Blog do escritor
Xesús Constela

www.xesusconstela.com

info@xesusconstela.com
 CATEGORÍAS
 CUARTO DOS TRASTES
 SALA PARA VISITAS
 SALA DAS PROCURAS
 SALA DOS BLOGS GALEGOS
 NO FAIADO
 ANTERIORES

"Aguadoras" de animada conversa
Isto é a antiga Praza de Armas de Ferrol. Pero que bonita era!

A miña avoa falaba desa fonte chea de "aguadoras" de animada conversa a encher de auga as selas que logo levaban ás casas.

Hai cidades que conseguiron conservar eses vellos lugares como os tesouros que en realidade son... e neses lugares quedaron para sempre impresas esas conversas.

En Ferrol (agás moi curtas excepcións) sempre tivemos a mala sorte de ter como alcaldes cavernícolas que se encargaron de destruír todo o que a cidade tiña (e ten) de fermoso, que non é pouco.
Comentarios (0) - Categoría: Do que estou a falar cando falo de min - Publicado o 29-01-2014 19:16
# Ligazón permanente a este artigo
Abrir fiestras nos encerados
Levamos moitos anos os ensinantes a ver como a sociedade, animada pola clase gobernante, desprestixia o nosos traballo...

Levamos moito tempo a aturar críticas moi malintencionadas que o único que agachan é baleirar de contido o noso cometido no mundo para facer ver á sociedade que somos tan prescindíbeis que se nos pode recortar o salario até que non poidamos nin respirar...

Levamos moito tempo a traballar en circunstancias cada vez máis difíciles para acadar un mínimo de éxito...

Pero sigo a pensar que somos quen de abrir fiestras nos encerados para que o noso alumnado poida pensar e poida ver máis aló das paredes das aulas...

Somos mestres...

en ver a través dos muros

Por iso facemos o que facemos sen descanso

con ilusión

e a moita honra!
Comentarios (0) - Categoría: Deste noso mundo inxusto - Publicado o 28-01-2014 11:13
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal