Blog do escritor
Xesús Constela

www.xesusconstela.com

info@xesusconstela.com
 CATEGORÍAS
 CUARTO DOS TRASTES
 SALA PARA VISITAS
 SALA DAS PROCURAS
 SALA DOS BLOGS GALEGOS
 NO FAIADO
 ANTERIORES

Joan Sutherland: Casta Diva
Morreu a soprano australiana Joan Sutherland, 'La Stupenda', de quen Luciano Pavarotti dixo que tiña "a voz do século".

Propóñovos que escoitemos esa voz nesta aria, Casta Diva, de Norma de Vincenzo Bellini.

Trátase dunha pregaria á lúa e o que Norma leva na man son unhas pólas de visgo que acaba de coller da árbore para facer unha ofrenda:

Casta Diva, che inargenti
queste sacre antiche piante,
a noi volgi il bel sembiante
senza nube e senza vel...
Tempra, o Diva,
tempra tu de? cori ardenti
tempra ancora lo zelo audace,
spargi in terra quella pace
che regnar tu fai nel ciel...


(Casta Deusa, que alumeas
estas antigas e sagradas prantas,
a nós volve a túa fermosa faciana
sen nube e sen veo...
Tempera, ó Deusa,
tempera estes ardentes corazóns
tempera o seu celo audaz,
espalla encol da terra a paz
que no ceo fas reinar...
)

Comentarios (4) - Categoría: Sala de música - Publicado o 11-10-2010 21:38
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
4 Comentario(s)
1 Descubrín esta aria cando empecei a ensaiar coa Coral do Liceo de Ourense. Unha compañe#blgtk08#ira cantábaa de maneira maxistral. Sempre me gustou escoitala.

Un saúdo.
Comentario por A nena do paraugas (12-10-2010 07:58)
2 Pois dalle amiña noraboa á túa compañeira porque teño entendido que é unha das arias máis difíc#blgtk08#iles que hai. É unha mágoa que non poidamos escoitarte cantar, Nena, que seguro que o fas ben.
Comentario por Xesús Constela (12-10-2010 09:55)
3 Incrible, que voz e canto sentimento!#blgtk08#!
Un grolo por tanto talento!!
Comentario por Eva Lozano (12-10-2010 11:15)
4 Vaia o gro#blgtk08#lo, vaia.
Comentario por Xesús Constela (12-10-2010 22:22)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0