Blog do escritor
Xesús Constela

www.xesusconstela.com

info@xesusconstela.com
 CATEGORÍAS
 CUARTO DOS TRASTES
 SALA PARA VISITAS
 SALA DAS PROCURAS
 SALA DOS BLOGS GALEGOS
 NO FAIADO
 ANTERIORES

Kekova (Turquía)

Propóñovos unha viaxe, aínda que sexa virtual, á illa de Kekova, no sul de Turquía, na costa mediterránea, un lugar marabilloso por moitos motivos:

-Porque só se pode chegar en barco, motivo polo que aínda se poden atopar moitas caliñas baleiras onde un pose darse un baño espectacular.

- Pola claridade das súas augas, que permiten ver dende o barco as ruínas da antiga cidade licia de Simena, que quedou asolagada hai mitos séculos.

- Polo ben que sabe a comida en calquera das dúas cantinas da vila de Kaleköy, chantadas a pé do mar e envoltas no arrecendo da leña queimada e o peixe grellado.

- Porque un pode revivir en soños as loitas dos piratas turcos que se agachaban nas súas costas.

- Porque dar un paseo entre tumbas licias (algunhas dentro da auga) é unha experiencia imposíbel de esquecer.
Comentarios (3) - Categoría: Recunchos do mundo - Publicado o 30-05-2009 14:43
# Ligazón permanente a este artigo
De Yolanda Castaño no Xornal de Galicia
Baixo o título "A lingua do máis débil" publica hoxe Yolanda Castaño un máis que fermoso artigo no Xornal de Galicia.

Comeza con estas palabras:

"QUERO APRENDER a lingua do máis débil. A outra xa ma chantarán na carne con agullas, xa ma inocularán coma vacina obrigatoria, xa ma meterán na boca sen facer preguntas, xa ma enquistarán entre as febras dos músculos sen apenas darme conta. Irá nunha pílula imperiosa que fará niño nos estómagos, revestida de placebo. Química ilusoria, tragaráse con auga e fará sentir a todos ben."

Lédeo aquí, porque de verdade paga a pena.

Veña un grolo por Yolanda!

Comentarios (5) - Categoría: De literatura - Publicado o 29-05-2009 18:17
# Ligazón permanente a este artigo
Do cardeal Cañizares e os abusos sexuais
O cardeal Antonio Cañizares, prefecto da Congregación polo Culto Divino e a Disciplina dos Sacramentos do Vaticano afirmou que os continuados abusos sexuais a menores cometidos en colexios católicos de Irlanda son menos graves có aborto. (!!!)

O cardeal pediu perdón polos continuados abusos a menores cometidos en escolas católicas irlandesas entre os anos 50 e 80, pero precisou nunhas declaracións en Roma que “o que puido ter acontecido nuns cantos colexios non é comparábel cos millóns de vidas destruídas polo aborto”.

Isto é botar balóns fóra! (Nos seremos malos, quen sabe?, pero hai cousas peores!)

Contra que mandamento estará a pecar este suxeito?
Comentarios (6) - Categoría: Persoas non gratas - Publicado o 28-05-2009 18:05
# Ligazón permanente a este artigo
De Uxío Novoneyra e o Día das Letras
Aínda que nunca cansarei de dicir que no me gusta o xeito de celebrar as Letras Galegas nos dezasetes de maio, por iso de que no entendo que haxa que homenaxear a un escritor que leve morto polo menos dez anos*, quero dende aquí apoiar que o vindeiro homenaxeado sexa Uxío Novoneyra, tal como está a pedir o colectivo Amigos de Uxío Novoneyra, que acaba de entregar á Real Academia Galega un documento no que pide que se lle dedique o dezasete de maio do vindeiro ano 2010.

Veña un grolo por Uxío!

Flores de maio
nevando nos mazairos
pre que ún quede inda máis quedo
que ollandovos no alto


* Un autor ten que cumprir tres requerimentos para ser candidato: ter obra relevante en galego (obviamente), levar falecido dez anos (?) e ter o apoio de polo menos tres membros da Academia.
Comentarios (7) - Categoría: De literatura - Publicado o 27-05-2009 21:50
# Ligazón permanente a este artigo
De Umberto Eco e os libros

Achego unha fermosa frase de Umberto Eco en defensa dos libros en papel fronte aos dixitais:

"Se tivese que deixar unha mensaxe de futuro para a humanidade, faríao nun libro de papel e non nun disquete electrónico"

E por que di isto?

Acaba de presentar un novo libro que se titula Non esperedes librarvos dos libros no que di o seguinte:

"os disquetes de computador non existirán dentro de trinta anos mentres que os libros de mil anos de antigüidade consérvanse incunábeis"

E ten toda a razón do mundo!

Comentarios (4) - Categoría: De literatura - Publicado o 26-05-2009 21:02
# Ligazón permanente a este artigo
De Mario Benedetti
Grazas, Mario, polas túas palabras.
Grazas mil.
De todo corazón!

"No existe esponja para lavar el cielo
pero aunque pudieras enjabonarlo
y luego echarle baldes y baldes de mar
y colgarlo al sol para que se seque
siempre faltaría el pájaro en silencio

no existen métodos para tocar el cielo
pero aunque te estiraras como una palma
y lograras rozarlo en tus delirios
y supieras al fin como es al tacto
siempre te faltaría la nube de algodón

no existe un puente para cruzar el cielo
pero aunque consiguieras llegar a la otra orilla
a fuerza de memoria y pronósticos
y comprobaras que no es tan dificil
siempre te faltaría el pino del crepusculo

eso es por que se trata de un cielo que no es tuyo
aunque sea impetuoso y desgarrado
en cambio cuando llegue al que te pertenece
no lo querrás lavar ni tocar ni cruzar
pero estarán el pájaro y la nube y el pino."
Comentarios (7) - Categoría: De literatura - Publicado o 23-05-2009 13:35
# Ligazón permanente a este artigo
Chico César & Maria Bethânia - Onde Estará O Meu Amor?
A primeira vez que escoitei esta canción case se me corta a respiración.

Meu Deus! É unha das mellores cancións de amor que escoitei na miña vida.

Adoro a María Bethania!

Pechade os ollos e prestádelle atención, que ben que o merece.

Comentarios (2) - Categoría: Sala de música - Publicado o 23-05-2009 13:13
# Ligazón permanente a este artigo
La Scala dei Turchi (Sicilia)

Vai achegándose o verán con esa calma que adoita tomar sempre o bo tempo por chegar ás nosas casas.

Propóñovos unha viaxe a unha praia única no mundo e por fortuna afastada (por canto tempo?) dos percorridos turísticos polo sul da illa de Sicilia.

Está preto da cidade de Agrigento e chámase Scala dei Turchi ("escaleira dos turcos").

Trátase dunha praia fermosísima a pé dun acantilado completamente branco de cal e pedra calcárea onde a erosión debuxou (ou esculpiu?) unha sorte de escaleira pola que se pode camiñar. De aí o nome. (Ninguén soubo explicarme por que se chama "dos turcos")

Paga a pena a visita porque é un deses lugares onde ademais dun bo baño tamén se lle pode dar liberdade á imaxinación.
Comentarios (2) - Categoría: Recunchos do mundo - Publicado o 22-05-2009 17:55
# Ligazón permanente a este artigo
Da presentación d'O peto da risa de Eva Lozano

O venres pasado tiven o pracer de asistir á presentación d'O peto da risa de Eva Lozano na Biblioteca Pública de Ponteareas. A autora, que staba acompañada polo amigo Francisco Castro, pola ilustradora do conto, a uruguaia María Noel, que fixo unha verdadeira obra de arte, e polo alcalde e o concelleiro de cultura de Ponteareas, explicounos aos presentes como xurdira a idea de escribir o texto e como mentres escribía visualizara en todo momento a actitude dos meniños máis pequenos ao longo do seu primeiro encontro coas letras.

O libro é verdadeiramente fermoso e dende aquí quero desexarlle moitos éxitos á autora.

Non quero rematar sen agardecer a fermosa lectura pública que fixo Bernardo Carpente de diversas pasaxes do libro.

Veña un grolo por todos eles!
Comentarios (4) - Categoría: De literatura - Publicado o 20-05-2009 18:23
# Ligazón permanente a este artigo
Catacombe dei Cappuccini. Palermo (Sicilia)
A orixe das catacumbas dos Capuchinos, na cidade de Palermo, en Sicilia, remóntase a finais do século XVI (O primeiro enterro producíuse no ano 1599)

As catacumbas son un lugar verdadeiramente sobrecolledor. Acollen milleiros de cadáveres de frades e de persoeiros da cidade que tiñan cartos abondo para facerse momificar.

Nos corredores os mortos están colocados en cadaleitos destapados ou pendurados das paredes de xeito que o visitante camiña entre eles.

Hai seccións para os nenos, para as virxes, para as mulleres, para os varóns, para os sacerdotes, para os profesores e para os artistas.

Especialmente impactante é a capela dos nenos, que, en medio de outros dous ataudes con nenas, acolle o cadaleito da pequena Rosalia Lombardo,(a da fotografía) que morreu de pneumonía no ano 1920 e semella estar durmida. Foi a derradeira incorporación a esta especie de museo da morte. Seus pais pasaben cada certo tempo polas catacumbas para peitear o cadáver e para vestilo con roupas novas. Por iso a pequena loce ese lazo no cabelo.

As momias, en diferentes estados de conservación, están todas vestidas coas súas mellores galas: uniformes militares, vestidos de seda...

Unha máis que interesante visita se se viaxa a Sicilia.

Non apto para sensibilidades febles.
Comentarios (3) - Categoría: Recunchos do mundo - Publicado o 19-05-2009 20:28
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2]
© by Abertal