Blog do escritor
Xesús Constela

www.xesusconstela.com

info@xesusconstela.com
 CATEGORÍAS
 CUARTO DOS TRASTES
 SALA PARA VISITAS
 SALA DAS PROCURAS
 SALA DOS BLOGS GALEGOS
 NO FAIADO
 ANTERIORES

Lume para todos

Lume para todos os corazóns magoados en meduio destes temporais de invernos que nos azoutan.

Lume que de a calor da ledicia e a luz que alumea o camiño para que marche a tristura.

Lume para todos os corpos fríos.

Lume para quentar o pensamento e a ollada.

Lume para abrir un oco de ceo entre as nubes.

Lume para pasar a noite sen a friaxe da humidade en todos os recunchos das casas.

Lume para sacudir a saudade toda das almas!


Comentarios (4) - Categoría: Pequenas reflexións case furtivas - Publicado o 30-11-2009 21:49
# Ligazón permanente a este artigo
De Aminetu Haidar
Vaia dende aquí a miña solidariedade con Aminetu Haidar, que leva xa quince días en folga de fame no aeroporto de Lanzarote para chamar a atención do mundo acerca do problema do Sahara, un pobo que leva máis de trinta anos a agradar polo recoñecemento dos seus dereitos nacionais a ter un territorio propio.
Comentarios (3) - Categoría: Deste noso mundo inxusto - Publicado o 29-11-2009 17:05
# Ligazón permanente a este artigo
Guns N' Roses - Knocking On Heaven's Door
Falaba no post anterior desta canción cde Bob Dylan composta para a película Pat Garrett and Billy the Kid e achégovos agora unha versión en directo de Guns N' Roses na cidade de Tokio no ano 1992-



E por que non contrastar esta versión de Guns N' Roses coa orixinal de Bob Dylan?

A versión que vos achego é un video gravado nun concerto en Milán no ano 1989 que apesares da súa pouca calidade coido que paga a pena.

Velaí o tedes:

Comentarios (2) - Categoría: Sala de música - Publicado o 28-11-2009 13:03
# Ligazón permanente a este artigo
Pat Garrett and Billy the Kid
Hoxe recibín o día coa canción Knocking on Heavens Door de Bob Dylan na cabeza a soar cvon forza, coa mesma forza que este vento que teima en sacudirnos os corazóns.

Achégovos a escena da película Pat Garrett and Billy the Kid de Sam Peckinpah, onde aparece acanción como banda sonora.
Gozádea.

Comentarios (4) - Categoría: Alfaias en video - Publicado o 28-11-2009 12:43
# Ligazón permanente a este artigo
Macbeth de Shakespeare
Estou a ler Macbeth de William Shakespeare e pódovos asegurar que estou abraiado pola forza inabarcábel da linguaxe.

Macbeth é a historia dunha gran ambición, dun home que non dubida en matar a calquera que se lle poña por diante para conseguir ser rei de Escocia. E mata alentado pola súa esposa, Lady Macbeth, un verdadeiro cúmulo de maldade.

Cantos Macbeths andan soltos polo mundo, e cantas Lady Macbeths, que non dubidan en arrasar todo canto atopan ao seu paso co único obxectivo de conseguir o que pretenden!

Sei de xente que pisotea dereitos mesmo en cousas pequeniñas da vida cotiá, xente que empurra aos demais para chegar primeiro.

Mesmo algo de Lady Macbeth hai na señora que pasa por diante de todo o mundo na cola da carnicería sen agardar o seu turno!

Se levamos esta idea ao comportamento de moitos dirixentes políticos comprenderemos o mundo un chisco máis.

Canta razón levaba William Shakespeare!

Identifiquemos os macbeths que nos rodean!

Denunciémolos!
Comentarios (4) - Categoría: De literatura - Publicado o 26-11-2009 13:26
# Ligazón permanente a este artigo
Un pequeno punto azul pálido
Ando estes días a me plantexar que pouquiña cousa somos e canto tempo malgastamos en parvadas variadas, en enlearnos uns contra dos outros, en molestar, fastidiar, ferir, asoballar...

E atopei este vídeo na rede.

Trátase dun fermoso texto de Carl Sagan escrito con motivo da fotografía que a sonda Voyager 1 tomou do noso planeta pouco antes de abandonar o Sistema Solar: un pálido punto azul.

Comparto completamente o seu significado.

Non somos máis ca iso, un pequeno punto azul pálido envolto pola inmensidade agarimosa do universo...

Comentarios (2) - Categoría: Alfaias en video - Publicado o 25-11-2009 18:08
# Ligazón permanente a este artigo
Un poema de Ger Wolfe
Velaí un poema do meu amigo Ger Wolfe, compositor e poeta irlandés dedicado a unha persoa morta:

In the garden of Heaven you are now , and the flowers blossom in your hand may the fruit of glory be your food, and your family gather all around ,

And I love you ,more than stars up in the night , when the moon cries over mountains.

Now your hands are moving through the roots, and the trees are gathering your song, all your memories scattered to the ditch , where the morning fathered all your Joy.

And I love you ,though the flowers have your eyes and the echo of your heart pulses northwards ,
And I love you ,more than the rivers in the deep ,love the rainfall in distant valleys.

Between night and the mothering of clay, when despair has conquered all but love , sings a goldcrest high up on the hedge , stone-cold branches cannot stop the sun,

And I love you , more than the stars up in the night , when the moon cries ,over mountains , and I'll love you ,
When the bells are gone to clay , and the songbirds are dust on the windows.


No xardín do ceo agora estás
e as flores agroman na túa man
que o froito da groria sexa o teu alimento
e que a túa familia se una arredor túa.

Quérote
máis cás estrelas que alumean a noite
cando a lúa chora nas montañas

Agora as túas mans anadan a moverse entre raíces
e as árbores xúntanse arredor do teu canto...


Veña un grolo por Ger!
Comentarios (8) - Categoría: De literatura - Publicado o 24-11-2009 20:25
# Ligazón permanente a este artigo
As lagoas salgadas do mundo

As lagoas salgadas do mundo, as lagoas todas, cheíñas como están de auga e de sal, non naceron da chuvia, non, que naceron do noso chorar.

Naceron das bágoas todas, das saen polos ollos no pranto e das que agardan dentro do corpo, cristalizadas en mágoas que non poden escapar.

Derrétense entón pouquiño a pouco, moi devagar, até se transformar nese berro angustiado que unha vez ou dúas na vida nos cómpre botar.

Entón as bágoas corren en regueiro todas, invisibles, case sempre, ao noso ollar.

Baixan abas de montañas, cruzan estradas, saltan ríos e camiños día e noite e noite e día, sen cesar.

As lagoas salgadas do mundo, as lagoas todas, cheíñas como están de auga e de sal, non naceron da chuvia, non, que naceron do noso chorar.
Comentarios (6) - Categoría: Pequenas reflexións case furtivas - Publicado o 23-11-2009 21:06
# Ligazón permanente a este artigo
Premios Cunca das Artes
No día e hoxe ás 20:00 horas terei a honra de recoller na cidade de Santiago un dos premios Cunca das Artes que cada ano entrega a Asociación de Amizade e das Artes Galego Portuguesa.

Terei a dobre honra de recollelo xunto a Lois Diéguez, galardoados como seremos os dous no apartado de Letras.

Outros galardoados serán:
Mago Romarís e Quico Cadaval no apartado de Artes Escénicas,

Uxía Senlle e Abe Rábade no de Música,

Xulio Maside e Emilio Celeiro no de Artes Plásticas,

Pablo Seoane e Roberto Vidal Bolaño a título póstumo,

A Asociación de Empresarios Polígono do Tambre e Juan Mirás como Asociacións

e as Asociacións Alexandre Bóveda e Música na Noite no apartado de Asociacións.

Logo da entrega das Cuncas das Artes compartiremos cea na cidade de Santiago.

Dende aquí quixera amosar o meu agardecemento a todos os membros da Asociación da Amizade e das Artes Galego Portuguesa e os meus parabéns a todos os galardoados.

Veña un grolo!

Comentarios (6) - Categoría: De literatura - Publicado o 20-11-2009 17:56
# Ligazón permanente a este artigo
The Waterboys: Fisherman's Blues
Unha canción que rega as horas coa chuvia da ledicia:
Fisherman's Blues de The Waterboys.

Quixera ser pescador
polo mar adiante,
lonxe da terra seca
e das súas lembranzas amargas
...

Un grolo polo mar inmenso!

Comentarios (3) - Categoría: Sala de música - Publicado o 03-11-2009 19:53
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2]
© by Abertal