Blog do escritor
Xesús Constela

www.xesusconstela.com

info@xesusconstela.com
 CATEGORÍAS
 CUARTO DOS TRASTES
 SALA PARA VISITAS
 SALA DAS PROCURAS
 SALA DOS BLOGS GALEGOS
 NO FAIADO
 ANTERIORES

Novo disco de Ger Wolfe
E se falo da canción que estou a escoitar mentres escribo: The Curra Road, do meu gran amigo Ger Wolfe, con quen cando podo comparto moitos marabillosos momentos en familia en diversos lugares das nosas xeografías vitais... Londres, Cork...?

(Se queredes escoitar The Curra Road ou outros temas dos seus álbumes anteriores podedes facelo aquí)

E se falo do pracer de dar un gran paseo por esa Curra Road que pasa preto da casa súa en Carraigaphùca, en Macroom, que sempre está aberta aos amigos?

E se falo do gran poder evocador de todas as súas cancións?

E se falo de que nunca o vin viaxar sen un instrumento musical a man e que cando non o levou comprouno sobre a marcha?

E se falo de que non hai nada máis fermoso que escoitalo cantar a capella?

E se falo do poderoso poder da amizade?

Acaba de sacar un novo disco: No Bird Sang. Unha marabilla.

Veña un grolo por Ger Wolfe, amigo!
Comentarios (4) - Categoría: Sala de música - Publicado o 27-10-2009 20:00
# Ligazón permanente a este artigo
A lenda do espantallo
Achégovos unha fermosa historia de soidade (o espantallo), intransixencia (a xente do pobo) e tamén solidariedade (os corvos).

Trátase de La leyenda del espantapájaros, unha curtametraxe española.

O director é Marco Besas e o animador Carlos Lascano.

Por certo, que a narracion, moi boa, é do actor Sancho Gracia.

Gozade da historia.

Comentarios (4) - Categoría: Alfaias en video - Publicado o 25-10-2009 21:20
# Ligazón permanente a este artigo
Da entrevista a Carlos Callón
Logo da enorme manifestación do domingo pasado en Santiago no programa "Foro aberto" da TVG fíxoselle unha pseudoentrevista/interrogatorio ao presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Carlos Callón que debería supoñer o inminente cese do presentador do programa por falla de ética profesional e por manipulador.

Podedes ver a entrevista aquí.

Queremos galego!

Veña un grolo por Carlos Callón!

Comentarios (4) - Categoría: Da lingua de nós - Publicado o 23-10-2009 17:24
# Ligazón permanente a este artigo
O maldito Xacobeo
Onte presentouse en Santiago, nunha festa realmente chea de fasto, a programación do vindeiro Xacobeo 2010.

Estou xa farto de Xacobeos e de celebracións de carácter relixioso.

Odio realmente todo ese coñazo do camiño de espiritualidade e esas cousas. Quen queira camiñar pois que camiñe, quen queira ir en bicicleta que vaia e quen queira montar a cabalo ou en burro pois que monte, pero que nos deixe en paz aos demais.

Se quere a Xunta facer unha ruta turística que a faga pero que non invista nela esas mancheas de cartos que invisten sen vergoña de ningunha caste con ánimo de contentar á igrexa.

Seica entre as cousas que destacan no programa está algo así como unha especie de encontro internacional para o fomento da espiritualidade. Manda carallo!

Por que os poderes públicos teñen que facer esas cousas?

A Consellería de Cultura recortou toda caste de investimentos na cultura do país (as axudas á tradución de literatura, por exemplo) e vai e funde cartos de nós sen nos consultar no maldito Xacobeo.

Para colmo queren conviadar ao Bieito XVI!

Haberá que fuxir!
Comentarios (8) - Categoría: De andar pola casa - Publicado o 21-10-2009 20:13
# Ligazón permanente a este artigo
A gran festa da lingua
Aconteceu en Santiago o domingo pasado, 18 de outubro.

A cidadanía manifestouse polo idioma.

Foi unha verdadeira festa, unha inxección de optimismo en medio da escuridade que asolaga o mundo da cultura de nós dende aquel infausto primeiro de marzo no que se celebraron as eleccións que gañou Núñez Feijóo.

Encheuse tres veces a Praza da Quintana.

Non collíamos todos os que alí estabamos.

QUEREMOS GALEGO!

Berramos unha vez e outra máis.

Marabillosas foron as palabras e Avelino Pousa Antelo e Xurxo Souto.

Un día marabilloso!
Que haxa moitos máis!
Que a lingua e nós todos ben o merecemos.
Estou convenciodo de que as cousas poden cambiar para ben dentro dun tempo, igual que o pensa o sociólogo Fermín Bouza na entrevista que publica o semanario A Nosa Terra.
Comentarios (7) - Categoría: Da lingua de nós - Publicado o 20-10-2009 18:37
# Ligazón permanente a este artigo
FAME!
A mala noticia do día, que aínda que agardada é mala sen paliativos:

55 millóns de nenos menores de cinco anos sofren desnutrición aguda en todo o mundo

Cada minuto morren nove meniños

segundo un informe de Médicos sen fronteiras.

Non teño palabras nin quero engadir imaxes!
Comentarios (5) - Categoría: Deste noso mundo inxusto - Publicado o 15-10-2009 17:57
# Ligazón permanente a este artigo
Kirmen Uribe: Txoriak neguan (Paxaros en inverno)
Vealquí a tradución ao castelán do poema de Kirmen Uribe do que falaba no post anterior:


Pájaros en invierno

Nuestra misión era salvar a los pájaros,
salvar a aquellos pájaros atrapados en la nieve.

La mayoría los encontrábamos cerca de la playa,
protegidos por el negro mar.

Los pájaros también eran negros.
Los sacábamos de su escondite y los llevábamos
a casa metidos en los bolsillos.
Pájaros diminutos que apenas cabían en nuestras
pequeñas manos de niño.

Luego, los poníamos junto a la calefacción.
Pero los pájaros duraban muy poco.
En dos o tres horas morían.
Nosotros no entendíamos por qué,
no entendíamos porqué eran tan desagradecidos.
Y eso que les dábamos de comer migas de pan
mojadas en leche y les preparábamos la cama
con bufandas de colores.

En vano, se morían enseguida.

Nuestros padres, enfadados,
nos decían que no lleváramos más pájaros a casa,
que se morían por exceso de calor,
y que la naturaleza es sabia
y que llegaría otra vez la primavera
con sus pájaros.

Nosotros dudábamos por un momento,
quizás nuestros padres tendrán razón.
Sin embargo, al día siguiente volvíamos a la playa
una vez más, a salvar a los pájaros,
aún sabiendo que nuestro esfuerzo no tenía sentido,
que era tan inútil como aquellos copos de nieve que caían al mar.

Y los pájaros seguían muriendo,
los pájaros morían.

Comentarios (3) - Categoría: De literatura - Publicado o 14-10-2009 21:06
# Ligazón permanente a este artigo
De Kirmen Uribe

Hoxe concedéronlle o Premio Nacional de Narrativa a Kirmen Uribe, a quen tiven a honra de coñecer alá polo mes de xuño nos encontros de Mariñán organizados pola Fundación Carlos Casares.

Resultoume unha persoa encantadora e estou moi contento de que le deran o premio pola súa primeira novela.

Recitou Kirmen Uribe en mariñán un poema realmente marabilloso acerca dos paxaros de cheo de sorrisos e amizade.

Veña un grolo por Kirmen!
Comentarios (2) - Categoría: De literatura - Publicado o 14-10-2009 21:00
# Ligazón permanente a este artigo
Cemiterio de Soria: Tumba de Leonor Izquierdo
Fun unha vez a Soria e procurei o cemiterio, preto daquel olmo seco que cantara Antonio Machado:

Antes que te derribe, olmo del Duero,
con su hacha el leñador, y el carpintero
te convierta en melena de campana,
lanza de carro o yugo de carreta;
antes que rojo en el hogar, mañana,
ardas en alguna mísera caseta,
al borde de un camino;
antes que te descuaje un torbellino
y tronche el soplo de las sierras blancas;
antes que el río hasta la mar te empuje
por valles y barrancas,
olmo, quiero anotar en mi cartera
la gracia de tu rama verdecida.
Mi corazón espera
también, hacia la luz y hacia la vida,
otro milagro de la primavera.


Procurei o cemiterio, dicía porque, con verdadeiro morbo, quería ver a tumba de Leonor, a esposa do poeta, morta con apenas vinte anos (e con quen casara aos quince, cando el tiña trinta e catro!)

Atopeina. Estaba sinalizada dende a porta mesma do camposanto!

Convertérase nun especie de altar, meta da pregrinación de devotos do poeta. A xente deixara poemas, debuxos, fotografías e escritos enriba do mármore da lápida.
Comentarios (2) - Categoría: De cemiterios - Publicado o 13-10-2009 21:20
# Ligazón permanente a este artigo
Cemiterios na Costa da Morte
Veño de facer unha viaxe á Costa da Morte cun grupo de grandes amigos e, sen planealo nin pretendelo, visitamos varios cemiterios.

É incríbel como cambiaron os tempos no que a enterramentos se refire.

En Lira, onde comezou a visita, hai tumbas de area adornadas con cunchas da praia.

En Carnota o cemiterio sobordou os lindeiros do adro da igrexa.

En Fisterra conviven preto da estrada do faro dous cimeterios: o tradicional, cheo, e o novo, deseñado por César Portela, na fotografía, onde os veciños non queren enterrar os seus mortos, polo que aínda está por estrear.

Rematamos a viaxe na vila de Noia, no cemiterio onde se poden ver as laudas gremiais da Idade Media.

De regreso a casa baixamos ao que queda do vello mosteiro de San Xusto de Toxosoutos, onde os mortos descansan arrolados polo ruído da auga dunha fervenza.

Que teñan un bo sono!
Comentarios (3) - Categoría: De cemiterios - Publicado o 12-10-2009 20:39
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2]
© by Abertal