|
|
|
|
Do pasado setembro |
|
En setembro continuamos falando de Bali, que aínda deu para moito tempo.
Falamos dos milleiros de templos espallados pola illa, cada un deles dotado dunha personalidade que o fai singular e do mar abraiante, bravo no sul pero maino no norde. Iso si, sempre impactante e sempre fermoso.
Antes de abandonarmos a illa falamos da receita do nasi goreng, para chupar os dedos!
E como a cousa ía de regreso á normalidade reflexionamos acerca de que somos camiño, camiño que avanza e nunca se detén, sempre a agasallarnos con milleiros de arrecendos agarimosa a terra.
Entón inauguramos categoría, Casa Van Gogh, onde decidimos comentar obras de arte de todos os tempos. E comezamos, como non, coa casa onde o gran pintor vivía na vila de Arles. Despois falamos das cartas que lle escribiu a seu irmán Théo e descubrimos que todos admiramos a súa obra e a súa personalidade arrevesada e retorta. E tamén compartimos opinión acerca d?Os amantes de Magritte, que nos levou a comentar o poema Destruiçao, de Carlos Drummond de Andrade:
Os amantes se amam cruelmente
e com se amarem tanto não se vêem.
Um se beija no outro, refletido.
Dois amantes que são? Dois inimigos.
E falamos tamén d?O bico de Roy Lichtenstein mentres escpoitabamos As rosas nao falam de Beth Carvalho e liamos o poema Caen as follas, caen de Emily Brönte:
Caen, as follas, caen; morren, as flores, para sempre;
Alóngase a noite e acórtase o día;
Fala cada folla de felicidade
mentres voa dende a árbore outonal.
E cabreámonos moito porque morreu José Antonio Labordeta!
Somos
como esos viejos árboles
batidos por el viento
que azota desde el mar.
Entrementres a sempiterna Gloria Lago (mal raio a parta) denunciou a ideoloxización nacionalista dos colexios públicos. Manda carallo! E como o curso estaba a piques de comezar denunciamos una vez maís a mala calidade do ensino do país. E farémolo vinte mil veces máis se é necesario. Como non?
Tamén seguimos as marchas dos mineiros do Bierzo e de Asturias, que se botaron ás estradas para impedir que as súas minas pechasen por orde da Unión Europea.
E polo medio chegou o outono e colleunos un pouco sorprendidos.
E alguén instalou una cadeira xigante nun monte de Moaña.
E houbo unha folga xeral.
E morreu o gran Arthur Penn.
E tivemos que dicir adeus á Praia de Laño porque o mal tempo comezaba.
|
|
|
|
4 Comentario(s) |
|
1 |
Cantísimas cousas nese mes de setembro, pero a foto segue a gustarme moito, é moi boa e convida, seduce, atrae. O meu#blgtk08# home vai tódolos venres ver un cliente por esa zona, cando chegue este verán seguramente irei con él para coñecela. |
|
|
Comentario por Eva Carpente (09-01-2011 21:18) |
|
|
2 |
Unha gran perda a#blgtk08# de Labordeta... |
|
|
Comentario por Eva Lozano (10-01-2011 17:27) |
|
|
3 |
Setembro e a Casa de Van Gogh...
Setembro e os amantes...
Setembro e o Hino e Labordeta...E#blgtk08# Drummond...
As duas estações mais bonitas: "O vosso outono e a minha primavera".
Perfeito! |
|
|
Comentario por Solange Villamar Couto (10-01-2011 20:11) |
|
|
4 |
Si señor: dous momentos moi fermosos. Que ten setembro que tanto atrae? Unha gran perda a de Labordeta. A foto estáfeita co móbil. É a entra#blgtk08#da, unha delas, á praia de Laño, que sempre merece unha visita. Ás veces un está só na area e iso é algo case imposíbel nesta zona. Un luxo. |
|
|
Comentario por Xesús Constela (11-01-2011 18:17) |
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|