Blog do escritor
Xesús Constela

www.xesusconstela.com

info@xesusconstela.com
 CATEGORÍAS
 CUARTO DOS TRASTES
 SALA PARA VISITAS
 SALA DAS PROCURAS
 SALA DOS BLOGS GALEGOS
 NO FAIADO
 ANTERIORES

Sidra con sabor de amizade
Hoxe tivemos a honra de probarmos as primeiras botellas da sidra do Lagar de Ribela, unha sidra que dende hai xa varios anos cada mes de outubro nos convoca en Trabadela entre o ulido de mazás, o sabor de mosto e a sempre agradecida calor da boa amizade.

Sidra atlántica co bo sabor dos produtos artesáns, ese sabor que cada vez resulta máis difícil atopar.

Achégovos a foto de tres botellas aínda sen abrir no xardín da miña casa.

Vaian dende aquí os meus parabéns a Quetu Armenteros e os meus desexos de que siga a elaborar unha sidra así de boa ao longo de moito tempo.

Veña un grolo!
Comentarios (7) - Categoría: Pequenas reflexións case furtivas - Publicado o 10-03-2011 20:39
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
7 Comentario(s)
1 Grolo com sidra é perfeito!!
Guarde unha botella destas #blgtk08#Xesús, pois qualquer hora destas faremos um grolo pessoalmente!
Comentario por Solange Villamar Couto (10-03-2011 22:35)
2 A sidra forma parte da cultura galega desde fai moitos séculos.
Nalgunhas zonas rurais consérvanse moitos lagares xa abandonados.
Para min é un orgullo ser herdeiro desta t#blgtk08#radición, coidar as miñas maceiras ,elaborar a sidra coa vosa axuda, e ver cada ano,como segue regando a nosa amizade .
Gracias Xesus, espero gozar moitos anos da sidra convosco.
Comentario por quetuarmenteros (11-03-2011 08:07)
3 Eu tamén quero!! Encántame a sidra, moito máis co viño ou o cava, en serio, pero non probei nunca sidra galega, ou#blgtk08# iso penso, senón que sempre foi asturiana ou vasca, a ver se cando volva por aí busco esta sidra e podo probala!!
Comentario por Eva Lozano (11-03-2011 12:02)
4 A sidra do Lagar de Ribela só se vende en exposicións polo de #blgtk08#agora. Terá moito futuro. Non teño dúbida ningunha ao respecto
Comentario por Xesús Constela (11-03-2011 16:25)
5 Todos os seguidores de Tiñadelo que ver, sempre que me quede algunha bote#blgtk08#lla, podedes contar cun grolo.
Sidra e literatura que boa mestura
Comentario por quetuarmenteros (12-03-2011 11:02)
6 Graciñas!! Apuntarémono#blgtk08#s a unha degustación!!
Comentario por Eva Lozano (12-03-2011 12:40)
7 Obrigada quetuarmenteros! Quando for visitá-los, farei questão de experimentar e, trazer uma garrafa para o B#blgtk08#rasil!!
Com certeza, sidra e literatura é uma combinação perfeita e, um privilégio!!
Un grolo!
Comentario por Solange Villamar Couto (12-03-2011 12:45)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal