Blog do escritor
Xesús Constela

www.xesusconstela.com

info@xesusconstela.com
 CATEGORÍAS
 CUARTO DOS TRASTES
 SALA PARA VISITAS
 SALA DAS PROCURAS
 SALA DOS BLOGS GALEGOS
 NO FAIADO
 ANTERIORES

Perigo: personaxes soltos
Aínda lle din voltas ao debuxo de José Ribera de onte, o do home con personaxes na cabeza.

Cantas veces pensei neses personaxes que incluín nas cousas que levo escrito.

Mesmo un día me gustaría escribir un relato no que me xulgasen entre eles, no que se vengasen de min.

Cando vou por aí a falar d'As humanas proporcións sempre cito algo que é tan verdade como que estou a escribir isto agora mesmo.

Un día soñei con Lily, a muller que morre nese relato no que falo dunha cea na que os comensais falan da morte.

Lily sentou á miña beira na cama e quixo saber que dereito tiña eu de matala!

E eu non souben que dicirlle. Fiquei calado coma un peto.

Publicamente declárome inocente de ter creado estes personaxes que creei. (Quizais nin sequera fun eu quen lles deu vida e eles xa estaban aí nalgures dentro do meu corpo a se mover para intentar saír.)

Sexa como sexa tamén publicamente declaro que non me deron máis que satisfaccións.

Grazas ao nemo anónimo e ao vello tamén sen nome do Libro das alquimias, que compartiron comigo días e máis días de varios invernos sempre a se mover pola miña cabeza dun lado para outro.

Grazas a Giovanni e Giovanna Arnolfini, a Celia e ao seu Príncipe (como non grazas a Oscar Wilde)...

Grazas, por fin, ao meu benquerido Willy.

Se non fose por eles todos que quixeron baixar da miña cabeza logo de andar de rolda por ela eu nin sequera tería chegado a crear este blog no que nos encontramos día tras día.

Remato, entón, cunha advertencia:
Perigo! Teño moitos máis personaxes subidos na cabeza!

Por todo isto colguei onte na Casa Van Gogh o retrato que pintou José de Ribera.
Comentarios (5) - Categoría: Pequenas reflexións case furtivas - Publicado o 04-10-2010 18:56
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
5 Comentario(s)
1 Que interessante Xesús, eu sempre quis escutar algum escritor falando desta maneira. Sempre que leio algum livro, me coloco no lugar dos personagens e me sinto na situação vivida naquele momento. Se eu, que sou uma mera leitora m#blgtk08#e sinto assim, imagino o que estes personagens fazem com você!
Parabéns por seus personagens, por suas criações e, também pela expectativa que você deixa pelo que virá depois...
Estarei à espera destes personagens.
Comentario por Solange Villamar Couto (04-10-2010 22:56)
2 A verdade é que ten que ser moi entretido ter tantos pers#blgtk08#onaxes na cabeza e falar e escribir sobre eles...
Comentario por A nena do paraugas (05-10-2010 06:46)
3 A maxia pura e dura, eh? Eu o que tamén teño ben claro é que os personaxes son sempre seres absolutamente independentes, con vida propia, estean onde estean (dentro ou #blgtk08#fóra das nosas cabezas). Captámolos e reproducímolos, pero veñen dalgures onde habitan. Queren saír, ter a oportunidade de darse a coñecer, e ti só es un instrumento...
Comentario por Eva Lozano (05-10-2010 09:02)
4 Quen me dera sentir ese bule-bule dos personaxes na miña cabeza e ter habelencia para poñelo no papel!. #blgtk08#Admiro aos escritores, e o debuxo de Ribera sexan que saen ou que entran, debe representar un escritor.
Comentario por Eva Carpente (05-10-2010 16:02)
5 Supoño que todos nós sentimos na cabeza o bule bule dos personaxes, como di Carpente. É maxia. Si. maxia verdadeira, auténtica. O importante é canalizar iso cara un folio en branco (en realidade canalizalo cara a pant#blgtk08#alla dunha computadora). É exactamente o que di Lozano (faime graza iso de chamarvos polos apelidos, Evas!): captar e reproducir. Como escribir un diálogo se non escoitas de verdade as persoas (ou quen sexa) a falar?
Comentario por Xesús Constela (05-10-2010 19:37)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0