Blog do escritor
Xesús Constela

www.xesusconstela.com

info@xesusconstela.com
 CATEGORÍAS
 CUARTO DOS TRASTES
 SALA PARA VISITAS
 SALA DAS PROCURAS
 SALA DOS BLOGS GALEGOS
 NO FAIADO
 ANTERIORES

Da censura na visita do Papa
Dúas novas moi desafortunadas que coñecín hoxe acerca da censura sobre as criticas á visita do Papa Benedicto XVI a semana que vén á cidade de Santiago, unha visita pagada con moitos cartos públicos (3.000.000 de Euros!) que por exemplo se puideron ter investido en Educación, onde se recortou profesorado entre outras cousas, ou en Sanidade, onde as listas de espera non deixan de medrar tamén entre outras cousas, ou en mil fins que me pasan pola cabeza, todos eles causas moito máis xustas que a visita dese señor.

(A RTVG, tamén pública, por exemplo, contratou máis vatios para a retransmisióin da misa que vai dar no Obradoiro que para un concerto de AC/DC! E xa son vatios!)

Unha primeira censura é a exercida sobre a sección Vai de Blog de Fran P. Lorenzo, que o pasado xoves desaparecía da contra do xornal Galicia Hoxe. Durante toda a semana, o xornal xunto co Correo Galego fíxose eco das máis "cavernarias" opinións nas que, ademais de insultar ao xornalista pedíase a súa cabeza. O delicto cometido por Fran P. Lorenzo foi publicar na súa sección un artigo crítico co gasto público na visita do Papa a Santiago. O artigo desapareceu da web do xornal inmediatamente despois de que, de xeito singular e insólito, o Arcebispado enviase a todos os medios de comunicación unha nota na que arremetía contra a opinión do xornalista.

Unha mala nova, non credes?

Vaia dende aquí o meu apoio para Fran P. Lorenzo. (O meu apoio e un monte de apertas solidarias).

Unha segunda mala nova é a referida ao meu amigo Kiko Da Silva: Unha portada con Benedicto XVI a celebrar a súa facultade para multiplicar os billetes e non os pans nin os peixes custoulle á revista Retranca, da que é editor, a impresión do seu número 28. A rotativa murciana Jiménez Godoy, que dende xaneiro imprimía a revista regouse a realizar o traballo alrgando que non imprimen críticas á igrexa do mesmo xeito que non imprimen pornografía!

Vaia tamén o meu apoio e a miña amizade multiplicada por mil para Kiko!
Comentarios (8) - Categoría: De andar pola casa - Publicado o 27-10-2010 20:32
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
8 Comentario(s)
1 É uma hipocrisia tamanho desperdício!
Nada mais justo se investissem este montante, como você mesmo bem disse, em saúde, educação e outro#blgtk08#s tantos, os quais sabemos que seria muito bem vindos, diante da atual e visível situação em que se encontra o país.
Quanto desrespeito!
Comentario por Solange Villamar Couto (27-10-2010 22:40)
2 Vergoña allea!!! Tamén vén a Cataluña, como xa sabedes, a consagrar a Sagrada Familia, e anda o tema no ambiente. Hoxe falaban nunha radio de aquí que é unha visita#blgtk08# dun xefe de Estado, xa está, e como tal tería que ser recibido, nun estado laico como é o noso...
A miña solidariedade con Fran e Kiko, un grolo por eles!!
Comentario por Eva Lozano (27-10-2010 23:14)
3 Mari Loli de Cospedal falaba na fin de semana da austeridade que é precisa neste intre de crise económica. Xa é ter cara dura estar a propiciar estes gastos ¡¡¡3.000.000.?!!!. Conxelan as pensións, reducen o salario dos empregados públicos e funcionarios... A señora de Cospedal é a política mellor pagada con diferencia do estado. Dese xeito tamén eu son solidaria e austera, ate invitaría ó Papa á un#blgtk08# bo parador. Os ministr@ que veñen de deixar o cargo seguen a cobrar por él un tempo, ademáis do de diputados, senadores, secreatrios xerais ou o que sexa. ¿Por qué ocbran por un cargo que xa non exercen?. Será legal, pero non é xusto coa que estamos pasando. A austeridade debe comezar pola clase política.
Sei que desbarro e voume do tema, pido perdón e dou as grazas por aturarme o "rollo".
Comentario por Eva Carpente (28-10-2010 19:16)
4 Eu xa non sei que dicir disto... A austeridade da que fala Eva Só é para quen estamos na base da pirámide. E o pe#blgtk08#or de todo é que aínda nos tapan a boca se protestamos!

Hipocrisía supina!

Saúdos.
Comentario por A nena do paraugas (29-10-2010 06:46)
5 A verdade e que os católicos, refirome con católico aos mandatarios, curas, bispos, cardenais, etc.... teñen como base do seu discurso moita hipocresia; predican a pobreza e acumulan bens e riquezas a raudales; predican coa axuda aos pobres e son os primeiros en pecharlles a porta (a maioria, non todo#blgtk08#s); predican coa tolerancia sempre e cando penses coma eles senón xa sabes, montanche unha manifestación; etc.... A verdade é que a visita do Papa, vainos sair ben cara aos galegos, tanto si temos interes en que veña (penso que a minoria), coma se non. Se os católicos queren que veña que o pagen eles.
Comentario por A cruz da Campá (29-10-2010 08:42)
6 Esa é a cuestión Cruz da Campá, se queren que veña, que o conviden, que o reciban e que lle fagan unha festa, pero cos seus cartos. Non hai cartos para aplicar a lei de dependencia, para profesores, para p#blgtk08#ersoa sanitario, para centros de día, e gástanse nestes saraos ou en facer veirarúas e máis veirarúas en Vigo, pero no centro,claro, onde teñen que quitar para poñer outra non en Sárdoma, Candeán o Matamá.
Comentario por Eva Carpente (29-10-2010 15:19)
7 Totalmnente de acordo. Aquín non hau ninguén que escape d#blgtk08#o tema, Eva. Tedes razón: isto é unha maldita hipocresía.
Comentario por Xesús Constela (30-10-2010 12:54)
8 A censura é consustancia o papado. Non existirían papas se non houbese censura, así c#blgtk08#oma outras cousas. Que deba denunciarse non debe evitar que consideremos o anterior.
Comentario por Guereñu (17-11-2012 23:36)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0