Blog do escritor
Xesús Constela

www.xesusconstela.com

info@xesusconstela.com
 CATEGORÍAS
 CUARTO DOS TRASTES
 SALA PARA VISITAS
 SALA DAS PROCURAS
 SALA DOS BLOGS GALEGOS
 NO FAIADO
 ANTERIORES

Un xogo de atención
Hoxe meu filo Raúl ensinoume este magnífico "test" de atención.

E propóñovos o xogo porque é magnífico.

Adiante!

*Por certo: trátase dun anuncio real sobre seguridade vial no Reino Unido.

Comentarios (4) - Categoría: Querida publicidade - Publicado o 13-10-2011 18:27
# Ligazón permanente a este artigo
Na praia de Lourido
Fixen esta fotografía onte pola tarde na praia de Lourido, no Concello de Poio, onde vivo.

A marea baixa deixou aberto este longo camiño de area que se introduce no interior do mar, coma se quixese chegar até a illa de Tambo, o corazón da Ría de Pontevedra.

Era o momento en que o sol decidira empezar a baixar para agocharse detrás do horizonte, nos confíns do mar, ese momento en que deixa a súa pegada efémera na superficie da auga.

Foi unha ledicia camiñar por esa lingua de area rodeados de mar...

Chíos de gaivotas...

Arrecendos de algas...

Un momento que non ten prezo nin se deixa apreixar nas cotizacións das bolsas flutuantes nestes intres que estamos a vivir.

Hai cousas que non admiten prezo...

porque nunca se poderán pagar con diñeiro.

(Os paraísos ás veces están moito menos lonxe do que pensamos)



Comentarios (3) - Categoría: Fotos feitas co móbil - Publicado o 11-10-2011 20:02
# Ligazón permanente a este artigo
Va pensiero de Nabucco de Verdi
Ollade esta abraiante representación da ópera Nabucco de Verdi.

Trátase do coro da Metropolitan Opera House de Nova York a interpretar a famosa canción Va pensiero no ano 2002.

(Cativos e encadeados, os hebreos evocan con saudade a patria perdida antes de que Zaccaría, o sumo sacerdote xudeo, se achegue para tentar de consolalos, decíndolles que o fin de Babilonia xa se achega.)

A escenografía non pode ter máis plasticidade.

Unha xoia!

Comentarios (3) - Categoría: Alfaias en video - Publicado o 10-10-2011 19:46
# Ligazón permanente a este artigo
Un poema de Tomas Tranströmer
Este é o comezo do poema Desxeo a mediodía, do libro O CEO A MEDIO FACER, de Tomas Tranströmer, recente gañador do Premio Nobel de Literatura.

O ar matinal repartíu as súas cartas con selos incandescentes.
A neve iluminouse e todos os pesares se alivianaron: un quilo pesaba
apenas setecentos gramos.

Comentarios (1) - Categoría: De literatura - Publicado o 07-10-2011 17:27
# Ligazón permanente a este artigo
Pedro Guerra:La maestra
Só unhas palabriñas para presentar esta canción de Pedro Guerra que vén moi a conto desta situación de recortes (e desprezo polo labor dos ensinantes) pola que está a pasar o ensino público dete país noso.

la maestra dio las letras a los pobres
que aprendieron a sumar su soledad
a saber que en la intención de ser mejores
la ignorancia es enemiga de la claridad

la maestra dio la voz a los ausentes
las abejas marginadas del panal
los que nunca cuentan nada y siempre pierden
los que viven sin poder desentrañar

quién negó la luz al corazón de la maestra
qué violencia pudo detener esa ilusión
quién segó la flores que regaba la maestra
quién a sangre y fuego deja muda la canción

la maestra dio su amor a la pobreza
enseñando a ver el mundo y a pensar
el futuro fue llenándose de ciencia
y la vida fue algo más que mendigar



Comentarios (2) - Categoría: Sala de música - Publicado o 06-10-2011 22:03
# Ligazón permanente a este artigo
Tracy Chapman: Talkin'Bout a Revolution
Esta canción vén a conto de todos eses repugnantes executivos de bancos que están a facerse ricos grazas ao desemprego e a pobreza de gran parte da poboación.

De todos eses aproveitados a quen a crise que estamos a padecer lles vale para enriquecerse.

Ao cárcere tiñan que ir!

Fixádevos nestes versos da letra de Talkin'Bout a Revolution de Tracy Chapman:

They're talkin' about a revolution
(...)
Poor people gonna rise up
And get their share
Poor people gonna rise up
And take what's theirs


Están a falar dunha revolución
(...)
Os pobres vanse levantar
para coller a súa parte
Os pobres vanse levantar
para coler o que lles pertence


Comentarios (3) - Categoría: Sala de música - Publicado o 05-10-2011 21:11
# Ligazón permanente a este artigo
A praia de Laño
Velaquí a praia no verán:

unha cadeiriña para sentar a ler comodamente

un libro deitado enriba do xornal do día, ambos os dous sobre a area quentiña

unha bolsa coas cousas todas que necesitamos

unhas gafas de sol deitadas na area (sinal de que algún de nós estaba a se bañar)

e ao fondo ese canaval agarimoso que tantas confidencias escoita...

Iso

e non outra cousa

é o verán

(que remata)
Comentarios (4) - Categoría: Fotos feitas co móbil - Publicado o 04-10-2011 19:37
# Ligazón permanente a este artigo
Da morte de Salvador Iborra
Sorprendeume moito, e de xeito nada agradábel, saber onte pola prensa da morte do poeta valenciano Salvador Iborra, autor do blog La ruta desconeguda e dos libros Un llençol per embrutar, Les entranyes del foc e Els cossos oblidats.

Morreu a causa das navalladas que lle asestou o mesmo tipo que acababa de roubarlle a bicicleta a un amigo diante da súa casa no casco antigo de Barcelona.

Vaia unha morte cutre!
(Non quero con isto dicir que as demais non o sexan, ollo)

Tiña un longo percorrido literario por diante.

Veña un bo grolo por el.



Comentarios (2) - Categoría: De literatura - Publicado o 03-10-2011 19:36
# Ligazón permanente a este artigo
The Smiths: Heaven Knows I'm Miserable Now
Non sabería dicir moi ben por que, quizais polo meu coche novo cun lector de Cd que soa de vicio.

Non sei.

O caso é que levo varios días a escoitar música que rescatei do baúl dos recordos...

Entre eles esta canción (Heaven Knows I'm Miserable Now) de The Smiths que tantas veces escoitei nos anos oitenta.

Pechade os ollos e transportádevos a esa década tan chea de música e xa tan lonxana...

I was happy in the haze of a drunken hour
But heaven knows I'm miserable now...


A miña parte favorita sempre foi esa que di:

In my life
Why do I give valuable time
To people who don't care if I live or die?


(Por que dou o meu valioso tempo
a xente a quen non lle importa se vivo ou morro?
)

Cantas veces nas vosas vidas tedes sentido esa sensación de perder o tempo con xente que non vos interesa e á que non lle interesades?

Acabouse!

Comentarios (2) - Categoría: Sala de música - Publicado o 02-10-2011 14:40
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal