Blog do escritor
Xesús Constela

www.xesusconstela.com

info@xesusconstela.com
 CATEGORÍAS
 CUARTO DOS TRASTES
 SALA PARA VISITAS
 SALA DAS PROCURAS
 SALA DOS BLOGS GALEGOS
 NO FAIADO
 ANTERIORES

Das saudades da vida
TEÑO SAUDADE, ás veces, da miña propia voz cando era un meniño, da miña mente aínda non domada, dos meus risos, dos xogos na rúa, da complicidade dunhas amizades que semellaban eternas, infindas.

TEÑO SAUDADE da primeira vez que amei e me sentín poeta capaz de cantar o amor nos máis abraiantes poemas que nunca deica entón se escribiran.

TEÑO SAUDADE das revolucións polas que tanto loitei na mocidade e nunca chegaron. (Como se pode ter saudade de algo que non foi?), das longas conversas onde se debatía o devir do mundo e a necesidade de cambialo todo, que nada valía, que todo era caducidade.

TEÑO SAUDADE da fraxilidade das ideas, das palabras, dos conceptos, das consignas, que escachan cando caen ao chan fráxiles coma pequenas alfaias.

TEÑO SAUDADE da ilusión nos ollos, da forza do berro, da loita pola reafirmación de min mesmo.

TEÑO SAUDADE das ganas de abranguer o futuro cos brazos abertos, nunha aperta forte coma esas que se dan na adolescencia.

TEÑO SAUDADE do día en que aprendín a amar de verdade e para sempre.

TEÑO SAUDADE daqueles días en que vin agromar as pegadas que quero deixar no mundo cando marche, a miña humilde pero amada herdanza, o meu agasallo para a humanidade.

TEÑO SAUDADE das súas incertezas da vida cotiá porque ás veces penso que grazas a elas recupero un pouquichiño da nenez e da mocidade.

TEÑO SAUDADE, en fin, do futuro, se é que do futuro se pode ter saudade.
Comentarios (8) - Categoría: Pequenas reflexións case furtivas - Publicado o 25-03-2011 17:30
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
8 Comentario(s)
1 Que sentimento difícil esse! SAUDADE!!
Mas, ainda acho um dos sentimentos mais bonitos, porque é o mais sincero, o mais puro... A saudade é individual, não dá pra repartir!! Quando ela chega, o coração parece que salta pela boca e, as v#blgtk08#ezes machuca!
Eu sinto muitas saudades...Eu sempre sinto muita saudade...E sempre sentirei muita saudade!
Aquele que não sente saudades é egoísta, não tem sentimento.
Sentir SAUDADE é uma grande nobreza e faz bem pro ego!
Comentario por Solange Villamar Couto (25-03-2011 18:36)
2 Totalmente #blgtk08#de acordo.
Comentario por Xesús Constela (25-03-2011 18:39)
3 O concepto que eu teño de saudade é o dun sentimento de añoranza por algo que xa pasou e que nos gustaría que volvese a acontecer. A miña idea da vida, unha evolución constante, un camiño cara á harmonía e o equilibrio, faime non ter saudade de nada. Espero non parecervos eg#blgtk08#oísta por iso. Simplemente, son feliz, acadei o que procuraba, e agora a miña misión é manter este estado. Polo de agora estouno conseguindo e síntome tan ben que todo o que xa pasou son só lembranzas, unhas boas, outras menos boas, pero á fin o camiño que me levou ata aquí.
Comentario por Eva Lozano (26-03-2011 11:57)
4 Nada de egoísmos. Para nada! A min tamén me gusta o meu presente e hei recoñecer que en parte devezo por ver o meu futu#blgtk08#ro, por escribilo do meu puño e letra, máis ben. Pero non digas que non hai cousas do pasado que che gustaría revivir.
Comentario por Xesús Constela (26-03-2011 12:08)
5 Queria me desculpar por ter escrito que a pessoa que não sente saudade é egoísta. Não é minha intenção que todos pensem igual a mim. Esta foi a primeira reação, depois de ter sentido ao mesmo tempo saudades de tantas coisas que fazem parte da #blgtk08#minha vida, que me vem no sentimento.
As vezes penso com a emoção, talvez seja um defeito, mas enfim, eu sou assim.
Saudades cada um sente, interpreta e vive do seu jeito.
Na minha opinião, a saudade tem diversos nomes...
Comentario por Solange Villamar Couto (26-03-2011 12:50)
6 Solange: A emocuión non é nunca un defecto. É un agasallo grande que nos deu a vida. Sería horroroso un mundo cheo d#blgtk08#e persoas sen emocións, de robots sen sentimentos! Nada nos diferenciaría das máquinas. Nada. Non seriamos persoas.
Comentario por Xesús Constela (27-03-2011 13:47)
7 Sei ben o que querías dicir, Solange, non te preocupes, muller, que tes moita razón. Hai moitas interpretacións do termo, e eu o que quero transmitir é a consecución dun fin, que evidentemente conseguín grazas a moitos anos de experiencias moi diversas n#blgtk08#as que podo atopar algunhas que si querería revivir, por suposto, pero non é algo que penso porque en realidade nunca estiven tan ben como estou agora. Nin anos de xuventude nin nada, é agora, chegando aos 40, cando me sinto máis plena e chea de ledicia!
Comentario por Eva Lozano (27-03-2011 16:23)
8 Obrigada pela compreensão Eva!#blgtk08# Você também tem muita razão!!
Comentario por Solange Villamar Couto (27-03-2011 20:39)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal