|
|
|
De Banksy e o museo da rúa |
|
Ninguén sabe quen é Banksy, pero se trata dun dos artistas máis internacionais deste noso mundo para ben ou para mal tan globalizado.
En realidade tamén se di que Banksy non é unha única persoa senón un grupo de artistas, pero non sei até que punto isto pode ser certo, xa que hai testemuñas que din que ten o cabelo louro e é inglés, de preto da cidade de Bristol.
O máis interesante de Banksy, de todos xeitos, e ademais da enorme calidade da súa obra ás veces efémera, é precisamente este anonimato que lle permite moverse dun país a outro sen levantar sospeitas nin arremuiñar ao seu redor unha nube de críticos de arte e fotógrafos de prensa.
A súa obra (a súa pegada) vai ficando por todos os lugares polos que pasa, polo que non necesita de galerías nin museos.
O museo é a rúa.
E iso é o que a fai grande.
|
|
|
|
4 Comentario(s) |
|
1 |
Boa mostra do seu traballo! Non todas as pintadas son iguais, moitas son verdaderas obras de arte que temos a sorte de pode#blgtk08#r contemplar fóra dos museos.
Un grolo por Bansky, e por todos os artistas que comparten a súa arte gratuitamente!! |
|
|
Comentario por Eva Lozano (30-12-2010 15:24) |
|
|
2 |
Paréceme grandioso converter a rúa nun museo enorme. Tes moita razçon: ha#blgtk08#i pintadas que constitúen obras mestras de gran calidade. Hai marabillas. |
|
|
Comentario por Xesús Constela (30-12-2010 18:20) |
|
|
3 |
Sei que hai verdadeiras obras maestras, pero eu non tiven a sorte de velas, todas cantas vin só fan empo#blgtk08#rcar as fachadas.
Grazas ós que fan cousas bonitas e as dan de balde. Un grolo por eles. |
|
|
Comentario por Eva Carpente (03-01-2011 21:35) |
|
|
4 |
Este grafiti non #blgtk08#ten desperdicio. |
|
|
Comentario por Guereñu (11-11-2012 13:04) |
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|