de onte.
Luz de primavera.

A auga era unha festa.

Movemento, son, cor...

Unha tarde perfecta.

A xente paseaba pola beira do río completamente allea ao significado do Día das Letras. Que maís lles tiña Uxío Novoneyra?

Para que ten que ser festivo?

Debería de ser un día de librarías abertas para vender libros en galego, o día de sacar os libros nosos á rúa.

Iso debería de ser o Día das Letras.

En realidade, que utilidade ten celebar un Día das Letras?

Reflexionemos.

Entrementres deixemos a auga correr polo Xirimbao, que anda que non é un nome fermoso!
Comentarios (11) - Categoría: Pequenas reflexións case furtivas - Publicado o 18-05-2010 20:58
# Ligazón permanente a este artigo
Da exitosa manifestación de Compostela
Hoxe a cidade de Compostela volveu ser un clamor pola lingua.

Unha vez máis.

Mañá os xornais de sempre cuspirán análises e, manipularán os feitos tanto coma queiran.

Unha vez máis.

Unha hora logo da manifestación xa o Partido Popular sacou un comunicado no que falaba, unha vez maís, de desexo de imposición!

Unha vez máis.

Mentres milleiros de persoas (non sei cantas) nos manifestabamos por Compostela adiante o presidentiño estaba a "homenaxear" a Uxío Novoneyra no Courel. Nada dixeron da loita do poeta a prol da lingua.

Non dixeron nada.

Non poderán facernos calar a boca.

Nin os xornais manipuladores.
Nin o Partido Popular.
Nin a Xunta de Galicia co seu presidentiño á fronte.

Non poderán.

Seremos rexos coma os cumios do Courel que cantou Uxío.

Seremos rexos!

Seremos coma os toxos, que aínda que se corten saen unha e outra vez.

Sen parar.

Así seremos!




Comentarios (5) - Categoría: Da lingua de nós - Publicado o 17-05-2010 22:14
# Ligazón permanente a este artigo
De Uxío Novoneyra 2
Mañá será o Día das Letras.

Mañá manifestarémonos en Santiago unha vez máis (A forza do noso amor non pode ser inútil)

Mañá falarase de Uxío Novoneyra.

Velaí un seu poema:

Esta tarde o aire é meu amigo.
Voume sumindo sumindo.
Si o aire quer
chegarein a non ser niguén
.

Vaia un poder de evocación!

Cantas cousas con tan poucas palabras!

Comentarios (4) - Categoría: De literatura - Publicado o 16-05-2010 21:53
# Ligazón permanente a este artigo
Lottie Kingslake: A tormenta
Falamos moitos estes días de crise e de xustiza inxusta (ou polo menos con aparencia de selo)... Falabamos de tormenta; da mesma que Lottie Kingslake amosa neste vídeo que vos achego.

Lottie Kingslake é estudante de animación na Universidade de Bristol (Inglaterra) e de seguro que vai ter un brillante futuro.

Velaí vai The Storm (A tormenta):



Comentarios (1) - Categoría: Alfaias en video - Publicado o 15-05-2010 12:27
# Ligazón permanente a este artigo
De Garzón, o Franquismo e a xustiza española
Vaia por diante que Garzón non é un persoanaxe que sexa do meu total agrado.

Para nada.

Pero resúltame absolutamente intolerábel que a primeira vez que un xuíz pretende investigar os crimes e as atrocidades cometidas ao longo da ditadura franquista acabe retirado da carreira xudicial.

E iso por unha denuncia interposta pola ultradereita española, unha denuncia que nunca debeu de ser admitida a trámite.

É unha vitoria do vello ditador e os seus secuaces.

E aínda me parece maís intolerábel que todo isto suceda logo da investigación sobre a corrupción no Partido Popular levada a cabo por el.

Resulta que os maxistrados que o suspenderon están todos nomeados polo propio Partido popular.

Pero que clase de xustiza hai en España?

Unha vergoña!
Comentarios (5) - Categoría: De andar pola casa - Publicado o 14-05-2010 21:18
# Ligazón permanente a este artigo
De soldos, funcionarios, pensionistas e parados
Odio falar de diñeiro, pero hoxe resúltame inevitábel.

Estaba visto que as medidas económicas que tomou hoxe o goberno español ían chegar dun momento a outro.

Sempre pagan as crises os mesmos.
É moi inxusto.
Por que nunca paga a maldita banca, que recibe cartos públicos cada vez que soa o sinal de alarma?

Anda mal isto, eh?
Moi mal.

Acabará como Grecia este país que semella levar anos a vivir moi por riba das súas posibilidades económicas?

E aínda querían organizar unhas olimpiadas en Madrid!

E aínda andan a dilapidar diñeiro na maldita Cidade da Cultura de Santiago!



Comentarios (8) - Categoría: De andar pola casa - Publicado o 12-05-2010 18:24
# Ligazón permanente a este artigo
Dulce Pontes: O meu menino é d'oiro
Non sei expresar a cantidade de cousas que evoca en min a música desta canción de José Afonso interpretada Dulce Pontes nun concerto na cidade de Istambul, unha das miñas urbes favoritas.

A letra, por certo, é tan grande como a música:

O meu menino é d'oiro é d'oiro fino
Nao façam caso que é pequenino
O meu menino é d'oiro
D'oiro fagueiro
Hei-de-levá-lo no meu veleiro

Veham aves do céu pousar de mansinho
Por sobre os ombros do meu menino
Do meu menino do meu menino
Venham comigo, venham
Que eu nao vou só
Levo o meu menino no meu trenó...


A primeira vez que a escoitei tiven que repetila varias veces máis!

Comentarios (4) - Categoría: Sala de música - Publicado o 11-05-2010 17:29
# Ligazón permanente a este artigo
D'Un tipo listo de Xosé Monteagudo
Quixera recomendar a lectura da novela Un tipo listo, de Xosé Monteagudo, gañadora da pasada edición do Premio Gracía Barros.

Quixera recomendala entre outras cousas por ser un deses libros que "enganchan" ao lector dende o comezo mesmo, por ter uns diálogos verdadeiramente bos e ben traballados, dignos de admiración, por tratar un tema de actualidade (nestes tempos de crise, especulación e trampas finaceiras), ou pola magnífica construción dos personaxes, que case se van presentando por si sós aparentemente sen "a man" do narrador.

Vaian dende aquí os meus parabéns para o autor e o meu desexo de que volva sorprendernos moitas veces no futuro.


Comentarios (3) - Categoría: De literatura - Publicado o 10-05-2010 21:36
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2]
© by Abertal