Blog do escritor
Xesús Constela

www.xesusconstela.com

info@xesusconstela.com
 CATEGORÍAS
 CUARTO DOS TRASTES
 SALA PARA VISITAS
 SALA DAS PROCURAS
 SALA DOS BLOGS GALEGOS
 NO FAIADO
 ANTERIORES

Feitos e dereitos
Feito e dereito.

Iso é o que se di dun home cando xa madurou: un home feito e dereito.

Ou dunha muller: unha muller feita e dereita.

Mesmo se usa esa expresión para falarmos dunha persoa no seu proceso de maduración.

Os tres melriños están, entón, feitos e dereitos. Son adolescentes de pleno dereito (outra expresión que se usa moitas veces)

Quen sabe as conversas que terán entre eles?
Quen sabe da arrogancia con que lles falarán aos pais, entregados aínda a procurarlles comida e a defendelos das teimudas pegas que os axexan?

Ollade esas caras que parecen dicir. Que estás a mirar? Non tes nada mellor que facer? O niño é noso e ti aquí non pintas nada.

Dentro de nada xa non van coller nese espazo que os acolle dende hai dez días, os que tiñan cando está sacada esta foto, o pasado vinte e tres de maio.

Dentro de nada non teremos no xardín nada máis que un niño baleiro.
Comentarios (0) - Categoría: melros melriños... - Publicado o 27-05-2013 10:02
# Ligazón permanente a este artigo
Boca aberta de par en par
Olla de esa boca que parece máis grande có corpo enteiro!

Ollade esa boca aberta de par en par para comer o mundo!

Ollade esa boca que parece querer desfacerse nun berro que non é!

Ollade esa boca que semella botar un beixo xigante ao ar para para quen queira recollelo!

Ollade esa boca-volcán que en troques de lava bota ganas de vivir!

Ollade esa boca que non existe (porque é peteiro)!

Ollade esa boca que agarda polo verme, miñoca, insecto, que lle trae a vida!

(As mortes do verme, da miñoca, do insecto, son a vida do melriño.)

Ollade esa boca que quere con todas as forzas vivir!

*A foto, de escasa calidade por estar feita cun móbil a un paxaro en movemento, corresponde ao sétimo día de vida dos melriños e está sacada o día 20 de maio.
Comentarios (2) - Categoría: melros melriños... - Publicado o 26-05-2013 12:58
# Ligazón permanente a este artigo
O pai das tres criaturas
Velaquí unha fotografía que conseguín facerlle ao orgulloso pai dos tres melriños no único momento en que por fin estivo parado uns segundos.

A nai e máis el teñen unha vida realmente movida dende que naceron os tres fillos:
procurar comida polo xardín adiante
levar a comida (maioritariamente miñocas e outros vermes) ao niño (supoño que logo de desfacela dalgún xeito para repartila equitativamente entre os tres, como debe ser)
saír do niño a toda velocidade para procurar máis comida para os tres famentos

e

o peor de todo:
DEFENDER A CASA!

Non hai pega que se achegue ao niño. Entre a nai e mais el trazaron nop nosos xardín unha especie de cordón de seguridade arredor do niño e cada vez que unha pega se aproxima a ese cordón imaxinario lánzanse contra dela furiosos coma dous proxectís.

E, moi importante, nunca voan preto dos tres pequenos porque non queren que ninguén saiba onde teñen o niño agachado.

Verdadeiramente son dous paxaros moi listos.

Por certo, que non dabía eu desa fonda enemistade entree pegas e melros.

NOTA: Antes as pegas gustábanme pero agora estou empezandio a terlles algo de manía.
Comentarios (1) - Categoría: melros melriños... - Publicado o 24-05-2013 20:14
# Ligazón permanente a este artigo
De George Moustaki:
O día do teu pasamento, George Moustaki, quixera agradecerche de todo corazón todas as veces que me fixeches soñar na adolescencia...

Ma liberté
Longtemps je t'ai gardée
Comme une perle rare
Ma liberté
C'est toi qui m'as aidé
A larguer les amarres
Pour aller n'importe où
Pour aller jusqu'au bout
Des chemins de fortune
Pour cueillir en rêvant
Une rose des vents
Sur un rayon de lune

Ma liberté
Devant tes volontés
Mon âme était soumise
Ma liberté
Je t'avais tout donné
Ma dernière chemise
Et combien j'ai souffert
Pour pouvoir satisfaire
Tes moindres exigences
J'ai changé de pays
J'ai perdu mes amis
Pour gagner ta confiance

Ma liberté
Tu as su désarmer
Mes moindres habitudes
Ma liberté
Toi qui m'as fait aimer
Même la solitude
Toi qui m'as fait sourire
Quand je voyais finir
Une belle aventure
Toi qui m'as protégé
Quand j'allais me cacher
Pour soigner mes blessures

Ma liberté
Pourtant je t'ai quittée
Une nuit de décembre
J'ai déserté
Les chemins écartés
Que nous suivions ensemble
Lorsque sans me méfier
Les pieds et poings liés
Je me suis laissé faire
Et je t'ai trahie pour
Une prison d'amour
Et sa belle geôlière

Et je t'ai trahie pour
Une prison d'amour
Et sa belle geôlière


Comentarios (2) - Categoría: Sala de música - Publicado o 23-05-2013 21:26
# Ligazón permanente a este artigo
Chegan as plumas
Chegan as plumas e as ás xa parecen verdadeiras ás...

Isto vai a unha velocidade enrome!

Agora as tres formas estrañas (e feas, por que non dicilo?) que apareceron no niño hai seis días xa teñen forma e pinta de paxaros!

Vou dedicarlles as catro primeiras estrofas do poema Trece xeitos de ollar un merlo de Wallace Stevens, un escritor americano da primeira metade do século XX, contemporáneo de T. S. Elliot.

Velaquí, entón, en tradución miña, os catro primeiros xeitos de ollar un merlo:

1
En medio de vinte montes nevados
o único que se movía
era o ollo dun merlo.

2
Eu era de tres pareceres,
coma unha árbore
na que hai tres merlos.

3
O merlo caracoleaba nos ventos do outono.
Era unha parte moi breve da pantomima.

4
Un home e unha muller
son un.
Un home e unha muller e un merlo
son un.


Cando leades estes versos tede, por favor, na mente os tres melriños do noso xardín.
Comentarios (1) - Categoría: melros melriños... - Publicado o 20-05-2013 20:31
# Ligazón permanente a este artigo
A durmir mentres os pais traballan sen descanso.
Ollade que fermosura os tres melriños a durmir...

Xa son máis do dobre que cando naceron! e xa van tendo realmente pintas de paxaros. De seguro que van ser tres melros moi fermosos!

Dá gusto velos durmir con eses seus non-ollos sempre pechados.

O que está na parte superior da foto, Leroy, agasalla cunha pracidez que dá envexa, non credes?

Que me dicides desas extremidades que xa van collendo a forma dunhas ás que lles van permitir o gran pracer de voar?

Entrementres os melriños durmen arrecunchados no pracer do niño...

Os pais teñen desenvolven unha actividade frenética.
Non paran!

Mamá melra ten unha cor acastañada moi escura e é un pouco maís pequena que papá melro. Pero non por iso é menos forte, non vaiades pensar!

E a que se dedican ao longo do día?

Visitan o niño por quendas con comida nos bicos para lles dar aos seus tres voraces pequenos.

Iso por unha banda, porque por outra realizan unhas fatigosas tarefas de vixianza.

Non hai unha soa pega que se achegue ao noso xardín que non teña que escapar a toda velocidade pola presión exercida polos melros...

Pai e nai se botan contra delas a toda velocidade até que xa se perderon na disatancia.

Iso é amor.

Amor en estado puro!

*A imaxe que achego, feita co móbil para non asustar os pais con flashes de cámara corresponde ao día dezaoito de maio, onte. Os melriños tiñan cinco días.
Comentarios (3) - Categoría: melros melriños... - Publicado o 19-05-2013 21:25
# Ligazón permanente a este artigo
Agradecemento a Roberto Vidal Bolaño
Tiña eu así como quince ou dezaseis anos (xa non lembro) e aquilo era o que hoxe é o Instituto Sofía Casanova de Ferrol (daquela Instituto Feminino).

A cooperativa Teatro do Estaribel (Andrómena e Antroido) tivera a iniciativa de facer teatro cinco días seguidos por ver de conseguir un teatro estábel nas cidades de Galicia.

Representaban a marabillosa Bailadela da morte ditosa do sempre grande Roberto Vidal Bolaño. Actuaban Bernaldo Corral, Luma Gómez, Miguel Insua, Laura Ponte e o propio Roberto Vidal Bolaño e dirixía Eduardo Alonso.

Os meus ollos adolescentes leváronme a vela dous días seguidos. Tan fermosa me pareceu!

Lembro con perfecta claridade aquela escenografía que rozaba a perfección montada encol dunha especie de enorme cama elástica...

Quizais querías facernos ver que a vida é tamén unha sorte de retorto camiño que nin é chan nin é sólido...

(Teño gardado o programa de man coma un grandioso tesouro)

Grazas de corazón, Roberto, finado tan novo que non puidemos seguir a gozar da túa man de artesán da palabra e do xesto, artesán do TEATRO con enormes letras maiúsculas!
Comentarios (0) - Categoría: De literatura - Publicado o 17-05-2013 13:46
# Ligazón permanente a este artigo
Do día das Letras
Por un Día das Letras non festivo
Por un Día das Letras de librarías abertas
Por un Día das Letras con libros na rúa
Por un Día das Letras dedicado aos autores vivos...

Achégovos o artigo que publiquei en Sermos Galiza hai dezanove días:

Vaia por diante que non me gusta que se celebre un Día das Letras Galegas, e moito menos que a xornada sexa festiva. Non me gusta nada.

Non me gusta que os xornais que ao longo do ano levan todo o seu contido en castelán ese día publiquen as portadas en galego coma unha concesión á cultura de nós. Paréceme unha tomadura de pelo!

Non me gusta que se conmemore a morte de alguén falecido como mínimo dez anos antes porque odio esa cultura funeraria. E ódioa porque son partidario das homenaxes para as persoas vivas, especialmente para todas esas persoas que con vida tecen nas mans poemas, novelas, obras de teatro, ensaios tamén abraiantemente cheos de vida.

Como pode ser que neste país de nós non exista un gran premio nacional de literatura para todas esas persoas que consagran a vida enteira a nos facer gozar do seu traballo de calidade inmensa? E non falo dun recoñecemento honorífico (que está moi ben) senón dun galardón dotado cunha boa cantidade de cartos que sirvan para expresar o agradecemento do pobo todo ao labor de poetas, narradores, ensaístas, dramaturgos, literatos en fin, que con eorme dignidade van deixar a súa pegada na nosa historia común?

Non me gusta o Día das Letras Galegas. Nin o nome me gusta.

E aínda me gusta menos que se declare festivo porque iso supón que para a meirande parte da poboación acabe convertida nun día de sol e praia.

Sinto unha tremenda envexa desas rúas da cidade de Barcelona ateigadas de xente a comprar libros o vinte e tres de abril na Diada de Sant Jordi (O ano pasado arredor de millón e medio de exemplares!). E sinto unha envexa que é directamente proporcional á mágoa que me dá ver as librarías de nós todas pechadas nese maldito Dia das Letras Galegas festivo!

Nada. Non me gusta nada!
Comentarios (2) - Categoría: Da lingua de nós - Publicado o 17-05-2013 13:22
# Ligazón permanente a este artigo
Outra cantiga de berce: De Vox Angeli, Le merle
Outro novo agasallo para os tres melriños, de Vox Angeli a canción Le Merle para que teñan un sono feliz...

Un oiseau siffle dans les branches
Et sautille gai, plein d'espoir,
sur les herbes, de givre blanche,
En bottes jaunes, en frac noir.

Pourtant il vente, il pleut averse ;
L'Arve jaunit le Rhône bleu,
Et le salon , tendu de perse
Tient tous ses hôtes près du feu.
C'est un merle chanteur crédule,
Ignorant du calendrier,
Qui rêve soleil, et module
L'hymne d'avril en février.

Lustrant son aile qu'il essuie,
L'oiseau persite en sa chanson,
Malgré neige, brouillard et pluie,
Il croit à la jeune saison.

Il gronde l'aube paresseuse
De rester au lit'si longtemps
Et, commandant la fleur frileuse,
Met en demeure le printemps.

C'est un merle chanteur crédule,
Ignorant le calendrier,
Qui rêve soleil, et module
L'hymne d'avril en février.


Comentarios (0) - Categoría: melros melriños... - Publicado o 16-05-2013 18:13
# Ligazón permanente a este artigo
Por fin un rostro!
Por fin o primeiro rostro!

Menos mal! Alguén que non ten cara parece non existir.

Será este quizais o máis valente dos tres melriños e por iso ergue a cabeza á procura de algo que meter no peteiro?

Por certo, ollade o tamaño dese peteiro!

É case a parte maís grande do seu corpo!

E os non-ollos...

Que me dicides dos non-ollos, desas boliñas que aparecen na súa cabeza, máis grandes do que cabía agardar?

Que me dicides dese seu querer ver, desas súas ganas de contemplar as cousas?

Non parecen ansiosos por abrirse ao mundo?

*Fixádevos, por outra banda, de que xa ocupan case o dobre de espazo no niño se comparamos o seu tamaño co que tiñan o día que romperon os cascaróns.
*Os nomes. Aínda non teñen nome!
Tiven varias propostas:
-Daniel, Álvaro e Rosalía
(pero non sabemos os seus sexos)
-Plácido, Luciano e Josep
(como Os Tres Tenores. Non me convence)
-Güero, Chucho e Avilés
(coma o trío Los Panchos. Gústame o de Chucho, que tamén me lembra a Chucho Valdés. Quizais quede con este para un dos tres)
Outro nome que barallo por simpático é Leroy, polo de Leroy Merlin...)
Teño ganas de saber se son machos ou femias.
Comentarios (1) - Categoría: melros melriños... - Publicado o 16-05-2013 17:34
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal