Blog do escritor
Xesús Constela

www.xesusconstela.com

info@xesusconstela.com
 CATEGORÍAS
 CUARTO DOS TRASTES
 SALA PARA VISITAS
 SALA DAS PROCURAS
 SALA DOS BLOGS GALEGOS
 NO FAIADO
 ANTERIORES

Do Nobel de Vargas Llosa
Dúas reflexións que lin acerca do Nobel para Mario Vargas Llosa.

Déixoas aquí recollidas coma dúas follas caídas dunha árbore deste outono chuviñento:

A primeira é de Oliver Stone:
A Vargas Llosa véxoo retorto, reprimido e conservador.

A segunda do meu gran admirado Mario Benedetti:
A Vargas Llosa hai que lelo, pero non escoitalo.

Por certo, que ninguén esqueza que o escritor peruano estampou a súa sinatura naquel demagóxico manifesto en defensa do castelán do ano 2008.

Non teño máis que dicir.
Comentarios (6) - Categoría: De literatura - Publicado o 09-10-2010 12:50
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
6 Comentario(s)
1 Benedetti, sempre gra#blgtk08#nde. Aí deu na diana.
Comentario por Mr Tichborne (09-10-2010 13:35)
2 Si, este Vargas Llosa sempre tivo un chisco de mala fama... De feito polo visto non tivo éxito político en Perú por non defender ás minorías nin as linguas autóctonas. Non botaremos o grolo que podería merecer, pero si que podemos botalo por#blgtk08# Liu Xiaobo, que ese si que o merece o mires por onde o mires!! E que haxa sorte e o liberen xa, aínda que a cousa estavos ben complicada... Que lástima este goberno chinés...
Un grolo ben grande por el e a súa loita pola democracia!!
Comentario por Eva Lozano (09-10-2010 20:39)
3 Se Alfred Nobel lebantase a cabeza non sei que pensaria. Os seus premios dan unha de cal e outra de area, non hai máis que ver que#blgtk08# houbo un premiado ao que llo deron polo que se supón que vai facer e non polo que fixo. Si, estades no certo, foi ao deus Obama.
Comentario por A cruz da Campá (09-10-2010 23:37)
4 Eu non penso que o premio se dera ao político senón ao literato, por exemplo en "Pantaleón y las visitadoras" fixo un bo traballo, penso eu. Non recordo ter lido nada máis. Lembro can#blgtk08#do se deu o Nobel da paz a Yasir Arafat, Simón Péres e Isaac Rabin por pacificar o que ainda hoxe está en plena loita e polo que parece quédalles moito. O de Obama tamén manda truco.
Comentario por Eva Carpente (10-10-2010 03:05)
5 Completamente de acordo con todos. Os Nobel son unha feira. E si. Si señor. Bot#blgtk08#emos un bo grolo, un grolo enorme con forma de aperta solidaria por Liu Xiaobo!
Comentario por Xesús Constela (10-10-2010 12:10)
6 Politicamente non me sinto próximo a el; litera#blgtk08#riamente paréceme un escritor extraordinario.
Comentario por Guereñu (17-11-2012 23:28)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0