Blog do escritor
Xesús Constela

www.xesusconstela.com

info@xesusconstela.com
 CATEGORÍAS
 CUARTO DOS TRASTES
 SALA PARA VISITAS
 SALA DAS PROCURAS
 SALA DOS BLOGS GALEGOS
 NO FAIADO
 ANTERIORES

Do peso dos nomes dos personaxes
Preguntoume Solange nun email de onde saían os nomes dos meus personaxes.

E vou intentar explicalo.

As humanas proporcións:
Hai unha variedade de nomes case paralela á variedade dos relatos.
A protagonista de "As lembranzas todas" non ten nome porque quere ser unha muller anónima que poida simbolizar a todas aquelas que sufren violencia e desprezo día tras día. O mesmo acontece co mozo de de "Son unha raia", coa parella de "Algarismos" ou cos nenos e os avós de "Na fraga". Todos eles pretenden ser símbolos de algo.
O protagonista de "Onde estás meu amor, Sangare" é tan real coma o argumento da historia que se narra. É o nome auténtico dun inmigrante africano de Mali aínda que a historia estrá retocada por motivos literarios.
Giovanna e Giovanni Arnolfini ("Non escoites a Giovanna") son personaxes históricos reais. Non o é fungo, o protagonista, que agacha o seu nome verdadeiro baixo un alias.
No que a "Lily" respecta asegúrovos que me levou moitos meses e moito traballo dar cos nomes de Guy Gazin, Jean-Pierre, Marie Louise e a propia Lily. Durante ese tempo traballei a historia con A, B, C, e D. Pero por fin atopeinos logo de moita procura. Quería nomes que levasen o luxo implícito.

Libro das alquimias:
Os dous protagonistas, neno e vello, deliberadamente agachan os seus nomes na procura dun anonimato que manteñen ao longo de toda a novela (e de toda a súa vida)
Os personaxes históricos, pola contra, teñen todos nome: Hypatia, Cirilo...

Shakespeare destilado:
Só ten nome o protagonista, Willy, e vén do nome de William Shakespeare.
Susanna chámase así pola filla do dramaturgo inglés e o resto dos personaxes carecen de nome.

Os nomes dese relato en construción que estou a escribir coa vosa axuda neste blog son símbolos do que hai detrás de cada un. Por certo, que vai acabar quedando moi ben aínda que está necesitado de tempo e traballo.
Seredes os primeiros en ver os resultados.

Adoro esta literatura de poucos nomes no que os personaxes secundarios son anónimos para buscar un meirande protagonisno dos princuipais. Se non damos nomes aos secundarios é coma se acendésemos un foco de teatro que alumea os principais e lles dá maior relevancia a ollos do lector. Non pensedes que resulta doado traballar con personaxes sen nome.

Hai unha novela magnífica de José Saramago que se titula Todos os nomes que vos recomendo de verdade, e na que só o protagonista ten nome e colecciona nomes de persoas.

Lédea porque paga a pena.
Comentarios (2) - Categoría: Dos meus libros - Publicado o 25-10-2010 19:11
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
2 Comentario(s)
1 Teño en proxecto ler Memorias do convento, pero pode ser que cambie pola tua suxestión, xa veremos.#blgtk08#
Moi curiosa esa extratexia para darlle nome ós teus personaxes, sen dúbida ben traballada.
Comentario por Eva Carpente (25-10-2010 21:53)
2 Adorei a explicação!
Realmente Xesús, acho muito curioso e interessante, os nomes que dá à eles, principalmente, aqueles que acho menos comum. Já li muitas coisas, mas nunca encontrei nada parecido com "Folerpa"; "fungo"; "Monarca" e, etc. É uma sensação nova para mim ter estes nomes em meu voc#blgtk08#abulário, a partir do momento que só vejo nomes próprios e comuns.
Imagino quantas voltas dá a sua cabeça pela história, até chegar no derradeiro nome.
Pode ter certeza de que a cada parágrafo estes nomes vão ficando mais fortes e envolventes!
Muito bacana tudo isso! Parabéns!!!
Comentario por (26-10-2010 00:43)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0