Blog do escritor
Xesús Constela

www.xesusconstela.com

info@xesusconstela.com
 CATEGORÍAS
 CUARTO DOS TRASTES
 SALA PARA VISITAS
 SALA DAS PROCURAS
 SALA DOS BLOGS GALEGOS
 NO FAIADO
 ANTERIORES

De Vincent Van Gogh
A propósito inserín no meu escrito de onte un cadro de Vincent Van Gogh.

Inauguro categoría con este verán que remata.

En Casa Van Gogh falaremos de artes plásticas.

Achegarei todo canto en min poidan producir un cadro ou unha escultura, ou unha performance que teña visto, ou o que sexa, para poder compartir con todo o mundo esas sensacións moitas veces tan gratas e tan reconfortantes e non deixalas agachadas dentro de min.

E agradecerei, como non, as vosas suxestións. Cando vexades algo que vos guste de verdade facédemo saber e falaremos. (Unha das grandes cousas da web son os museos virtuais!)

E por que lle poño de nome Casa Van Gogh?

En primeiro lugar, como non, porque Vincent Van Gogh é un dos meus artistas favoritos tanto dende o punto de vista estético cama dende o humano.

Só de pensar que morreu pobre coma unha rata para que hoxe os seus cadros se vendan por cantidades que raian na obscenidade danme verdadeiros arrepíos.

O da casa vén por un libriño despregábel que merquei hai moitos anos en Londres que reproduce a casa onde o pintor vivía en Arles.

Veña un grolo por Vincent Van Gogh!
Comentarios (5) - Categoría: Casa Van Gogh - Publicado o 09-09-2010 21:32
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
5 Comentario(s)
1 Que maravilha!! Genial esta categoria!!
As mais diversas formas de arte e as sensações mais diferenciadas que elas porporcionam, são verdadeiramente, deslumbrantes...
Van Gogh é tudo de bom, e, não poderia ser melhor escolha.
A tão sonhada "Casa Amarela" de Van Gogh.
"A minha casa aqui é pintada por fora de amarelo-manteiga e tem persianas em verde-forte; fica, rodeada de sol, numa praça , onde também há um parque verde com plátanos, aloendros , acácias. Por d#blgtk08#entro é pintada de branco e o chão é de azulejos vermelhos. E por cima, o céu de azul luminoso. Lá dentro posso com efeito viver e respirar e pensar e pintar".
Vincent Van Gogh
Sem dúvida alguma, quando encontre alguma sugestão, e, que for repercurtir desta maneira, tanto quanto "camiño somos", concerteza chegará às suas mãos.
Acredito mesmo, que esta categoria, trará muitas sensações escondidas dentro de cada um de nós.
Un grolo a Van Gogh!
Comentario por Solange Villamar Couto (10-09-2010 00:09)
2 Qué casualidade, Xesús, Van Gogh é tamén un dos meus mitos. Antes tiña as súas láminas decorando a miña casa... Encántame!! E a peli "El loco del pelo rojo", mira que a vin veces cando era máis nova... En Londres tiven a sorte de ir a unha esposición dos seus cadros no Barbican Centre, mesmo cadros que fixera de moi novo, que non son coñecidos. Tamén fun, por suposto, á National Gallery, e alí xa me derr#blgtk08#umbei por completo, tiven que saír da sala cando vin os seus cadros, boteime a chorar e a tremer, síndrome de Stendhal, supoño que o coñecedes... Só me deu con el, e mira que vin cousas na miña vida, pero só me deu con el...
Un grolo por el, e por todo o que nos fai sentir!
E outro grolo pola túa iniciativa, que é espectacular e que nos fará compartir os nosos gustos e as nosas emocións!!
Comentario por Eva Lozano (10-09-2010 12:02)
3 Estou de volta e levei unha alegría con esta iniciativa. Según vin o cadro de Van Gogh xa pensei que non iba fallar un comentario de Eva Lozano, sei que é, ou foi o seu favorito, pero penso que tivo unha época fanática, tanto #blgtk08#que me convenceu a min e comecei a ver eses cadros dun xeito diferente. Gustábame máis Sorolla ou Degàs, pero ela fixo que tomara máis conta de este. Benvida a idea e vaia un grolo por todos os blogueiros de "Tiñádelo que ver"
Comentario por Eva Carpente (13-09-2010 13:27)
4 Sí, mamá, tes toda a razón, foi unha época de fanatismo absoluto, lembras aquela camisola co seu atorretrato? Durou tantos anos comigo, longa, cortada, feita#blgtk08# unha m... Que gracia, cantas lembranzas!! Sigo admirándoo moito, pero xa non teño esa toleira, que xa vou tendo unha idade... ;)
Biquiños e benvida!!
Comentario por Eva Lozano (13-09-2010 17:47)
5 Se hai unha cousa que me agradou dos vosos comentarios foi descubrir que atopara un camiño no que nos vai resultar moi doado adentrarnos. Magnífico! Descoñecía, Eva Lozano, a t#blgtk08#úa admiración (que comparto plenamente) pola obra toda de Van Gogh. Vaia unha cita fermosa que envías, Solange. Grazas por ela. Benvida sexas, Eva Carpente. Unha forte aperta!
Comentario por Xesús Constela (14-09-2010 12:26)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0