Blog do escritor
Xesús Constela

www.xesusconstela.com

info@xesusconstela.com
 CATEGORÍAS
 CUARTO DOS TRASTES
 SALA PARA VISITAS
 SALA DAS PROCURAS
 SALA DOS BLOGS GALEGOS
 NO FAIADO
 ANTERIORES

The Doors: Roadhouse Blues
Que queredes que vos diga? Hoxe deume por volver aos anos... setenta! Que sei eu por que?

Propóñovos unha banda sonora alucinante de verdade,
Roadhouse Blues de The Doors:

Ah Keep Your Eyes On The Road,
Your Hands Upon The Wheel.
Keep Your Eyes On The Road
Your Hands Upon The Wheel.
Yeah, We're Going To The Roadhouse,
Gonna Have A Real Good-Time.

Yeah, The Back Of The Roadhouse,
They've Got Some Bungalows.
Yeah, The Back Of The Roadhouse,
They've Got Some Bungalows.


They Dance For The People
Who Like To Go Down Slow.


Let It Roll, Baby, Roll.
Let It Roll, Baby, Roll.
Let It Roll, Baby, Roll.
Let It Roll, All Night Long.

Do It, Robby, Do It!

You Gotta Roll, Roll, Roll,
You Gotta Thrill My Soul, Alright.
Roll, Roll, Roll, Roll-A
Thrill My Soul.


Comentarios (0) - Categoría: Sala de música - Publicado o 21-03-2012 20:35
# Ligazón permanente a este artigo
Un mundo aínda ben cativo
O mundo, unha camiñada por beirarrúas de pedra, era para min ben cativo naquel Ferrol de mediados dos anos sesenta (nacín en 1963).

Tan cativo como apenas dúas rúas, de Lugo (antes Pardo Alto) e de Pardo Baixo, polas que viaxaba da man de miña nai, incapaz de me mover pola miña conta.

Era un mundo de ulidos a milleiros...

Mexos de gato na porta dunha casa abandonada na que os animais entraban e saían ao seu antollo, mexos de gato nun tempo en que ese cheiro era habitual.

Mais o paraíso dos arrecendos era unha tenda que había na rúa Pardo baixo administrada por un vello de nome Xesús, coma min, e as súas tres ou catro fillas (non lembro o número exacto).

Esa casa era un pracer para os sentidos: froita e verduras frescas, aceitunas en grandes caixas de lata, sardiñas salgadas moi ben ordenadas dentro de caixas redondas, especias (sobre todo pimentón) en armarios de madeira de onde as collían cunha pa de metal para metela en bolsiñas de papel con debuxos por fóra, pan recén traído do forno, aceite a granel, bacallao colgado en follas por riba do mostrador á beira de xamóns e chourizos que non deixaban de pingar...

Un estoupido de fragancias que ficaron cravadas na miña memoria como a herdanza dun tempo que xa nunca máis ha de volver.

O camiño era sempre o mesmo porque miña nai teimaba en mercar acotío en todas as tendas da zona: Baixabamos as escaleiras da casa (unha inmensidade delas para as miñas pequenas pernas), cruzabamos a rúa de Lugo cara á tenda de María, unha muller que tiña dous fillos xemelgos, para que miña nai fixese a primeira compra. Deseguido camiñabamos pola rúa até a tenda de Mercedes, que tiña unha filla chamada Muñeca (vaia un nome curioso, non si?) onde tiña sempre lugar unha longa conversa coa tendeira para que miña nai se puxese ao día doas aconteceres da zona, e despois a tenda das de Xesús; era tal a presenza daquelas mulleronas fillas do dono que desprazaran a seu propio pai na denominación do negocio... Nada podía haber peor que caer na desgraza de ser obxectivo das súas linguas... Nada podía haber peor que converterse en tema dos seus comentarios...

E logo volta para a casa.

O meu mundo era ben pequeno naqueles meus primeiros anos...

Moi pequeno.


Comentarios (2) - Categoría: Do que estou a falar cando falo de min - Publicado o 19-03-2012 19:51
# Ligazón permanente a este artigo
O Libro das alquimias en dous blogs
No seu blog Un mundo de papel e tinta, Libromaníaca fai unha reseña moi fermosa da miña novela Libro das alquimias.

Quero dende aquí darlle as grazas publicamente.

No seu blog Ao pé da hortensia, o club de lectura do IES de Meaño achega unhas divertidas actividades acerca da novela.

Vaia un parcer ter lectores coma eles!

Grazas de todo corazón.
Comentarios (0) - Categoría: Dos meus libros - Publicado o 10-03-2012 11:47
# Ligazón permanente a este artigo
Os fantásticos libros voadores do Señor Lessmore
Unha películiña con bastantes puntos en común coa miña novela Libro das alquimias.

The Fantastic Flying Books of Mr. Morris Lessmore recibiu o Óscar 2012 á mellor curta de animación.

Unha verdadeira gozada!

Comentarios (1) - Categoría: Alfaias en video - Publicado o 04-03-2012 21:39
# Ligazón permanente a este artigo
De Purcell: Sound the trumpet por Philippe Jaroussky e Pascal Bertin
Propóñovos unha interpretación moi singular da peza Sound the trumpet H. Purcell interpretada polos contratenores franceses Philippe Jaroussky e Pascal Bertin.

Comentarios (1) - Categoría: Sala de música - Publicado o 04-03-2012 20:58
# Ligazón permanente a este artigo
Unha xuntanza en Pontevedra
A cita foi en Pontevedra o día tres de marzo.

Reunímonos para xantar e tamén para falar do divino e o humano.

Na fotografía que vos achego estamos, de esquerda a dereita, Armando Requeixo, Adolfo Caamaño, Xesús Constela (un servidor), Antón Riveiro Coello, Xosé Monteagudo e Anxos Sumai.

Apenas houbo temas que non tocaramos: a literatura e os literatos, a crítica, os críticos (e os criticados), a penosa situación política deste país noso, a fotografía da filla de Rosalía, o aroma da colonia Varón Dandy, as pirámides de Exipto, un home que se cría gran de millo, o fermosa que está a cidade de Pontevedra, a telefonía móbil...

O ano que vén citarémonos en Boiro!

Comentarios (1) - Categoría: Fotos feitas co móbil - Publicado o 04-03-2012 19:16
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal