Blog do escritor
Xesús Constela

www.xesusconstela.com

info@xesusconstela.com
 CATEGORÍAS
 CUARTO DOS TRASTES
 SALA PARA VISITAS
 SALA DAS PROCURAS
 SALA DOS BLOGS GALEGOS
 NO FAIADO
 ANTERIORES

José Afonso: Natal dos simples
MOI BO NADAL!



Comentarios (3) - Categoría: Sala de música - Publicado o 24-12-2011 11:36
# Ligazón permanente a este artigo
De Cesária Évora: Sodade
Veño de saber da morte da gran Cesária Évora.

Quédannos o inmenso pracer da súa música

e a súa Sodade...

Quem mostra' bo
Ess caminho longe?
Quem mostra' bo
Ess caminho longe?
Ess caminho
Pa São Tomé

Sodade sodade
Sodade
Dess nha terra Sao Nicolau

Si bô 'screvê' me
'M ta 'screvê be
Si bô 'squecê me
'M ta 'squecê be
Até dia
Qui bô voltà

Sodade sodade
Sodade
Dess nha terra Sao Nico
lau

Comentarios (0) - Categoría: Sala de música - Publicado o 17-12-2011 21:28
# Ligazón permanente a este artigo
De Francisco de Quevedo: A un avariento
Nestes tempos de crise provocada pola usura dos bancos chegou ás miñas mans este poemiña de Francisco de Quevedo.

En aqueste enterramiento
Humilde, pobre y mezquino,
Yace envuelto en oro fino
Un hombre rico avariento.

Murió con cien mil dolores
Sin poderlo remediar,
Tan sólo por no gastar
Ni aun gasta malos humores.


Para cantas persoas valería este epitafio?

Admítense suxestións...



Comentarios (1) - Categoría: De literatura - Publicado o 14-12-2011 19:05
# Ligazón permanente a este artigo
Pieter Brueghel o Vello: Xogos de Nenos

Se alguén me preguntase por que adoro este cadro e tivese que respostar axiña probabelmente diría que polo caos que reflicte.

Trátase de Xogos de nenos de Pieter Brueghel o Vello, pintor flamengo do século XVI (Brueghel, preto de Brée, c. 1525 - Bruxelas, 1569) Morreu noviño, non si?

A obra foi pintada no ano 1560 e está no Kunsthistorisches Museum de Viena.

Pieter Brueghel quería facer unha homenaxe a todos os xogos infantís que coñecía e pintou unha praciña, ou unha rúa, ateigada de nenos e nenas a xogar...

Nada máis lonxe destas rúas nosas de hoxendía tomadas polos coches... e os nosos raparigos "tomados" polos videoxogos!

Comentarios (1) - Categoría: Casa Van Gogh - Publicado o 13-12-2011 19:43
# Ligazón permanente a este artigo
Comunicado da AELG pola dimisión do Valedor do Pobo
Achégovos un comunidado da Asociación de Escritores en Lingua Galega no que se pide a dimisión do Valedor do Pobo.

Subscribo todas e cada unha das súas palabras:

(A Coruña, 12 de decembro de 2011) A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) recibe con profundo malestar a información que algúns medios de comunicación ofrecen no día de hoxe á cidadanía, a respecto de o Valedor do Pobo terse dirixido á Consellaría de Educación e Ordenación Universitaria para que se retire ‑do mercado e das aulas nas que está en activo‑ un libro de texto de Coñecemento do Medio, en Educación Primaria, por recoller de xeito literal o disposto a respecto da lingua galega polo Estatuto de Autonomía no seu artigo 5.1., «A lingua propia de Galicia é o galego»; petición acollida, de xeito inmediato, por parte da propia Consellería de Educación, indicando que instará á editorial a «que corrixa con carácter definitivo» as próximas edicións da obra e advertíndo de que «En caso contrario teriamos que adoptar as decisións oportunas por parte da Administración educativa.»

Esta negación e deslexitimación da redacción do propio Estatuto de Autonomía é considerada pola AELG como unha gravísima actuación que ataca o principal soporte legal protector da nosa lingua (a súa consideración como propia e oficial), promovida como un ataque manipulador contra o principal trazo identificador do que somos e representamos no actual marco plurilingüe e pluricultural do Estado español.

A AELG quere deixar constancia pública da súa valoración como absolutamente inadmisíbel deste feito, un ataque máis á nosa lingua que nunca debeu terse producido, máxime tendo en conta que procede daquelas autoridades e organismos que deberan centrar a súa preocupación e esforzo en cumprir cos principais mandatos legais a este respecto: a súa protección real e promoción desprexuizada.

Desde a AELG, agardamos unha rectificación inmediata por parte do Valedor do Pobo, así como a súa dimisión, pois en reiteradas ocasións ten manifestado o incumprimento das súas funcións a respecto da defensa do galego como lingua normalizada.
Comentarios (2) - Categoría: Da lingua de nós - Publicado o 12-12-2011 20:52
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal