|
|
|
Outono n'A Coruxa |
|

tes o misterio
das cousas
que se desfondan
e marchan
e rompen
e caen
e se estragan
e se lixan
e podrecen
do que aparece
e logo desaparece
e xordes coma un soño
e enches os días de gris
e choves coma os ollos dunha viúva
viúvo
do sol
ti
cando
unha folla
vai caendo
paseniño
e anuncia
que
chegou o tempo
de saltar pucharcas
para andar
(Por certo, que A Coruxa é o nome do lugar onde vivo) |
|
|
|
6 Comentario(s) |
|
1 |
Qué lindo entretenemento escribiches, tamén é linda a foto e o #blgtk08#nome do lugar onde vives... moi enxebre. Eu vivo na Porteliña. |
|
|
Comentario por Eva Carpente (23-09-2010 21:46) |
|
|
2 |
Gostei muito do poema Xesús!
O outono parece ser bem assim... Cheio de mistérios e de encantamentos!
Vou citar mais uma vez em seu blog uma frase de Carlos Drummond de andr#blgtk08#ade:
"Repara que o outono é mais estação da alma do que da natureza".
Por isso que eu considero que o outono é muito individual, e, faz nossa imaginação voar com as folhas. |
|
|
Comentario por Solange Villamar Couto (23-09-2010 21:58) |
|
|
3 |
Fermoso poema e fermosa foto: a esas cores me refería...
Por certo, tedes #blgtk08#moitas coruxas na Coruxa? porque na Porteliña tiñamos ata na casa, lembras, mamá? |
|
|
Comentario por Eva Lozano (24-09-2010 08:16) |
|
|
4 |
Non sei se hai coruxas. Pouco monte queda. De todos xeitos creo que o nome non vén do animal senón do tipo de chan pedregoso que abunda polo lugar. A Coruxa caeu pres#blgtk08#a dunha verdadeira explosión inmobiliaria que parece non ter tregua. Mires cara onde mires hai urbanizacións en construción. En poucos anos isto deixou de ser rural. |
|
|
Comentario por Xesús Constela (24-09-2010 13:43) |
|
|
5 |
Lembro as coruxas que tódolos anos criaban baixo as tellas da nosa casa(elas chegaron #blgtk08#antes que nos) o problema tíñalo ti xa ques gustaba moito a tua ventá. Qué aventuras! |
|
|
Comentario por Eva Carpente (24-09-2010 21:11) |
|
|
6 |
;) Que medo pasaba...
Isto de vivir no campo depende donde é un problema, tes razón, porque de súpeto a todo o mundo se lle ocorre a mesma cousa e ao final acabas vivindo nun barrio residencial semellante a unha cidade... Aquí é moi diferente, polo tipo de pobos que #blgtk08#hai, concentrados, tan distantes e diferenciados, menos mal...
Podedes ver o meu dende o ar na foto de perfil do grupo "Gent d'Altet" do Facebook(http://www.facebook.com/group.php?gid=46880090918&ref=ts)Faltan catro casas contadas, nada máis... (somos 100 habitantes) |
|
|
Comentario por Eva Lozano (27-09-2010 08:28) |
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|