Blog do escritor
Xesús Constela

www.xesusconstela.com

info@xesusconstela.com
 CATEGORÍAS
 CUARTO DOS TRASTES
 SALA PARA VISITAS
 SALA DAS PROCURAS
 SALA DOS BLOGS GALEGOS
 NO FAIADO
 ANTERIORES

Anna Frank viva.

Velaquí unha imaxe de Anna Frank que o seu Museo en Amsterdam vén de publicar en Youtube.

Unha imaxe cotiá que puidera ter pasado desapercibida para o mundo de non ser polo nazismo.

Unha imaxe para mitómanos.

Comentarios (4) - Categoría: Alfaias en video - Publicado o 10-10-2009 10:37
# Ligazón permanente a este artigo
The Beatles: Lucy in the Sky with Diamonds
Hoxe erguinme con esta canción na cabeza.

Picture yourself in a boat on a river,
With tangerine trees and marmalade skies
Somebody calls you, you answer quite slowly,
A girl with kaleidoscope eyes.
Cellophane flowers of yellow and green


IMAXÍNATE NUNHA BARCA NUN RÍO CON MANDARINOS e CEOS DE MARMELADA.
ALGUÉN CHAMA POR TI, RESPONDES PASENIÑO, UNHA RAPAZA CON OLLOS DE CALEIDOSCOPIO.
FLORES DE CELOFÁN AMARELO E VERDE, AMOREÁNDOSE SOBRE A TÚA CABEZA
....

Hoxe o mundo paréceme delicioso, unha gominola verde xigante a aboiar no firmamento.

Está ben ver as cousas doutro xeito nalgúns momentos.




Comentarios (3) - Categoría: Alfaias en video - Publicado o 10-10-2009 10:30
# Ligazón permanente a este artigo
Do home que disparou leite á policía

Hoxe pola mañá un rapaz do meu instituto agardaba por min na clase coa fotografía que vos achego.

Trátase dunha manifestación de gandeiros na cidade de Bruxelas para protestar polos baixos e inxustos prezos do leite en orixe, que nada teñen que ver co que pagamos nas tendas logo do paso polas centrais leiteiras.

O home da imaxe aproveitou o teto da súa vaca para "disparar" leite aos antidisturbios.

Grandioso!

O meu alumno preguntoume: A quen lle dispararías ti o leite, Xesús?

Déixovos a pregunta aí no ar para que a contestedes, se o tedes a ben.

A quen lle dispararíades o leite?
Comentarios (8) - Categoría: Pequenas reflexións case furtivas - Publicado o 06-10-2009 20:51
# Ligazón permanente a este artigo
Mercedes Sosa: Gracias a la vida.
Dedicada ás dúas Evas visitantes cotiás deste blog, A Lozano e a Carpente, pola forza das lembranzas, que ás veces son tan fráxiles coma pequenas cunchas de nácara que parecen ir escachar cando caian ao chan.

Pero outras veces as lembranzas teñen a forza dunha corda enorme que ata corazóns dun xeito que semella imposíbel de desatar.

Así son as lembranzas.

Así.

E non doutro xeito...

Comentarios (6) - Categoría: Sala de música - Publicado o 05-10-2009 21:43
# Ligazón permanente a este artigo
Mercedes Sosa: Alfonsina y el mar.
Acabo de saber da morte de Mercedes Sosa.

Marcha unha gran compositora que nunca poderemos esquecer.

Gracias Mercedes por toda a túa música e pola túa loita.

Estarás no meu corazón con Alfonsina, sempre!

Comentarios (3) - Categoría: Sala de música - Publicado o 04-10-2009 19:25
# Ligazón permanente a este artigo
Viva Rio!
Quede moi claro a quen isto lea que a quen subscrebe impórtalle un carallo iso que chaman "espírito olímpico" e que todo o tema do Comité Olímpico Internacional e esas cousas lle parecen unha xuntanza de facinerosos.

Pero que queredes que vos diga: levei unha alegría cando souben que non lle deran a Madrid as olimpiadas de 2016 porque llas deran a Río de Janeiro.

Organizar unhas olimpiadas en madrid parecíame unha cousa de novos ricos que non saben que facer co diñeiro. Xa houbo unhas en Barcelona. Para que máis?

Barcelona quedaría moi bonita pero aquí aínda non temos ten eléctrico!

Ía ser o mesmo outra vez?

Que viva Río!

Veña un grolo polo Brasil!

Comentarios (7) - Categoría: Deste noso mundo inxusto - Publicado o 02-10-2009 19:12
# Ligazón permanente a este artigo
Da cobiza do gran capital
Falo de gran capital porque parece que iso xa non existe por pouco mencionado con esta terminoloxía.

Pero non podo ficar calado:

HORRORíZAME a cobiza de todos eses que andan por aí a darse entre eles xubilacións multimillonarias neste noso mundo cheo de crise e de famentos e de parados.

Coincide que son os mesmos que falan de abaratar o despido e cousas desas.

Non só me horrorizan. Danme NOXO.
Comentarios (3) - Categoría: Deste noso mundo inxusto - Publicado o 01-10-2009 21:53
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2
© by Abertal