Blog do escritor
Xesús Constela

www.xesusconstela.com

info@xesusconstela.com
 CATEGORÍAS
 CUARTO DOS TRASTES
 SALA PARA VISITAS
 SALA DAS PROCURAS
 SALA DOS BLOGS GALEGOS
 NO FAIADO
 ANTERIORES

As partes da flor
Quizais pola calor e a luz do día...

Quizais polo intenso arrecendo de xasmín que se respiraba ao mediodía no xardín da miña casa...

hoxe veume á cabeza a imaxe dunha das miñas primeiras mestras cando au debía de ter como cinco anos e estaba aínda no que hoxendía é a educación infantil.

Chamábase Tere (Señorita Tere).

Un día pintou no encerado unha flor enorme con moitas cores para nos explicar cales eran as súas partes.

Xa sabedes, aquilo de pistilo, corola, cáliz, pétalos, sépalos e todo iso tan difícil para a mente dun meniño pequeno como eu era daquela.

Imaxinade a capacidade daquela Señorita Tere para entrar na mente dos nenos que nunca se me borrou da cabeza a imaxe daquela flor.

Explicou tan ben aquilo dos insectos a entrar nas flores atraídos polo seu aroma...

que sempre desexei ser un deses insectos!

Quixera dende aquí facer unha homenaxe a todos e eses mestres e a todas esas mestras que igual que a miña querida Señorita Tere son capaces de entrar con forza e con moitos agarimo nas mentes dos seus alumnos.

Grazas, Señorita Tere.

E grazas, flores polos vosos aromas!
Comentarios (4) - Categoría: Pequenas reflexións case furtivas - Publicado o 03-04-2011 21:25
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
4 Comentario(s)
1 É unha profesión que enche de orgullo. Pensar que o que saben os alumnos é grazas a ti é algo impresionante, e se aínda por riba teñen un bo recordo de ti xa é a gloria!! Unha casualidade, pero hoxe fun ao concerto dunha ex-alumna que agora ten un grupo, é cantante! Er#blgtk08#a unha nena e agora xa é unha muller! O cariño mutuo que nos temos é marabilloso!!! Iso é o que reconforta e demostra que paga a pena o esforzo por facer que aprendan mentres nós tamén aprendemos deles e nos enchemos da súa xuventude! Boto de menos exercer, en serio...
Comentario por Eva Lozano (04-04-2011 00:34)
2 Ademais de encher de orgullo, enche de agarimo e fai ver a vida doutro xeito.
Suscribo o que di Eva e engado que son as propias crianzas as que fan o milagre, pois ensínannos a adaptarnos continuamente aos cambios,#blgtk08# a buscar recursos para chegar a elas...
Sigo sentindo tristura cando chega o último día do curso e marchan para outras aulas. É coma se marchase con elas unha parte da miña vida.
Grazas a ti, pola homenaxe.
Comentario por A nena do paraugas (04-04-2011 07:04)
3 Sem dúvida é brilhante quando conseguimos ainda recordar de professores que de alguma forma nos tenha deixado marcas.Eu lembro-me bem da minha, do primeiro ano de escola, chamava-se Vanda, e uma delicadeza sem igual. Quantas vezes pegou na minha mão para ajudar-me a fazer a letra bem redondinha...Foi maravilhosa! Talvez eu tenha me inspirado nela, pois até hoje ainda pego na mão de meus alunos para que eles façam a letra bem redondinha!
Tenho alguns que já foram m#blgtk08#eus alunos e, que as vezes nos cruzamos pelo caminho, e eu já não me recordo, pois eles cresceram, mas eles vem até mim e lembram-se.
É gratificante este amor recíproco.
Os alunos são como filhos. As vezes a dedicação à eles é até maior do que os filhos de sangue, pois muitos deles não tem o que precisam dentro de casa.
A atenção, o carinho,o amor, são peças fundamentais para a formação e para as recordações!
Obrigada pela homenagem Xesús!
Comentario por Solange Villamar Couto (04-04-2011 14:43)
4 My step-brother ultimately was presented the lady's Rep#blgtk08#lica handbags in the course of Affectionate nighttime.
Comentario por Replica handbags (13-07-2013 05:41)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal