Blog do escritor
Xesús Constela

www.xesusconstela.com

info@xesusconstela.com
 CATEGORÍAS
 CUARTO DOS TRASTES
 SALA PARA VISITAS
 SALA DAS PROCURAS
 SALA DOS BLOGS GALEGOS
 NO FAIADO
 ANTERIORES

LILA DOWNS.- La iguana
Non son quen de imaxinar a vida sen música, así queTiñádelo que ver quere ser tamén un lugar onde poderei compatir con todas as miñas visitas aqueles temas ou composicións que máis me gustan e agardo, claro está, as vosas opinións e suxestións.
Unha recomendación: Utilizade as músicas que vou ir propoñendo coma fondo musical para visitardes o resto do blog, que así a viaxe haberá resultarvos máis agradábel.
Os temas ficarán todos arquivados na categoría Sala de música.
Velaí vai, logo, a LILA DOWNS.
Gozade dela.
E veña un grolo por México!:

Comentarios (0) - Categoría: Sala de música - Publicado o 18-01-2009 12:08
# Ligazón permanente a este artigo
REVISTA DAS LETRAS
A Revista das letras do pasado día 15 de xaneiro titúlase Novidades literarias. Quince libros para unha temporada. Unha das novelas recomendadas é o meu Shakespeare destilado.
Non podo menos que agradecer os comentarios que se fan acerca da miña obra.
Grazas mil!
Comentarios (4) - Categoría: De literatura - Publicado o 17-01-2009 12:42
# Ligazón permanente a este artigo
ÁBRESE O PANO
Pola presente declaro inaugurado o meu blog Tiñádelo que ver!
Quedan todos vostedes convidados a ler as miñas intervencións neste espazo de opinión e tamén, como non, a participar coas súas achegas, que sempre serán benvidas.
Tiñádelo que ver é o título dun relato incluído no meu libro As humanas proporcións. A trama do mesmo desenvólvese no interior dun centro comercial onde Megafonía, un personaxe máis, teima en convidar a xente a pasar dunha sección a outra e tamén en crear un fondo ambiental acorde co lugar onde o cliente se atopa en cada momento.
O relato parte dunha miña idea de que o mundo noso, este recunchiño do planeta onde nos tocou vivir (Europa, ou o primeiro mundo, ou chamémolo X), non é moi diferente dun gran centro comercial onde facemos aquilo que se nos manda facer e imos xusto a eses lugares cara a onde se nos manda ir. Comemos aquilo que Megafonía nos obriga a comer e vestimos aquilo que nos obriga a vestir. E pobre de quen saia da ringleira, que vai levar polos catro costados.
E este centro comercial noso está rodeado de pobres por todas partes (África, ou Asia, ou o terceiro mundo, ou chamémolo X tamén), pobres aos que só se lles permite entrar cando os empregados vestidos de verde con cans de presa e material antidisturbios así o permiten, de xeito que, enchoupados de miseria, están condenados a mirarnos a través dos escaparates.
E dentro do centro comercial nós, felices, comemos canto queremos e bebemos a pracer.
Velaí, entón o noso mundo.
Benvidos todos!
Tiñádelo que ver!
Comentarios (6) - Categoría: Xeral - Publicado o 16-01-2009 23:12
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal