Blog do escritor
Xesús Constela

www.xesusconstela.com

info@xesusconstela.com
 CATEGORÍAS
 CUARTO DOS TRASTES
 SALA PARA VISITAS
 SALA DAS PROCURAS
 SALA DOS BLOGS GALEGOS
 NO FAIADO
 ANTERIORES

Da morte de Emili Teixidor
Dixo o escritor catalán Emili Teixidor que:

La literatura, en el fondo, en su raíz, conserva la costumbre preverbal de ayudarnos a construir mundos, un hábito en gran parte visceral, emocional, tan personal e intransferible que a menudo está muy lejos de las interpretaciones puramente lingüísticas

Estou plenamente de acordo!

Veño de saber da morte de quen tan bos momentos me fixo pasar hai moitos anos, a comezos da miña adolescencia co libro Les rates malaltes, que lin en versión en castelán co título de Un aire que mata.

Canto gocei con aquela lectura nun xa tan lonxano verán en Ares, cando aproveitaba para desenvolver esta afección que por sorte nunca me abandonou...

(E en parte non me abandonou grazas a esas lecturas que adorei a comezos da adolescencia)

Grazas, tamén Emili, por esta fantástica historia de posguerra que narraches en Pa negre.



Grazas, Emili, por eses bos momentos.

Vaia un grolo por ti!
Comentarios (0) - Categoría: De literatura - Publicado o 19-06-2012 20:19
# Ligazón permanente a este artigo
Ondas na praia do Norte



(Estas ondas da Praia do Norte, que tiñan unha forza que nos fixo pasar un bo tempo a fitalas ensumidos en nós mesmos, conxelounas Maca para sempre no tempo dende o faro de Nazaré e saiulle esta fotografía que ben podería ser un cadro ao óleo. Non canso de mirala. Nunca cansarei.)


o vento sopraba ben forte

esfiañaba o ar

tinguia a atmosfera de arrecendos salgados

milleiros de sabores

pero que pequenos eramos...

pero que pequenos...
Comentarios (2) - Categoría: Pequenas reflexións case furtivas - Publicado o 18-06-2012 19:30
# Ligazón permanente a este artigo
De Michela Murgia: Accabadora
Recoméndovos a lectura da novela Accabadora da escritora Michela Murgia, que escrebe en italiano (cando ben podía facelo en sardo, non é por nada, aínda que de seguro que vendería menos) e recibiu no ano 2010 o premio Campiello, o máis prestixioso de Italia.

Quen se adentre na novela vai ter ocasión de camiñar da man de Maria Listru, fill'e anima de Bonaria Urrai, polos camiños dunha boa chea de vellas tradicións sardas, moitas das cales aínda perviven na actualidade a pesares da presión da globalización.

Unha desas tradicións é precisamewnte a que dá título á novela: unha accabadora era unha muller que, chamada polos familiares dun enfermo terminal, procedía a acabar coa súa vida para ver de pór fin aos seus sofrimentos.

Quen se adentre na novela vai poder mergullarse no día a día dunha aldea, Sorreni, na que se mantén a misteriosa (e por que non tamén inquedante) figura da "accabadora".

É unha obra de delicada e moi ben construída narrativa trazada da man dunha muller, Michela Murgia) que de seguro que vai dar moito que falar no futuro de seguir polo camiño escollido, unha novela na que se respira a atmosfera (ás veces opresiva, por que non dicilo) da sociedade sarda con todos os seus pros e tamén con todas as súas contras.

Velaquí unhas miguiñas do argumento:

Nos anos cincuenta, na aldea de Sorreni, Cerdeña, Unha vella costureira, Bonaria Urrai, e unha meniña, Maria Listru, unen as súas vidas por medio da antiga tradición sarda da "adopción da alma". A vida da meniña vese transformada por completo da man da súa nova "nai", unha muller chea de segredos, de longos silencios e de estrañas saídas nocturnas...

Trátase unha historia de amor e tamén de piedade, de destinos que se acadan e de destinos que non, un libro conmovedor que sabe facer reflexionar.

Convídovos a lela.

Paga a pena!
Comentarios (0) - Categoría: De literatura - Publicado o 17-06-2012 14:14
# Ligazón permanente a este artigo
De Edward Hopper: Falcóns nocturnos

Velaquí os Falcóns nocturnos de Edward Hopper , un máis que abraiante cadro de 1942 que ten unha capacidade única para convidar a quen o observe a se meter no seu interior...

para escoitar as conversas das persoas que toman unha copa no Phillies pola noite,
para saborear tamén unha copa, como non?
para sentir o son dos coches que pasan pola rúa
para escoitar unha música lonxana a soar
para deixarse hipnotizar polo ulido do tabaco (agora imposíbel) no interior do local
para...

que estará a facer ese home que nos dá as costas?
Que conversa manteñen o camareiro e o home que está acompañado por unha muller?

É noite

As rúas están empezando a ficar desertas

É hora para tomarmos unha copa antes de marchar...

Grazas, Edward Hopper, por convidarnos a soñar!

Comentarios (2) - Categoría: Casa Van Gogh - Publicado o 11-06-2012 13:18
# Ligazón permanente a este artigo
Caetano Veloso e Maria Gadú: Beleza Pura
Solange agasállame con esta magnífica canciçon para a que non teño comentarios.

Fabulosa!

Caetano Veloso e Maria Gadú: Beleza Pura

Comentarios (2) - Categoría: Sala de música - Publicado o 09-06-2012 19:04
# Ligazón permanente a este artigo
De Gabriel Celaya: La poesía es un arma cargada de futuro!
A que xogos se entrega o subconsciente pola noite?

Que fai que unha mañá espertemos cunha imaxe, un pensamento, unha lembranza, unha canción, un poema na cabeza?

Hoxe, nesta xornada de ceos grisallos abrín os ollos con este poema de Gabriel Celaya a camiñar polo meu pensamento.

La poesía es un arma cargada de futuro!

Cuando ya nada se espera personalmente exaltante,
mas se palpita y se sigue más acá de la conciencia,
fieramente existiendo, ciegamente afirmado,
como un pulso que golpea las tinieblas,

cuando se miran de frente
los vertiginosos ojos claros de la muerte,
se dicen las verdades:
las bárbaras, terribles, amorosas crueldades.

Se dicen los poemas
que ensanchan los pulmones de cuantos, asfixiados,
piden ser, piden ritmo,
piden ley para aquello que sienten excesivo.

Con la velocidad del instinto,
con el rayo del prodigio,
como mágica evidencia, lo real se nos convierte
en lo idéntico a sí mismo.

Poesía para el pobre, poesía necesaria
como el pan de cada día,
como el aire que exigimos trece veces por minuto,
para ser y en tanto somos dar un sí que glorifica.

Porque vivimos a golpes, porque apenas si nos dejan
decir que somos quien somos,
nuestros cantares no pueden ser sin pecado un adorno.
Estamos tocando el fondo.

Maldigo la poesía concebida como un lujo
cultural por los neutrales
que, lavándose las manos, se desentienden y evaden.
Maldigo la poesía de quien no toma partido hasta mancharse.

Hago mías las faltas. Siento en mí a cuantos sufren
y canto respirando.
Canto, y canto, y cantando más allá de mis penas
personales, me ensancho.

Quisiera daros vida, provocar nuevos actos,
y calculo por eso con técnica qué puedo.
Me siento un ingeniero del verso y un obrero
que trabaja con otros a España en sus aceros.

Tal es mi poesía: poesía-herramienta
a la vez que latido de lo unánime y ciego.
Tal es, arma cargada de futuro expansivo
con que te apunto al pecho.

No es una poesía gota a gota pensada.
No es un bello producto. No es un fruto perfecto.
Es algo como el aire que todos respiramos
y es el canto que espacia cuanto dentro llevamos.

Son palabras que todos repetimos sintiendo
como nuestras, y vuelan. Son más que lo mentado.
Son lo más necesario: lo que no tiene nombre.
Son gritos en el cielo, y en la tierra son actos.


Velaquí o poema con música de Paco Ibáñez:

Comentarios (4) - Categoría: De literatura - Publicado o 09-06-2012 12:45
# Ligazón permanente a este artigo
Dun Aladino e la lampada meravigliosa de 1951
Nell'antica capitale dell'Impero Cinese viveva in altri tempi un bravo sarto chiamato Nang-Fho.
Quando meno se lo aspettava, la Morte si portò via Nang-Fho, lasciando sua moglie e suo figlio Aladino sull'orlo della miseria...


Estas son as primeiras palabras desta versión italiana de Aladino e la lampada meravigliosa que gardo coma un tesouro na miña biblioteca.

Chegou ás miñas mans a través dun libreiro de vello da cidade de Barcelona alá polo ano 1987 máis ou menos.

Trátase dunha edición española (da Sociedad anónima de ediciones de Barcelona) do ano 1951 para o público italiano.

E que ten de interesante esta edición ademais da historia de tan exótica Aladino e a súa tan famosa lámpada que agachaba un xenio no seu interior?

Pois ten de interesante que é un libro da coleccióin Teatrini, ou sexa un libro que se pode ler e tamén ver coma se cada dúas páxinas se convertesen no escenario dun pequeno teatro.

Raccomandazione per una vivace visione (dise na primeira páxina):
E opportuno orientare il libro in modo che la luce naturale od artificiale entre nella escena dall'alto.

Cada vez que abro esta pequena xoia dou en imaxinar os ollos dunha morea de nenos e nenas (que nunca coñecerei) a deixarse abraiar polas escenas da historia de Aladino deste inusual teatro que se agacha nas follas do libro... e síntome na súa compaña.

Vaia un grolo por Aladino!

Comentarios (0) - Categoría: Libros antigos da miña biblioteca - Publicado o 02-06-2012 19:56
# Ligazón permanente a este artigo
Do encontro en Rodeira acerca do Libro das alquimias
Dende o IES de Rodeira (Cangas) envíanme me este enlace (e esta fotografía que achego) para poder acceder aos comentarios que os rapaces do club de lectura redactaron acerca do meu encontro con eles o pasado vinte e catro de xuño para falarmos do Libro das alquimias.

Volvo insistir unha vez máis no meu agardecemento a todos/as os/as integrantes dese club de lectura polo ben que o pasei na súa compaña.

Só por eses momentos paga a pena ser escritor!

Comentarios (5) - Categoría: Dos meus libros - Publicado o 02-06-2012 19:14
# Ligazón permanente a este artigo
Dos libros nos andeis das librarías
Velaquí unha fotografía que fixo meu fillo nunha libraría da cidade de Vigo hoxe pola mañá: a miña novela 15.724 comparte andel con Agustín Fernández Paz, Pere Tobaruela e Valentín Paz Andrade...

Vaia honra, non?

Imaxinades que pasaría se de verdade, tal como conto no meu Libro das alquimias os libros tivesen a capacidade de voar?

E se puidesen tamén falar?

Que lle contaría o protagonista de 15.724, Samuel R. aos personaxes dos outros libros cos que compartiría conversa?

De seguro que cando o último empregado sae desa libraría de Vigo e fecha a porta até a mañá seguinte os libros dos andeis todos comezan unhas conversas que nos deixarían abraiados a nós, os seus autores.

Canto daría por poder escoitalas!
Comentarios (0) - Categoría: Pequenas reflexións case furtivas - Publicado o 02-06-2012 18:58
# Ligazón permanente a este artigo
Polo Día das letras para Roberto Vidal Bolaño
Un grupo de persoas que está recollendo apoios para presentar perante a Real Academia Galega a proposta de que o Día das Letras Galegas de 2013 lle sexa dedicado a Roberto Vidal Bolaño.

O Días das Letras Galegas cumpriu 50 anos. Felicidades. Medio século ben empregado e sen facer moito teatro. Os tempos deberían ser chegados para ese xénero que segue sendo literario. Cincuenta anos pasaron polo Día e trinta polo teatro galego e a súa profesionalización. É tempo suficiente para ter comprobado a importancia do teatro na cultura galega e tempo suficiente para valorar como contribuíu a escena galega á revitalización da lingua e a darlle un uso actual, contemporáneo e habitable.

Cincuenta anos despois do Día e trinta anos despois da romería chegamos a 2013 e damos coa cifra, tráxica en calquera caso, dos 11 anos da morte, que non desaparición, de Roberto Vidal Bolaño. Igual cadran as contas porque para falar de literatura, de teatro e de lingua non hai exemplo mellor que Vidal Bolaño: practicou a lingua e o teatro, o teatro da lingua, a lingua do teatro con toda a contundencia que lle foi dado e, algunhas veces, moito máis. As súas necrolóxicas de hai máis dunha década xa o sentenciaron como o máis importante autor galego de teatro e, once anos despois, a súa obra non deixou de medrar. Unha obra que comeza cos símbolos e acaba na realidade, nun proceso de interpretación dese lugar onde o mundo se chama Galicia que poucos autores, de teatro, narrativa ou poesía, poden igualar. Ese é o camiño que vai de Bailadela da morte ditosa a Rastros.

Hai motivos. Moitos. Un por cada espectador que RVB levou ao teatro no pasado e outro por cada espectador que levará no futuro. Pero hai outro fundamental que garda relación intensa co prexuízo de que é ou que deixa de ser literatura. Se colocamos nunha ringleira a obra toda de RVB: Laudamuco, Bailadela, Saxo Tenor, Días sen gloria, Anxeliños, Animaliños, Criaturas, Rastros, As actas escuras, por exemplo, ¿hai moitas obras comparables? Escribir teatro tamén é de escritores.

Aínda habería máis porque RVB foi unha figura da escena e, polo tanto, foi actor e director, pero foi actor de televisión e de cine e esas circunstancias implican unha biografía pública próxima aos espectadores, unha biografía con moitos atractivos e cun obxectivo que aínda hoxe resulta útil ou, quizais, sexa hoxe máis útil que nunca: explicarnos para ben e para mal como é o mundo visto desde o teatro de aquí. Como é o mundo desde Galicia.

Podedes mostrar as vosas adhesións a través dos correos:
antondobao@telefonica.net
robertovidalbolanho@gmail.com

Veña un grolo pola iniciativa e outro por Roberto Vidal Bolaño!
Comentarios (1) - Categoría: De literatura - Publicado o 28-05-2012 18:40
# Ligazón permanente a este artigo
[1] ... [5] [6] [7] 8 [9] [10] [11] ... [79]
© by Abertal