|
|
|
Roy Lichtenstein: O bico |
|
Logo de canto nos deu que comentar o cadro dos amantes de René Magritte nestes días pasados, propóñovos outro bico.
(Trátase do bico pintado por Roy Lichtenstein no ano 1962).
Aquí non hai caras tapadas coma en Magritte.
Todo o contrario.
Hai beizos moi vermellos.
E hai unllas pintadas.
E hai guedella loira.
E hai uniforme de aviador.
E hai ollos pechados...
E hai un avión... |
|
|
|
7 Comentario(s) |
|
1 |
Máis que un bico o que vemos é a reacción ao bico que non se ve: unha r#blgtk08#eacción de paixón e entrega, se cadra de medo por se non volve máis... |
|
|
Comentario por Eva Lozano (20-09-2010 18:44) |
|
|
2 |
Este é un casto bico que non se ve. Semella que a censura pasou a tixeira, como nas pelis dos anos 40, 50, 60 había qe adiviñar. A expresión dos mozos é #blgtk08#tamén moi aséptica, máis parece que está a durmir. A escena suxire un adeus en guerra, así que o bico debeu de ser bastante apaixoado, pero non o vemos. |
|
|
Comentario por Eva Carpente (20-09-2010 21:15) |
|
|
3 |
Lozano: Ten un toqueciño de despedida ao "Casablanca", non? Carpente: Quizais o grande deste cadro é iso que ti dis que non se ve. Ten un fondo poder de connotación e suxestión. Haberá guerra por detrás? Lichtenstein ten outro cadro bastante semella#blgtk08#nte que se titula "Bico V" e nel a muller que bica ten os ollos cheos de bágoas. Quizais sexa a continuación da escena reflectida neste cadro. Se queres velo está aquí: http://weblogs.clarin.com/itinerarte/archives/Roy-Lichtenstein-Kiss-V-133905.jpg |
|
|
Comentario por Xesús Constela (20-09-2010 21:22) |
|
|
4 |
Si, eu tamén penso que é unha escena da época da guerra. No outro cadro non se ve ningún avión n#blgtk08#in nada semellante, pero esa estética lembra totalmente ás despedidas daqueles tempos tan duros. |
|
|
Comentario por Eva Lozano (20-09-2010 21:32) |
|
|
5 |
As mulheres dos anos 50, 60, sempre se valorizavam muito, andavam sempre muito elegantes, e, porque não dizer, provocantes também.
Como diz Eva Carpente, sugere um adeus p#blgtk08#ara quem vai a guerra e, Eva Lozano, do medo por não voltar mais, então, eu digo, que é um beijo da incerteza, de todas as dúvidas que se carrega, quando alguém se vai...
|
|
|
Comentario por Solange Villamar Couto (20-09-2010 23:07) |
|
|
6 |
Este é coma o bico dado que non se deixou ver. Ou coma o bico que se ha dar cando o ollo observador retire a mirada.
Despedida tal vez? Só#blgtk08#ame a bico de guerra...
Non sei, eses ollos pechados... Esas cores... Moita paixón, si.
Bicos logo. Xa que estamos. |
|
|
Comentario por A nena do paraugas (21-09-2010 07:53) |
|
|
7 |
Para min a expresión da rapaza ten un toque de amargura#blgtk08#. Quizais sexa unha despedida demasiado triste. Saudos |
|
|
Comentario por A cruz da Campá (21-09-2010 08:48) |
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|