Blog do escritor
Xesús Constela

www.xesusconstela.com

info@xesusconstela.com
 CATEGORÍAS
 CUARTO DOS TRASTES
 SALA PARA VISITAS
 SALA DAS PROCURAS
 SALA DOS BLOGS GALEGOS
 NO FAIADO
 ANTERIORES

Marylin Manson: The Nobodies
Xa que está aí ás portas o Día de defuntos permítome achegarvos este vídeo de Marylin Manson, The Nobodies ("Os ninguén").

Today I'm dirty
I want to to be pretty
Tomorrow I know, I'm just dirt
Today I'm dirty
I want to to be pretty
Tomorrow I know, I'm just dirt

We are the nobodies
Wanna be somebodies
We're dead, we know just who we are
We are the nobodies
Wanna be somebodies
We're dead, we know just who we are


(Hoxe estou porco
Quero ser fermoso
Mañá xa sei, son só sucidade...

Somos os ninguén
Queremos ser alguén
Estamos mortos, só sabemos quen somos
Somos os ninguén...
)

A letra non é unha alegría precisamente, non?

Pero vai
ben para esta época do ano tan chea de cemiterios e de flores (e tamén de tristuras e de hipocrisías, como non?)





Comentarios (5) - Categoría: Sala de música - Publicado o 30-10-2010 13:28
# Ligazón permanente a este artigo
Tim Burton: Pesadelo antes do nadal
Hei recoñecer que tiven esta peli de animación coma obxecto de culto ao longo de moitos anos.

O Pesadelo antes do nadal de Tim Burton foi en principio un encargo da casa Disney: querían unha película con música atractiva e cunha historia que se puidese estrear arredor das vacacións de nadal dos colexios.

E Tim Burton apareceulles con isto, unha historia que se desenvolve na Terra de Halloween, co seu máis ca curioso alcalde e cos seus habitantes todos tan singulares.

E todo funciona corectamente até o día en que deciden celebrar o nadal!

E aínda por riba de todo o director propón unha banda sonora que inclúe cancións de Marylin Manson coma esta que hoxe vos achego, que é a miña favorita: This is Halloween!

Boys and girls of every age
Wouldn't you like to see something strange?

Come with us and you will see
This, our town of Halloween

This is Halloween, this is Halloween
Pumpkins scream in the dead of night


Con todos vós Tim Burton e Marylin Manson:

Comentarios (6) - Categoría: Alfaias en video - Publicado o 30-10-2010 13:10
# Ligazón permanente a este artigo
Da censura na visita do Papa
Dúas novas moi desafortunadas que coñecín hoxe acerca da censura sobre as criticas á visita do Papa Benedicto XVI a semana que vén á cidade de Santiago, unha visita pagada con moitos cartos públicos (3.000.000 de Euros!) que por exemplo se puideron ter investido en Educación, onde se recortou profesorado entre outras cousas, ou en Sanidade, onde as listas de espera non deixan de medrar tamén entre outras cousas, ou en mil fins que me pasan pola cabeza, todos eles causas moito máis xustas que a visita dese señor.

(A RTVG, tamén pública, por exemplo, contratou máis vatios para a retransmisióin da misa que vai dar no Obradoiro que para un concerto de AC/DC! E xa son vatios!)

Unha primeira censura é a exercida sobre a sección Vai de Blog de Fran P. Lorenzo, que o pasado xoves desaparecía da contra do xornal Galicia Hoxe. Durante toda a semana, o xornal xunto co Correo Galego fíxose eco das máis "cavernarias" opinións nas que, ademais de insultar ao xornalista pedíase a súa cabeza. O delicto cometido por Fran P. Lorenzo foi publicar na súa sección un artigo crítico co gasto público na visita do Papa a Santiago. O artigo desapareceu da web do xornal inmediatamente despois de que, de xeito singular e insólito, o Arcebispado enviase a todos os medios de comunicación unha nota na que arremetía contra a opinión do xornalista.

Unha mala nova, non credes?

Vaia dende aquí o meu apoio para Fran P. Lorenzo. (O meu apoio e un monte de apertas solidarias).

Unha segunda mala nova é a referida ao meu amigo Kiko Da Silva: Unha portada con Benedicto XVI a celebrar a súa facultade para multiplicar os billetes e non os pans nin os peixes custoulle á revista Retranca, da que é editor, a impresión do seu número 28. A rotativa murciana Jiménez Godoy, que dende xaneiro imprimía a revista regouse a realizar o traballo alrgando que non imprimen críticas á igrexa do mesmo xeito que non imprimen pornografía!

Vaia tamén o meu apoio e a miña amizade multiplicada por mil para Kiko!
Comentarios (8) - Categoría: De andar pola casa - Publicado o 27-10-2010 20:32
# Ligazón permanente a este artigo
Do peso dos nomes dos personaxes
Preguntoume Solange nun email de onde saían os nomes dos meus personaxes.

E vou intentar explicalo.

As humanas proporcións:
Hai unha variedade de nomes case paralela á variedade dos relatos.
A protagonista de "As lembranzas todas" non ten nome porque quere ser unha muller anónima que poida simbolizar a todas aquelas que sufren violencia e desprezo día tras día. O mesmo acontece co mozo de de "Son unha raia", coa parella de "Algarismos" ou cos nenos e os avós de "Na fraga". Todos eles pretenden ser símbolos de algo.
O protagonista de "Onde estás meu amor, Sangare" é tan real coma o argumento da historia que se narra. É o nome auténtico dun inmigrante africano de Mali aínda que a historia estrá retocada por motivos literarios.
Giovanna e Giovanni Arnolfini ("Non escoites a Giovanna") son personaxes históricos reais. Non o é fungo, o protagonista, que agacha o seu nome verdadeiro baixo un alias.
No que a "Lily" respecta asegúrovos que me levou moitos meses e moito traballo dar cos nomes de Guy Gazin, Jean-Pierre, Marie Louise e a propia Lily. Durante ese tempo traballei a historia con A, B, C, e D. Pero por fin atopeinos logo de moita procura. Quería nomes que levasen o luxo implícito.

Libro das alquimias:
Os dous protagonistas, neno e vello, deliberadamente agachan os seus nomes na procura dun anonimato que manteñen ao longo de toda a novela (e de toda a súa vida)
Os personaxes históricos, pola contra, teñen todos nome: Hypatia, Cirilo...

Shakespeare destilado:
Só ten nome o protagonista, Willy, e vén do nome de William Shakespeare.
Susanna chámase así pola filla do dramaturgo inglés e o resto dos personaxes carecen de nome.

Os nomes dese relato en construción que estou a escribir coa vosa axuda neste blog son símbolos do que hai detrás de cada un. Por certo, que vai acabar quedando moi ben aínda que está necesitado de tempo e traballo.
Seredes os primeiros en ver os resultados.

Adoro esta literatura de poucos nomes no que os personaxes secundarios son anónimos para buscar un meirande protagonisno dos princuipais. Se non damos nomes aos secundarios é coma se acendésemos un foco de teatro que alumea os principais e lles dá maior relevancia a ollos do lector. Non pensedes que resulta doado traballar con personaxes sen nome.

Hai unha novela magnífica de José Saramago que se titula Todos os nomes que vos recomendo de verdade, e na que só o protagonista ten nome e colecciona nomes de persoas.

Lédea porque paga a pena.
Comentarios (2) - Categoría: Dos meus libros - Publicado o 25-10-2010 19:11
# Ligazón permanente a este artigo
Os marinheiros tamén xojan ao tenis
Achégovos esta fotografía que fixen onte no porto d'A Illa de Arousa.

Descoñezo o contexto no que esta pintada puido facerse na parede dunha vella conserveira abandonada en pleno centro da vila pero pareceume fantástico o seu poder de evocación.

Os marinheiros tamén xojan ao tenis, di.

Paréceme magnífica a mensaxe!

Non dá acaso para moito pensar se se lle bota imaxinación?

Acéptanse propostas!
Comentarios (15) - Categoría: Fotos feitas co móbil - Publicado o 24-10-2010 14:50
# Ligazón permanente a este artigo
Zeca Afonso: Vampiros
A raíz da concesión do premio Otero Pedrayo ao sempiterno Fraga Iribarne quero traervos unha canción do gran Zeca Afonso moi acaída para a ocasión:

Eles comen tudo e non deixam nada!

Achégovos completa a magnífica letra da canción porque non sabería onde cortala:

No céu cinzento sob o astro mudo
Batendo as asas Pela noite calada
Vêm em bandos Com pés veludo
Chupar o sangue Fresco da manada

Se alguém se engana com seu ar sisudo
E lhes franqueia As portas à chegada
Eles comem tudo Eles comem tudo
Eles comem tudo E não deixam nada [Bis]

A toda a parte Chegam os vampiros
Poisam nos prédios Poisam nas calçadas
Trazem no ventre Despojos antigos
Mas nada os prende Às vidas acabadas

São os mordomos Do universo todo
Senhores à força Mandadores sem lei
Enchem as tulhas Bebem vinho novo
Dançam a ronda No pinhal do rei

Eles comem tudo Eles comem tudo
Eles comem tudo E não deixam nada

No chão do medo Tombam os vencidos
Ouvem-se os gritos Na noite abafada
Jazem nos fossos Vítimas dum credo
E não se esgota O sangue da manada

Se alguém se engana Com seu ar sisudo
E lhe franqueia As portas à chegada
Eles comem tudo Eles comem tudo
Eles comem tudo E não deixam nada

Eles comem tudo Eles comem tudo
Eles comem tudo E não deixam nada


Por certo, que o vídeo é do derradeiro concerto do Zeca, en xaneiro do ano 1983 no Coliseu do Porto.

Comentarios (5) - Categoría: Sala de música - Publicado o 21-10-2010 19:23
# Ligazón permanente a este artigo
Enquisa sobre a lingua en El País
O xornal El País está a realizar na súa web unha enquisa acerca da cooficialidade do uso das linguas minoritarias (minorizadas) no Senado Español.

E vai gañando o NON!

A pesares do valor puramente testemuñal da enquisa, se queredes votar podedes facelo aquí.

Comentarios (2) - Categoría: Da lingua de nós - Publicado o 21-10-2010 18:53
# Ligazón permanente a este artigo
Pesadelo Fraga
O pesadelo Fraga non remata.

Agora van e danlle o Premio Otero Pedrayo por suxestión de Rafael Louzán, presidente da Deputación de Pontevedra, "polo seu traballo por Galicia"!

Seica non había ninguén que o merecese máis?

A Mesa pola Normalización Lingüística dixo que é un insulto á memoria de Don Ramón.

Estou completamente de acordo.

Cando vai rematar este pesadelo?

Comentarios (10) - Categoría: Persoas non gratas - Publicado o 20-10-2010 20:42
# Ligazón permanente a este artigo
Paco Ibáñez: La mala reputación
Isto vén a conto do artigo anterior:



Comentarios (5) - Categoría: Sala de música - Publicado o 14-10-2010 22:13
# Ligazón permanente a este artigo
Da dobre moral do PP
Lembrades aquela frase famosa de José María Aznar contra dos que nos manifestabamos contra a súa desastrosa xestión da marea negra tras do afundimento do Prestige?

"Son perros que ladran su rencor por las esquinas"

Manda truco!

Hoxe Esperanza Aguirre dixo que impedir que a untradereita española e xente do propio PP insulte o presidente español na chamada "Festa nacional" do 12 de outubro á poñer trabas á liberdade de expresión!

Vaia unha dobre moral: "os delitos son delitos mentres non os fagamos nós. Se protestan os demais son cans a ladrar. Se o facemos nós somos abandeirados da liberdade de expresión."

E quede ben claro que non me importa o máis mínimo iso que chaman a "Festa nacional" e odio os desfiles militares, sexan en Madrid ou en Corea do Norte.

Quedo con aquela vella canción de George Brassens que cantaba en español Paco Ibáñez:
Cuando la fiesta nacional
yo me quedo en la cama igual,
pues la música militar
nunca me supo levantar
.

O que non aturo é a dobre moral.

De ningunha maneira podo con ela.

Comentarios (7) - Categoría: Persoas non gratas - Publicado o 14-10-2010 22:03
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2]
© by Abertal