Blog do escritor
Xesús Constela

www.xesusconstela.com

info@xesusconstela.com
 CATEGORÍAS
 CUARTO DOS TRASTES
 SALA PARA VISITAS
 SALA DAS PROCURAS
 SALA DOS BLOGS GALEGOS
 NO FAIADO
 ANTERIORES

Víctor Jara: El derecho de vivir en paz
Unha pequena homenaxe persoal a Víctor Jara, que encheu de cancións revolucionarias a miña adolescencia, cando aínda nos pensabamos todos capaces de cambiar o mundo, cando destilabamos poemas de amor a unha revolución que nunca chegou...

Veña pois un grolo polas revolucións polas que tanto loitamos e nunca chegaron. (Pódese ter saudade de algo que nunca foi?)

E outro grolo polas longas conversas onde se debatía o devir do mundo e a necesidade de cambialo todo, que nada valía, que todo era caducidade. (Agora as ideas véndense á beira das caixas dos hipermercados)

E outro grolo máis polas palabras, polos conceptos, polas consignas, que escachan cando caen ao chan fráxiles coma pequenas alfaias...

Sirva tamén esta canción de Víctor Jara coma tributo a todos os pobos asoballados deste mundo inxusto que nos tocou vivir (lembrade os padecementos do pobo támil en Sri Lanka), e a todas as persoas que viven debaixo dunha bota esmagadora.

Viva o Primeiro de Maio!

Comentarios (6) - Categoría: Sala de música - Publicado o 30-04-2009 18:13
# Ligazón permanente a este artigo
Obadoiro no CEIP Alexandre Bóveda de Chapela, Redondela.
Levo varios días a impartir un obradoiro de creación literaria para a rapazada de sexto de primaria do CEIP Alexandre Bóveda de Redondela.

Estou xa no ecuador.

Acabamos de rematar a parte de poesía e estou realmente abraiado cos poemas que están a a facer os rapaces, que non deixan de me sorprender coa súa capacidade de traballo.

Nótase que detrás deles están os esforzos diarios da súa mestra Laura Goldar.

Entrade no blog da súa biblioteca, que se chama CARACOLATOLA.

E aquí tedes os seus traballos:
Obradoiro de creación literaria

Veña un grolo polos cativos de Chapela e pola súa mestra!
Comentarios (3) - Categoría: Dos meus libros - Publicado o 29-04-2009 19:14
# Ligazón permanente a este artigo
Da presentación de Shakespeare destilado en Ferrol
Foi na Feira do Libro.
Unha ledicia.

Unha verdadeira ledicia que a presentación dun libro sirva para o reencontro con moita xente que quero e que había anos que non vía.

Non podo ni quero dar nomes porque tería medo de esquecer algún, pero a listaxe sería grande, tan grande como a ledicia do reencontro.

E aínda por riba o tempo fixo unha tregua e non choveu!

Grazas mil a Xosé María e a Xulio por acompañarme na mesa e destilar comigo a Shakespeare unha vez máis.

Veña un grolo por Ferrol!
Comentarios (4) - Categoría: Dos meus libros - Publicado o 26-04-2009 21:17
# Ligazón permanente a este artigo
Nera, a ferreira, de Imelda Barrio
Xa está á venda en todas as librerías de Galicia e na página web de Baía edicións o conto Nera, a ferreira da miña amiga Imelda Barrio:

Trátase dun conto de fadas que tenta rachar estereotipos e fomentar a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes, polo que é un bo agasallo para todas as nenas e nenos que coñezades.

Veña un grolo por Imelda e pola súa ferreira!
Comentarios (4) - Categoría: De literatura - Publicado o 23-04-2009 18:28
# Ligazón permanente a este artigo
Xabaríns desnutridos nun centro da Deputación de Lugo
Unha verdadeira vergoña:

A Sociedade Protectora de animais de Lugo vén de denunciar o estado de desnutrición en que se atopan os xabaríns acollidos no Centro Superior Cinexético e Piscícola de Galicia, no Concello de Monforte de Lemos e dependente da Deputación de Lugo e da Consellería de Medio Ambiente!

Polo visto tamén morreron de fame varias galiñas e varios coellos!

Maltratar un animal non é só pegarlle cun pau!
Comentarios (3) - Categoría: De animais maltratados - Publicado o 22-04-2009 20:56
# Ligazón permanente a este artigo
Feira do libro de Marín
Mañá, 23 de abril, estarei a partires das sete do serán na Feira do Libro de Marín, na Alameda, para asinar exemplares dos meus libros.
Veña un grolo por Marín!
Comentarios (2) - Categoría: Dos meus libros - Publicado o 22-04-2009 20:34
# Ligazón permanente a este artigo
Presentación Shakespeare destilado en Ferrol
O vindeiro venres 24 presentarei en Ferrol o meu Shakespeare destilado dentro dos actos da Feira do Libro.
O acto terá lugar ás oito do serán e o meu acompañante na presentación será o xornalista do Diario de Ferrol Xosé María Gómez Fandiño.

Veña un grolo por Ferrol!
Comentarios (2) - Categoría: Dos meus libros - Publicado o 22-04-2009 18:42
# Ligazón permanente a este artigo
Macaco: Moving
Achégovos este video cheo de famosos que gravou National Geographic Channel con Macaco a prol da conservación do medioambiente.
Gozade.

Comentarios (2) - Categoría: Sala de música - Publicado o 22-04-2009 18:29
# Ligazón permanente a este artigo
Da asiciación Cultural Garipano
A Asociación Cultural Garipano formouse en Santiago de compostela co propósito firme de conseguir eliminar os significados pexorativos que se poden ollar no dicionario da RAE (Real Academia Española, www.rae.es) sobre o termo "gallego".

A RAE define o "gallego" como:

5. adj.C.Rica. Tonto (falto de entendimiento o razón).

6. adj.El Salv. Tartamudo.7. m.Lengua de los gallegos..

*Mesa gallega / Mesa de gallegos: Aquella en que falta pan de trigo.
* Hacer mesa gallega: llevarse todo el dinero del contrario en el juego.


Para conseguiren o que propoñen, están a realizar unha recollida masiva de sinaturas na súa páxina web:
http://www.aproldalinguagalega.org

Se queredes ofrecer a vosa sinatura, e, deste xeito, o voso apoio á campaña, podedes acudir á sección Asina!/Assina!/¡Firma! . Unha vez alá, podedes asinar en Apoios Individuais en calquera das ligazóns ofrecidas.

A web tamén permite a recollida de sinaturas de xeito colectivo.


Comentarios (2) - Categoría: Da lingua de nós - Publicado o 19-04-2009 20:45
# Ligazón permanente a este artigo
O galego é útil
Un grupo de galegos/as en Londres elaborou un manifesto que resalta a
utilidade do galego fóra das fronteiras administrativas.

Achégovos a ligazón:

http://ogalegoeutil.wordpress.com/

para que o poidades ver e valorar a vosa adhesión ao mesmo a través do correo
electrónico:

galegosmorrinhentos@googlemail.com
Comentarios (4) - Categoría: Da lingua de nós - Publicado o 17-04-2009 19:30
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2]
© by Abertal