Blog do escritor
Xesús Constela

www.xesusconstela.com

info@xesusconstela.com
 CATEGORÍAS
 CUARTO DOS TRASTES
 SALA PARA VISITAS
 SALA DAS PROCURAS
 SALA DOS BLOGS GALEGOS
 NO FAIADO
 ANTERIORES

Máis aló da miña fiestra
Que vexo máis aló do cristal da miña fiestra?

A chuvia teimuda a mollar o campo paseniño

As margaridas a sorrir fachendosas aínda que molladas (a auga non só serve para chorar, a quen se lle ocorrería semellante idea?)

A glicinia a pintar no ceo a valentía dos seus primeiros acios de flores púrpuras

A miña querida maceira salvaxe rodeada de continuo de avespas a chucharen os segredos agachados no interior das corolas das súas floriñas brancas (un paraíso de ulidos)

Un intento da primavera para reconstrírse unha vez máis

(poderosa ela)

Todo iso máis aló da miña fiestra



Comentarios (5) - Categoría: Pequenas reflexións case furtivas - Publicado o 30-03-2011 12:44
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
5 Comentario(s)
1 Aquí xa temos as primeiras amapolas que acabarán formando campos vermellos... As flores das amendoeiras xa se converten #blgtk08#en follas verdes, e todo está máis verde ca nunca, entre os campos e as árbores... Fermosa primavera, canta alegría dá!!
Comentario por Eva Lozano (30-03-2011 12:51)
2 Moita. Non só entra ela con forza nas nosas vidas senón#blgtk08# que aínda por riba nos anuncia o verán! Benvida sexa!
Comentario por Xesús Constela (30-03-2011 12:53)
3 Como não tenho esta paisagem maravilhosa olhando pela minha janela, me realizo, olhando pela sua! Que linda a primavera!
Que as cores da#blgtk08#s flores, o verde da grama, a chuva teimosa, traga sempre inspiração para belas reflexões e poemas, em primaveras que entram e saem...
Comentario por Solange Villamar Couto (30-03-2011 17:37)
4 Benvida#blgtk08# sexa!
Comentario por Xesús Constela (30-03-2011 18:47)
5 Now that you've got an uncertain notion of a lot of these Rolex Replica w#blgtk08#atches, is it not about time you ought to got some of which on your own?
Comentario por Replica Rolex (13-07-2013 05:39)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal