Blog do escritor
Xesús Constela

www.xesusconstela.com

info@xesusconstela.com
 CATEGORÍAS
 CUARTO DOS TRASTES
 SALA PARA VISITAS
 SALA DAS PROCURAS
 SALA DOS BLOGS GALEGOS
 NO FAIADO
 ANTERIORES

Pechado por nadal
Co meu máis grande desexo de que todas as visitas do Tiñádelo que ver teñades unhas moi boas festas, baixo o telón do blog por vacacións até despois de reis. Deica logo e pasádeo ben!
Comentarios (3) - Categoría: Xeral - Publicado o 23-12-2009 21:40
# Ligazón permanente a este artigo
De Orhan Pamuk
Orhan Pamuk converteuse dende hai anos nun dos meus escritores favoritos pola súa esquisita capacidade para o retrato tanto do individuo coma da paisaxe ou da sociedade.

Unha das veces que visitei a cidade de Istambul fíxeno cun seu libro, Istambul, as lembranzas e a cidade, na mochila para ver de escribir un artigo para o número 176 da revista Grial co gallo da publicación da novela O castelo branco traducida ao galego.

Por ceto, que quen non teña lido esa novela que o faga porque é unha verdadeira obra mestra cunha trama que engaiola dende a primeira páxina.

Estou a ler unha historia de amor, O museo da inocencia, a última obra de Pamuk e teño a boca chea de sabor a Istambul, unha cidade que admiro e na que pasei momentos moi bos, unha urbe caótica pero encantadoramente fermosa de máis de doce millóns de habitantes censados (nin se pode calcular o número dos que non o están) descrita polo autor cunha habilidade tal que mesmo se poden escoitar de fondo as conversas entre os pescadores do Bósforo e o ruído dos grandes carguieros a cruzar as súas augas escuras.

Falaremos de Istambul. Prométoo.

Pero agora permitídeme un brinde: Veña un grolo por Orhan Pamuk!
Comentarios (1) - Categoría: De literatura - Publicado o 21-12-2009 17:58
# Ligazón permanente a este artigo
Kortatu: El último ska de manolo Rastamán
Hoxe convídovos a bailar un bo ska.

Déixovos con Kortatu.

Pero bailade.

Deixádevos levar!

Veña un grolo por todos nós!


Comentarios (2) - Categoría: Sala de música - Publicado o 20-12-2009 11:53
# Ligazón permanente a este artigo
Non ás touradas!
Hoxe o Parlamento de cataluña admitiu a trámite unha iniciativa popular para a prohibición das touradas en todo o territorio catalán.

Veña un grolo polos impulsores da iniciativa e polos parlamentarios que apoiaron a súa admisión a trámite!

Un dos primeiros que saiu en defensa da mal chamada "festa" nacional española foi o noso amado presidente Alberto Núñez Feijóo, dedicado dende que saiu elixido por unha marxe mínima de votos a acabar con todo canto lle soe a galego.

Dixo unhas barbaridades que nin imaxinades.

Quizais habería que facer unha corrida pero para tourealo a el e non a eses animais que levan á praza para torturalos até a morte en medio dos vítores entusiastas dunha panda de descerebrados a fumar puros e beber viño barateiro!

Pontevedra é a única vila de galicia que conserva unha praza.

Que se use para concertos e que nunca máis se permitan as touradas!
Comentarios (6) - Categoría: De animais maltratados - Publicado o 18-12-2009 17:14
# Ligazón permanente a este artigo
Todos co Sahara
Interesantísima web de solidariedade co Sahara;
http://www.todosconelsahara.com/video3.asp
no que poderedes escoitar a Eduardo Galeano.
Comentarios (3) - Categoría: Deste noso mundo inxusto - Publicado o 15-12-2009 23:54
# Ligazón permanente a este artigo
De Ennio Marchetto, a cartulina vivente.
Chámase Ennio Marchetto (The Living Paper Cartoon).

Ollade canto pode facerse simplemente cunhas cartulinas e.... Moito talento!

Comentarios (2) - Categoría: Alfaias en video - Publicado o 15-12-2009 13:14
# Ligazón permanente a este artigo
Da literatura non profesional para Almudena Grandes
Escribiuno Almudena Grandes en El País na súa columna do pasado luns:

"Soy escritora y vivo de mis derechos de autor. Con ellos, puedo comprar comida y ropa, pagar la hipoteca, la factura de la luz, el teléfono. Gracias a ellos, sobre todo, puedo escribir. Si desaparecieran, tendría que buscarme otro empleo, porque los escritores no damos conciertos. Mi única alternativa sería dormir menos y escribir por las noches, o los fines de semana, a ratos sueltos. Es decir, volver a los oscuros tiempos en los que la escritura no era un oficio, sino un sacrificio."

A inmensa maioría dos escritores que utilizamos a lingua galega como a nosa materia prima aínda vivimos a literatura coma un sacrificio segundo a señora Grandes.

Seguimos a escribir "as fins de semana, polas noites, a ratos sueltos..."

Benditas sexan as fins de semana, benditas as noites e benditos tamén os "ratos sueltos", que grazas a todos eles a nosa literatura fíxose un oco no mundo!
Comentarios (2) - Categoría: De literatura - Publicado o 14-12-2009 22:38
# Ligazón permanente a este artigo
Do Tribunal Constitucional
Hoxe é o XXXI aniversario da Constitución Española e quero achegarvos unha pregunta:

Reflexión acerca do Estatuto de Cataluña: Vale máis a opinión do Tribunal Constitucional (un grupo de xuíces sentados arredor dunha mesa ao longo de horas e máis horas) que a vontade popular tres veces reflectida a traveso de cauces democráticos: dúas votacións parlamemtares e un referendo?

Pero en que clase de país vivimos?
Comentarios (3) - Categoría: Deste noso mundo inxusto - Publicado o 06-12-2009 20:00
# Ligazón permanente a este artigo
Vítor Jara: Te recuerdo Amanda
Fálase moito estes días de Víctor Jara a propósito das homenaxes que está a recibir en Chile e eu non podo menos que achegar nesta páxina unha canción que me trae milleiros e milleiros de lembranzas.

Te recuerdo Amanda.

Veña un grolo por Víctor Jara e por todos cantos poñen a súa voz ao servizo dunha causa xusta!

Comentarios (2) - Categoría: Sala de música - Publicado o 06-12-2009 19:57
# Ligazón permanente a este artigo
No Berlusconi Day

A proposta de moitas organizacións cidadás italianas hoxe é o Día Internacional contra Silvio Berlusconi, Primeiro Ministro de Italia, logo de que un capo da Cosa Nostra denunciase as súas vinculacións coa Mafia siciliana.

Únense a esta denuncia persoeiros da talla do meu admirado xornalista Roberto Saviano, de indudábel e recoñecida traxectoria contra as organizacións mafiosas italianas.

Non a Berlusconi, berremos tamén dende aquí.

Non a un individuo que ri da lei, que se mofa das máis altas institucións tanto do seu propio país como europeas e que ten comportamentos verdadeiramente racistas e autoritarios que de xeito constante fan lembrar o fascismo de Mussolini.

Achégovos un video da campaña desenvolvida estes días en Italia para apoiar as manifestacións anti Berlusconi que se van levar acabo na xornada de hoxe polo mundo enteiro.



Non podemos maís... Hai alguén no noso país que nos fai avergoñar día tras día... Basta! Non podemos permitilo!... Digamos non a quen aofende a xustiza... Hoxe 5 de decembro pedimos a súa DIMISIÓN!

Comentarios (2) - Categoría: Deste noso mundo inxusto - Publicado o 05-12-2009 12:47
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2]
© by Abertal