Blog do escritor
Xesús Constela

www.xesusconstela.com

info@xesusconstela.com
 CATEGORÍAS
 CUARTO DOS TRASTES
 SALA PARA VISITAS
 SALA DAS PROCURAS
 SALA DOS BLOGS GALEGOS
 NO FAIADO
 ANTERIORES

1º día de vida
Pola noite choveu a caldeiros
e os tres melriños durmiron quentiños debaixo do corpo acolledor e agarimoso da nai...

O niño está cuberto por dúas grandes follas de hedra que o protexen da choiva coma se fosen un paraugas...

Sentirán os tres melriños o mesmo que sentimos nós tapados na cama debaixo dun edredón (de plumas tamén) a escoitar a choiva a petar contra do tellado? (Seica non é unha experiencia gozosa de verdade?)

De seguro que senten o mesmo, e iso faime sentir ben.

Xa temos unha cousa en común!

(Teño que procurar un xeito de descubrir o que pensan eses tres pequenos)

*A fotografía, feita co meu móbil porque temos medo de que se asusten do flash da cámara, demostra como xa medraron uns milímetros...
*Deberiamos procurarlles nomes?
Comentarios (2) - Categoría: melros melriños... - Publicado o 15-05-2013 12:04
# Ligazón permanente a este artigo
Da asepsia dos dicionarios
Wikipedia:
O merlo, melro ou merliño (do latín merulu) é a designación común da especie Turdus merula de aves passeriformes pertencentes á familia Turdidae.
Os merlos presentan forte dimorfismo sexual, sendo o macho negro, con peteiro brillante amarelo-alaranxado e un círculo arredor dos ollos. A femia e os poliños teñen dorso negro, ventre pardo-escuro con manchas pardo-claras, e a garganta e a parte superior do peito pardas con manchas abrancazadas. Os poliños teñen o ventre punteado. Esta ave europea paseriforme é omnívora e mide aproximadamente entre 23 e 29 cm

R.A.G.:
s.
Paxaro da familia dos túrdidos (Turdus merula), de plumaxe escura, negra no macho e castaña na femia, co peteiro amarelo e de canto agradable. Ü melro. Os merlos cómennos as cereixas. sin. cochorra, cochosa, cotrosa. A merla alimentaba os merliños

Estraviz:
s. m.

(1) Pássaro da família dos turdídeos de cor negra e bico amarelo-alaranjado (Turdus merula).

(2) Peixe labrídeo mais conhecido por pinto (Labrus merula).

[lat. merulu]

e por fin,
Dicionario de dicionarios:

lede aquí

Que pouco saben os dicionarios de agarimo!
Comentarios (4) - Categoría: melros melriños... - Publicado o 14-05-2013 21:06
# Ligazón permanente a este artigo
Un agasallo para os tres melriños: de Sarah McLachlan, Blackbird
Unha amiga, Eva Lozano, envíame un agasallo para os tres melriños...

Trátase dunha canción de The Beatles interpretada por Sarah McLachlan: Blackbird (que para quen non o saiba quere dicir melro en inglés)

Blackbird singing in the dead of night
Take these broken wings and learn to fly
All your life
You were only waiting for this moment to arise

Blackbird singing in the dead of night
Take these sunken eyes and learn to see
All your life
You were only waiting for this moment to be free


Deduzo da letra da canción catro fermosas palabras para lles ensinar aos tres melriños:

night: noite
free: libre
life: vida
fly: voar

(Que pensarán eles cando llelas diga?)



Achégovos tamén a versión orixinal de The Beatles:



Comentarios (0) - Categoría: melros melriños... - Publicado o 14-05-2013 20:50
# Ligazón permanente a este artigo
Cantiga de berce para tres melriños
Non encontro palabras máis fermosas para lles cantar unha cantiga de berce aos tres melriños agora que cae a noite e todo indica que vai chover a mares...

De Fuxan os Ventos, Melra melriña:

Melra, melriña,
doce asubiar;
trás daquel valo;
fuches pousar;
eu hei sabere
do teu neal (bis).
Anque te agaches
no silveiral,
anque me leves
pra outro lugar;
eu hei sabere,
do teu neal (bis).
Non teñas medo,
non hei roubar,
os paxariños
que quéres gardar
quero sabere
do teu neal (bis).

Biquiño rubio,
lindo asubiar!,
dime ónde gardas
o teu fogar.
Non teñas medo
non hei roubar,
nin os teus fillos,
ni o teu cantar.


Comentarios (0) - Categoría: melros melriños... - Publicado o 14-05-2013 20:32
# Ligazón permanente a este artigo
O día do nacemento
Hoxe romperon os ovos os tres filliños dunha melra que fixo o niño nunha hedra que gabea por unha parede do meu xardín, case en fronte da mesa onde sento acotío para escribir as miñas literaturas.

Pode parecer mentira pero a nova encheu a casa de felicidade.

A nai está a traballar todo o día para ver de procurar cousas coas que alimentar a súa nova familia.

É un traballo incesante porque parece unha nai moi entregada.

Os tres melriños non son moi fermosos, que digamos. Mesmo parece mentira que desas tres cousiñas tan febles e tan escasas de plumaxe poida saír un paxaro tan grácil coma un señor melro adulto.

A casa toda encheuse de melros hoxe pola mañá!

A foto que vos achego está feita co meu móbil e é de escasa calidade... pero mellor iso que nada.

Non quero molestar a familia. A nai podería abndonar o niño e deixar as súas criaturiñas soas perante un fatal desenlace!

Comentarios (0) - Categoría: melros melriños... - Publicado o 14-05-2013 20:17
# Ligazón permanente a este artigo
Agasallo do meu alumnado
No blog Os trasnos dos libros da Biblioteca do IES de Poio, o meu alumnado de 2º de bacharelato fíxome o fermoso agasallo de gravar comentarios acerca de 15.724.

Desexo dar as grazas de corazón aos participantes na elaboración deste agasallo sorpresa e á súa profesora de galego Anxos Rial.

Grazas!
Comentarios (3) - Categoría: Dos meus libros - Publicado o 26-01-2013 12:34
# Ligazón permanente a este artigo
Grazas aos lectores
Dende o máis fondo do meu corazón desexo dar as grazas a todos os lectores que confiastes en min para a lectura da miña novela 15.724.

Grazas tamén por todos os comentarios acerca dela.

Grazas aos críticos que analizaron o seu contido.

E grazas especialmente a todos os que a propuxestes como mellor libro de narrativa para adultos de xeito que quedou como a segunda máis recomendada na Tabela das letras do blog Criticalia de Armando Requeixo no pasado mes de outubro...

e a todos cantos a votastes como mellor novela do ano 2012 de xeito que quedou no sétimo lugar da categoría no blog Fervenzas literarias.

Nada máis grande que a confianza dos lectores!

Grazas, grazas e grazas!

Comentarios (1) - Categoría: Dos meus libros - Publicado o 18-01-2013 11:11
# Ligazón permanente a este artigo
De Angus and Julia Stone: Big jet plane

Para retomar a miña activiade no Tiñádelo que ver neste novo xaneiro das nosas vidas propóñovos Big jet plane, unha fermosa canción dos australianos Angus and Julia Stone:

He said: "hello mister, pleased to meet you"
I wanna hold her, I wanna kiss her
She smelled of daisies, she smelled of daisies
She drive me crazy, she drive me crazy

Gonna take her for a ride on a big jet plane
Gonna take her for a ride on a big jet plane
Hey hey, hey hey


E feliz aninovo! (a pesares de todo o que está a caer por riba de nós)

Comentarios (2) - Categoría: Sala de música - Publicado o 09-01-2013 18:04
# Ligazón permanente a este artigo
Proxecto acerca de Alexandre Bóveda
Un interesante proxecto acerca de Alexandre Bóveda: nha banda deseñada, que coincidirá co 110 aniversario do seu nacemento no 2013.

Se queredes máis información seguide este enlace.
Comentarios (1) - Categoría: De andar pola casa - Publicado o 24-12-2012 12:58
# Ligazón permanente a este artigo
O futuro non está escrito!

Con esta fotografía que fixen nunha rúa da cidade de Nápoles no verán pasado quixera desexar a todas as persoas que visitan este blog que teñan un bo nadal e un feliz aninovo 2013 (dentro do posíbel, claro).

E que todo o mundo lembre que:

O FUTURO NON ESTÁ ESCRITO!
Comentarios (1) - Categoría: Fotos feitas co móbil - Publicado o 23-12-2012 22:09
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal