|
|
|
|
De Rudyard Kipling: Se |
|
Rudyard Kipling (1865-1936) escribiu este poema para darlle unha mensaxe a seu fillo.
Unha gozada.
SE podes conservar a cabeza mentres ao teu redor
todos a perden e che botan a culpa;
se podes confiar en ti mesmo cando os demais dubidan de ti,
pero ao mesmo tempo tes en conta a súa dúbida;
se podes agardar e non cansar na espera,
ou sendo enganado polos que te arrodean non pagas con mentiras,
ou sendo odiado non deixas espazo para o odio
e non queres parecer demasiado bo nin falar con moita sabedoría...
SE podes soñar e non deixar que os soños te dominen;
se podes pensar e non comentar os teus obxectivos;
e tratar estes dous dous impostores do mesmo xeito;
se podes aturar escoitar a verdade que dixeches
terxiversada polos malandros para tenderen unha trampa aos necios,
ou contemplar esmagadas as cousas ás que dedicaches a túa vida
e poñerte a reconstruílas coas ferramenmtas desgastadas...
SE podes facer a equipaxe con todos os teus trunfos
e arriscalo todo dunha vez a unha soa carta,
e perder, e comezar de novo dende o principio
e non deixar escapar nunca unha soa palabra acerca da túa pérdida;
e se podes obrigar o teu corazón, os teus nervios e os teus músculos
a axudarte no camiño despois de teren perdido a forza,
agás a vontade que lles di "Seguide"...
SE podes falar coa multitude e teimar na virtude
ou camiñar entre Reis e non perderes a túa maneira de ser;
se nin os inimigos nin os bos amigos poden facerche dano,
se todos os homes contan contigo pero ningún demasiado;
se podes empregar o inexorábel minuto
en percorrer unha distancia que valga os sesenta segundos
túa é a Terra e todo o que hai nela,
e ,aínda máis, serás un home, fillo.
|
|
|
|
3 Comentario(s) |
|
1 |
Unha boa listaxe de consellos, completa e eficaz, si señor!!
Quen me dera que todos os pais e nais aconsel#blgtk08#lasen así aos seus fillos. Que sociedade modélica non sairía diso...
Un grolo pola sabedoría de Kipling!! |
|
|
Comentario por Eva Lozano (28-04-2011 16:42) |
|
|
2 |
Sábio mesmo este poema!
É o que mais precisamos: Pais que conversem, que acompanhem e aconselhem seus filhos!
Hoje, nestes dias de modernidade, onde não se #blgtk08#há tempo pra nada, e tudo se substitui, deixa-se valores importantíssimos para trás. Como consequência, vemos dia após dia, filhos crescendo sozinhos e cada um por si... |
|
|
Comentario por Solange Villamar Couto (28-04-2011 21:04) |
|
|
3 |
Cando era mozo e leín a Kipling empecei a ter curiosidade e #blgtk08#admiración polo mundo oriental, particularmente pola India. |
|
|
Comentario por Guereñu (11-11-2012 00:53) |
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|