Blog do escritor
Xesús Constela

www.xesusconstela.com

info@xesusconstela.com
 CATEGORÍAS
 CUARTO DOS TRASTES
 SALA PARA VISITAS
 SALA DAS PROCURAS
 SALA DOS BLOGS GALEGOS
 NO FAIADO
 ANTERIORES

Simón subido á columna
Simón (ou Simeón) o Estilita (de stylé, columna en grego), viviu entre os anos 390 e 459 nun lugar coñecido como Cilicia no que é a actual Siria.

Coma ben puidestes quizais adiviñar foi o inventor do cilicio.

Mais non o traio aquí por iso.

Non.

Tráioo porque pasou trinta e sete anos da súa vida subido a unha columna de entre tres e dezasete metros de altura (hai disparidade de opinións), da que se conserva unha parte da base nun templo de Siria, para levar unha vida de oración sometido ás inclemencias do tempo.

Un día subiu e non volveu baixar até que morreu.

Pola noite suxeitábase a unha enorme cadea para non caer.

Subiu porque non quería que a xente o molestase mentres meditaba.

Máis singular ca iso non hai nada, non credes?

Por certo, que hai unha película moi boa de 1965 de Luis Buñuel titulada Simón do deserto unha parodia da vida deste home tan curioso. É unha xoia e achégovos unha escena ao tempo que vos recomendo vela enteira.





Comentarios (7) - Categoría: Persoeiros singulares - Publicado o 23-01-2011 19:09
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
7 Comentario(s)
1 É uma história nada comum! Mas era o que ele queria...O isolamento!
Simeão viveu uma vida de in#blgtk08#tensas penitências duras, impostas por ele mesmo, como forma de devoção à Deus.
Que devoção!!!
Comentario por Solange Villamar Couto (23-01-2011 22:43)
2 Pois eu coido que se trata dunha daquelas historias da Biblia que servían para adoutrinar ao pobo. Non creo que se poida meditar ben subido a unha columna onde tod#blgtk08#os poden verte e non podes relaxarte porque podes caer... Evidentemente, é unha historia de sacrificio e fe que vale para que os que cren aumenten a súa devoción.
Comentario por Eva Lozano (24-01-2011 13:54)
3 a mon persoalmente paréceme a historia dun louco. Debeu de poñerse de moda iso das columnas, de todos xeitos, porque disque ap#blgtk08#areceron estilitas por todas partes. Supoño que procuranban ser "santos". Ollade a parodia feita por Buñuel porque é moi boa.
Comentario por Xesús Constela (24-01-2011 20:48)
4 A quen se lle pode ocorrer vivir subido a#blgtk08# unha columna? Debe de ser incomodísimo!
Comentario por Xesús Constela (24-01-2011 20:49)
5 Nos tempos atuais, não sei de ninguém que troque um colchão macio e confor#blgtk08#tável, por uma coluna!
Esta parodia pareceu-me mesmo interessante!
Comentario por Solange Villamar Couto (24-01-2011 23:34)
6 ..#blgtk08#.
Comentario por (07-02-2011 19:32)
7 Aínda se conserva, como é sabido, o mosteiro paleocristiano que se ergueu en memoria deste personaxe. No centro do cruceiro da igrexa está a basa da presunta columna donde se subiu Simeón o estilita. Unha esaxeración máis que foi transmitida oralmente a través dos século#blgtk08#s para poñer de manifesto o mérito dos eremitas. O curioso é que, nunha ocasión, cando explicaba na clase de Historia da Arte a simboloxía daquel mosteiro (e tiven que facer alusión á lenda) un alumno preguntou: e como facía as súas necesidades...? Risas e sen resposta.
Comentario por Guereñu (11-11-2012 12:51)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal