Blog do escritor
Xesús Constela

www.xesusconstela.com

info@xesusconstela.com
 CATEGORÍAS
 CUARTO DOS TRASTES
 SALA PARA VISITAS
 SALA DAS PROCURAS
 SALA DOS BLOGS GALEGOS
 NO FAIADO
 ANTERIORES

O non nariz de Gaston Julia
Propón Eva Lozano que falemos de Gaston Julia (Sidi Bel Abes, Alxeria, 1893 - París, 1978).

E falarmos de Julia é falarmos de fractais.

Un fractal é un obxecto semixeométrico que ten unha estrutura básica, fragmentada ou irregular que se repite a diferentes escalas.

Un fractal pode ser unha folla dunha árbore e pode ser tamén un diamante. Un fento do monte évos un fermoso fractal.

Un fractal pode ser unha molécula de xeo e pode ser o cristal roto dun vaso da lacena da cociña, ese que tanto nois gustaba no intre de beber un groliño de auga.

Será a molécula de auga un fractal tamén?

Falou deles por vez primeira o amigo Gaston Julia, o persoeiro singular que hoxe nos ocupa.

Pero tivo mala sorte, coma moitos outros xenios.

Non lle fixeron caso.

Non interesaban os fractais no seu tempo. Non estaban de moda!

Con vinte anos Gaston tivo que ir á maldita primeira guerra mundial.

E perdeu o nariz.

E operárono moitas veces pero nunca puideron reconstruíla.

Gaston Julia tivo dende entón un non nariz.

Ao longo da vida enteira Gaston Julia utilizou unha máscara.

Mais non por iso deixou de ver fractais por todas partes.

Se fosemos nenos pequenos de seguro que nos daba medo.

Se fosemos pequenos curiosos non deixariamos de miralo ao cruzarnos con el pola rúa.

E el ollaríanos cunha mirada xélida, conxelada. Unha mirada cargada de fríos fractais.
Comentarios (5) - Categoría: Persoeiros singulares - Publicado o 21-01-2011 19:16
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
5 Comentario(s)
1 O tema dos fractais é algo impresionante, sobre todo os que nos proporciona a natureza... E este pobre home dáme moita pena, xa que foi despois Mandelbrot o que #blgtk08#conseguiu a fama por desenvolvelos mediante ordenador, grazas aos primeiros estudios de Julia.
Un grolo por el e pola súa máxica visión do que nos rodea!
Comentario por Eva Lozano (22-01-2011 13:51)
2 É unha desas persoas que te deixan abraiado a medida que avanzas no esudo da súa biografía. Os f#blgtk08#ractais son algo sen dúbida impresionante. Podes crer que ando a ver fractais por todas partes?
Comentario por Xesús Constela (23-01-2011 18:43)
3 Depois desta aula que você deu sobre fractais, o que dizer? Foi perfeita!!
E o que dizer de Gaston? Sensacional!! De uma nobreza incalculável!!!
Não sei se teria eu, a capacidade de andar uma vida #blgtk08#inteira (sem me esconder) tampando o que seria um nariz.
Por muito menos, já vemos pessoas e principalmente crianças olhando perplexos situações de difícil compreensão.
Bravo Gaston Julia!
Comentario por Solange Villamar Couto (23-01-2011 19:21)
4 Eu tampouco sei se podería moverme pola vida sen nariz. A todo t#blgtk08#en que afacerse un! Hai marabillas na rede se un busca fractais.
Comentario por Xesús Constela (23-01-2011 20:21)
5 ..#blgtk08#.
Comentario por (05-02-2011 23:14)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal