Blog do escritor
Xesús Constela

www.xesusconstela.com

info@xesusconstela.com
 CATEGORÍAS
 CUARTO DOS TRASTES
 SALA PARA VISITAS
 SALA DAS PROCURAS
 SALA DOS BLOGS GALEGOS
 NO FAIADO
 ANTERIORES

Alan Stivell: Ne bado ket atao
Vén a conto dos meus comentarios anteriores acerca da revitalización das miñas prantas recén podadas logo dos milleiros de temporais.

Esta canción de Alan Stivell di no estribillo:

Me lavar ha lavaro
Se ne bado ket atao
Me lavar ha lavaro
Se ne bado ket atao


que en bretón seica quere dicir algo asi coma:

Eu dígolles e direilles
iso non vai durar sempre
Eu dígolles e direilles
iso non vai durar sempre


A canción é unha verdadeira xoia!
(A mágoa é que non din atopado un bo vídeo)








Comentarios (6) - Categoría: Sala de música - Publicado o 30-01-2010 21:28
# Ligazón permanente a este artigo
Das miñas prantas recén podadas
Hoxe botei o día enteiro a podar as miñas prantas e agora que xa é noite vou ir cear con algúns dos meus mellores amigos.

Hoxe botei o día enteiro a podar as miñas prantas logo dos mil temporais que sopraron ao longo do ano sobre a terra maltratada pola auga, polo vento e pola xeada.

Hoxe botei o día enteiro a podar as miñas prantas e sentín que estaba a cortar e peitear os cabelos dun gran amigo, ou dunha gran amiga, que a terra é muller, disque.

Hoxe botei o día enteiro a podar as miñas prantas e teño asensación de que lles din ansias de sobrevivir e rexuvenecerse, de coller forzas para a chegada da primavera en calquera momento que a señorita se digne parecer.

Hoxe botei o día enteiro a podar as miñas prantas e teño as mans manchadas de terra. E sabedes que? Pois que non teño ganas de lavalas!

Hoxe botei o día enteiro a podar as miñas prantas e tiven unha sensación moi gratificante de comezo dunha nova xeira.

Agora xa pode chover outra vez. Pode chover moitas veces máis.

Agora xa poden vir mil vendavais feroces a soprar que as miñas prantiñas están fortes e seguras de si mesmas.

Si.

Fortes e seguras!


Comentarios (5) - Categoría: Pequenas reflexións case furtivas - Publicado o 30-01-2010 20:54
# Ligazón permanente a este artigo
De Galicia trilingüe
Recoméndovos a lectura dun artigo de J. L. Martín-Palacín acerca do Decretazo publicado o pasado día 22 de xaneiro no Xornal de Galicia.

Podédelo ler aquí.

Claro, conciso e moi atinado.
Comentarios (4) - Categoría: Da lingua de nós - Publicado o 29-01-2010 19:52
# Ligazón permanente a este artigo
Da morte de J. D. Salinger
Veño de saber da morte de J. D. Salinger, que tan gratos momentos me fixo pasar con O gardián entre o centeo.

Veña un grolo por el, un grolo enorme de admiración!
Comentarios (4) - Categoría: De literatura - Publicado o 29-01-2010 13:32
# Ligazón permanente a este artigo
Da recomendación de A praia dos afogados
Eva Carpente, visitante diaria deste meu blog, vén de publicar no blog de Galaxia unha recomendación do libro A praia dos afogados, o best-seller de Domingo Villar. Recoméndovos dende aquí a lectura das súas palabras.
Comentarios (4) - Categoría: De literatura - Publicado o 28-01-2010 19:12
# Ligazón permanente a este artigo
Do aniversario da liberación de Auschwitz
Hoxe 27 de xaneiro hai 65 años que as tropas aliadas chegaron ao tristemente tan famoso campo de exterminio.

No ano 2005, a ONU declarou a xornada Día Internacional para Honrar a Memoria das Vítimas do Holocausto.

Canto horror chegou a vivirse dentro do perímetro do campo.

Canto horror chegarían a ver os olliños inocentes deses raparigos que aparecen na fotografía que vos achego, meus pobres!

Nenos expulsados da súa propia infancia...

Que nunca máis se poida repetir nada semellante!

Canta xente no mundo está a vivir hoxendía situacións de fragrante inxustiza!

Moitos son os lugares que me veñen á mente.

Non maís campos como Auschwitz no mundo!

Non!
Comentarios (5) - Categoría: Deste noso mundo inxusto - Publicado o 27-01-2010 23:35
# Ligazón permanente a este artigo
De Pablo Neruda: Oda al día feliz
Non quero que ninguén quede con sabor funerario na boca logo de visitar o meu blog, así que despois do poema de Auden que acabo de colgar achégovos este anaco final da Oda al día feliz de Pablo Neruda.

Que grande era Neruda!

Hoy dejadme
a mí solo
ser feliz,
con todos o sin todos,
ser feliz
con el pasto
y la arena,
ser feliz
con el aire y la tierra,
ser feliz,
contigo, con tu boca,
ser feliz
.



Comentarios (4) - Categoría: De literatura - Publicado o 26-01-2010 19:32
# Ligazón permanente a este artigo
De W H Auden: Funeral Blues

Dos poemas acerca da morte que máis me sorprenderon quizais este de W.H. Auden sexa o mellor porque descrebe de xeito perfecto o sentimento de perda e separación que se sente tras do falecemento dunha persoa.

Desculpádeme a macabrada pero tiña ganas de colgalo hoxe aquí.

Achégovos a versión en castelán, que podedes ler aquí, e unha secuencia da película Catro vodas e un funeral onde un dos personaxes o recita en inglés na súa versión orixinal. (Está subtitulado en portugués para que poidades seguilo)

Que grande era Auden!

Comentarios (2) - Categoría: De literatura - Publicado o 26-01-2010 19:08
# Ligazón permanente a este artigo
Da dimision do Conselleiro de Cultura
Hoxe un grupo de escritores galegos asinaron o seguinte escrito no que piden a dimisión do Conselleiro de Cultura:

O señor conselleiro de Cultura da Xunta de Galicia vén de facer pública, e non por primeira vez, unha análise da cultura galega temeraria e negativa. Antes xa nos ten ofrecido a súa opinión de que “a cultura galega limita”, unha descualificación da nosa mesma identidade colectiva. Deberemos deixar de ter cultura propia, deixar de sermos galegos para non estar “limitados”? Como pode protexer e traballar a prol da nosa cultura quen se expresa con ese fondo complexo de inferioridade identitario? Non pode. Agora precisou máis o diagnóstico, a cultura galega está “ensimesmada e acomplexada”, expresión claramente ofensiva para os creadores e xestores da cultura de Galicia. Pero que, ademais, indica un descoñecemento claro do estado da nosa cultura, tanto no que atinxe ás obras como ao tecido industrial que as sustenta.

Os abaixo asinantes, autores de obras escritas todas elas en lingua galega que foron merecedoras do premio nacional de literatura nas súas distintas modalidades (narrativa, literatura dramática, literatura infantil e xuvenil, tradución e ensaio), consideramos que isto, coma as outras moitas distincións e consideracións que as obras da nosa cultura veñen tendo en toda España e fóra das fronteiras do Estado, negan a insultante e despectiva cualificación do señor Conselleiro.

Estamos verdadeiramente asombrados e fartos de que o conselleiro de cultura do goberno galego desprece sistematicamente a cultura galega, como un auténtico “bombeiro pirómano”.

Consecuentemente, para que desapareza esta pasmosa anomalía, pedimos a dimisión ou cese inmediato de don Roberto Varela como Conselleiro de Cultura do goberno de Galicia, dado que o seu escaso coñecemento e falta de consideración cara a cultura galega veñen evidenciar a nula idoneidade para o posto que ocupa. El ha ser máis feliz lonxe de todos nós, “limitados”, “ensimesmados” e “acomplexados”, e todos nós recuperaremos unha situación que teña un mínimo de cordura.


Trátase dos once escritores que recibiron algún dos chamados Premios Nacionais que anualmente outorga o Ministerio de Cultura (Manuel Rivas, Suso de Toro, Alfredo Conde, Agustín Fernández Paz, Xabier P. Docampo, Xusto Beramendi, Paco Martín, Antón Santamarina, Fina Casalderrey, Manuel Lourenzo e Rubén Ruibal)

Paréceme unha iniciativa moi boa pero tería sido moito máis interesante e aberta se pedisen a sinatura de moitos mais que estariamos dispostos a subscribir completamente o contido do escrito, cousa que tería sido moi doada de conseguir a tarvés da Asociación de Escritores en Lingua Galega, AELG, á que todos pertencemos.

Sexa como sexa dende este recuncho da rede eu tamén quereo pedir A DIMISIÓN DE ROBERTO VARELA!
Comentarios (4) - Categoría: De andar pola casa - Publicado o 25-01-2010 20:42
# Ligazón permanente a este artigo
Festival pola lingua en Pontevedra
Mañá martes 26 ás 20:30 no Teatro Principal de Pontevedra a plataforma Queremos Galego organiza un Festival pola Lingua.

O programa reúne entre outros a:

Adrián Silva, Jorge Alberte, Carlos Fontes, Seminario Permanente de Jazz de Pontevedra, Aíd, Quico Dasilva, TNT, Quempallou ou Marcelo.
Comentarios (2) - Categoría: Da lingua de nós - Publicado o 25-01-2010 16:26
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2] [3]
© by Abertal