Blog do escritor
Xesús Constela

www.xesusconstela.com

info@xesusconstela.com
 CATEGORÍAS
 CUARTO DOS TRASTES
 SALA PARA VISITAS
 SALA DAS PROCURAS
 SALA DOS BLOGS GALEGOS
 NO FAIADO
 ANTERIORES

As teorías de Kurt Gödel
Inauguro categoría: Persoeiros singulares.

Falaremos nela deses personaxes que por algún motivo merecen a consideración de "persoas gratas" pola súa vida, polo seu traballo ou... polo que sexa.

Por suposto admítense suxestións.

Comezarei con Kurt Gödel (Brno 1906-Princeton 1978), o home da fotografía.

De profesión lóxico (que xa é), matemático e filósofo.

Naceu no que hoxe é a República Checa e morreu nos Estados Unidos cando era profesor na Universidade de Princeton.

Era amigo íntimo de Albert Einstein, quen o visitaba sempre que podía. Dicía Einstein que era un pracer camiñar con el dende a universidade até a súa casa. Intentade imaxinar unha conversa entre ambos os dous, vaia un nivel, non?

E morreu de fame!

E morreu coa meirande parte do mundo científico a darlle as costas!

Por que?

Pois por culpa dunha súa hipótese, que, resumida, vén dicir algo así como que "nada de todo canto está demostrado pode realmente demostrarse", dito doutro xeito: ningún teorema pode realmente demostrar a súa veracidade absoluta, o que bota por terra todo canto se ten teorizado até agora!

Nos seus últimos días sufriu a obsesión paranoica de que podía ser envelenado, e non comía a menos que a súa esposa Adele probase a comida antes ca el. A finais de 1977 Adele foi hospitalizada durante seis meses e non puido continuar a probar a comida de Kurt.

Kurt negouse entón a comer... e morreu de inanición!

Singular, non si?
Comentarios (7) - Categoría: Persoeiros singulares - Publicado o 19-01-2011 13:42
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
7 Comentario(s)
1 Estiven lendo un pouco sobre el e realmente é fascinante todo ese mundo da lóxica. De feito, na época do instituto encantábame esta parte da filosofía, porque polo menos daquela non nos explicaban esta materia dentro das matemáticas, senón dentro da filosofía, e é que qued#blgtk08#a claro que se atopa nesa fronteira entre un campo e o outro. Aquí atopei un par de fotos nos que sae Gödel xunto a Einstein:

http://alanbozzano.com.ar/la-paradoja-de-godel.html
http://being.publicradio.org/programs/2009/mathandtruth/particulars.shtml
Comentario por Eva Lozano (19-01-2011 16:30)
2 Gostei muito desta categoria. Tenho certeza que irei conhecer muitas pessoas singulares e, que por certo, muitos viveram e vivem no anonimato.
Eu, uma pessoa otimista, acredito ainda, que as pessoas gratas superem as não gratas. O que acontece é que das coisas boas, ou pessoas boas, quase ninguém fala!
A princípio não tenho nenhuma record#blgtk08#ação de Kurt, mas com o que você escreveu, já se vê que tratava-se de pessoa mesmo determinada.
Achei a hipótese fantástica!
Uma pena ter morto desta maneira!
Logo enviarei ao seu correio Xesús, uma pessoa singular aqui do Brasil.
A propósito Eva, gostei das fotos, mostra que havia um laço de perfeita harmonia entre os dois.
Comentario por Solange Villamar Couto (19-01-2011 17:31)
3 Parece unha persoa ben interesante, máis paranoica. E unha lástima a perda dun valor tan grande,#blgtk08# por unha manía persecutoria. Será certo aquelo de que os xenios están todos algo trastornados?
Comentario por Eva Carpente (19-01-2011 23:01)
4 Non teñas dúbida ningunha: os x#blgtk08#enios están todos trastornados.
Comentario por Xesús Constela (20-01-2011 11:58)
5 Grazas polos enlaces, Eva. Realmente interesantes. Quedei intrigado co#blgtk08#n iso que di Solange das fotos. Agradeceranse personaxes interesantes.
Comentario por Xesús Constela (20-01-2011 12:02)
6 Refírese ás fotos que saen nos enlaces, onde se ve a Gödel e a Einstein como os grandes #blgtk08#amigos que realmente foron durante tantos anos.

Propoño a Gaston Julia...
Comentario por Eva Lozano (20-01-2011 13:16)
7 Grazas por elas, entón. P#blgtk08#rocurarei a Gaston Julia.
Comentario por Xesús Constela (21-01-2011 18:59)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal