|
|
|
|
Da folga xeral: sempre pagamos os mesmos |
|
Mañá haberá unha folga xeral que estou disposto a secundar.
Fareino por esa horrenda sensación que sempre se ten de que as cousas malas temos que pagalas os mesmos, por ese mal corpo que deixa pensar que o sistema pode entrar en crise mil e unha veces máis pero os bancos, as grandes empresas, as multinacionais, as grandes superficies, que chuchan sen parar todo canto temos nunca van pagar nada (Son como samesugas pegadas ás nosas economías domésticas)
Se as cousas van mal ao capital, a solución sempre é abaratar o despido entre outras medidas aínda máis impopulares.
Xa está ben!
Dá vergoña (ou noxo, por que non?) oir falar a determinada xente, como por exemplo o presidente da patronal española acerca do papel dos sindicatos na socidedade actual.
Dá vergoña escoitar como ese mesmo señor di que a reforma laboral que provoca a folga de mañá é escasa porque o despido tiña que abaratarse aínda máis, que os empresarios teñen que apretar o cinto! (por favor!)
Non podemos ficar calados vendo como o capital empeza a desmontar peza por peza o estado de benestar que tanta loita provocou nos nosos pais, nos nosos avós e enm moitas xeracións anteriores, eses grandes logros salariais e sindicais que permitiron que nós acadásemos o nivel de vida do que gozamos (e non falo de cartos, por favor que ninguén o pense. Falo de sanidade de calidade, de ensino de calidade e gratuíto, de bo transporte público, dunha xustiza ben administrada...).
Levou moito tempo construír todo iso, moito esforzo social e moita loita para que agora permitamos que nos manden dar pasos atrás.
Se foron os bancos quen iniciaron todo isto por mor da súa usura sen límites que sexan eles quen empecen a pagar nos desperfectos que ocasionaron.
Non podemos ficar calados.
Non podemos.
De ningunha maneira!
|
|
|
|
2 Comentario(s) |
|
1 |
Eu non podo dicir o mesmo, sintome mal representada, os sindicatos de cobertura nacional estiveron conniventes co goberno ate o de agora, cando as ordes de recortes foron firmadas. Creo que era antes a folga, para que nunca fosen firmadas, pero inda deixaron pasar o verán, sei#blgtk08#ca non ia presa ninguhna. As medidas de presión hai que tomalas antes de que sexa efectivo aquelo contra o que se protesta. De calquera xeito en Ponteareas é festivo e non teño a inquedanza de tomar a decisión de se lles regalo parte do meu soldo aos mesmos que mo recortaron. |
|
|
Comentario por Eva Carpente (28-09-2010 21:57) |
|
|
2 |
Por suposto cada un é quen de facer aquilo que considerase. Logo da falga de funcionarios pasada témome que entre este colectivo non vai haber moita resposta nesta ocasión. Pero o mundo non é só o funcionariado e a s#blgtk08#ituación non está para botar foguetes precisamente. Isto é só o primeiro paso de moitos que virán. Os recortes non fan máis que comezar. A ver o que espera por nós cando chegue o intre das nosas xubilacións. Dá medo! |
|
|
Comentario por Xesús Constela (29-09-2010 21:39) |
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|