Blog do escritor
Xesús Constela

www.xesusconstela.com

info@xesusconstela.com
 CATEGORÍAS
 CUARTO DOS TRASTES
 SALA PARA VISITAS
 SALA DAS PROCURAS
 SALA DOS BLOGS GALEGOS
 NO FAIADO
 ANTERIORES

Camiño somos
Porque somos camiño, camiño que avanza e nunca se detén, sempre a agasallarnos con milleiros de arrecendos agarimosa a terra.
Caladas testemuñas do eterno peregrinar das xentes, somos laxe, somos seixo, somos pedra?
Somos carballo, castiñeira, toxo, xesta, herba, vida somos a medrar orgullosa por corredoiras e cunetas?
Somos a herdanza da terra!
Cravada a vista no horizonte, somos manancial, regato, río, corrente? Auga somos a nos mover de vagar entre penedos e pedras.
Estrelas silandeiras somos, a debuxar na negrume mesta do firmamento unha senda que convida a camiñar sen présa?
E somos alento, son, sílaba, palabra, somos conversa de cansos camiñantes a falaren as linguas máis diversas?
Somos ferradura de cabalo, pegada de bota, roda de carro e de bicicleta?
Somos distancia, somos paso, somos pegada, somos esforzo e suor, pero tamén somos sono, albergue, descanso. Somos folgar e somos sesta.
Viaxeiros nas entrañas dos soños, somos cerna da historia, somos contos, cancións e poemas, somos relato e somos lenda.
E tamén somos festa, frauta, zanfona guitarra, gaita, pandeiro? Somos xuntanza arredor da lumieira?
Somos afán e desexo. Somos degoiro e somos arela.
Camiño somos a percorrer paseniño a senda que trazaron as estrelas?
Comentarios (5) - Categoría: Pequenas reflexións case furtivas - Publicado o 08-09-2010 17:52
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
5 Comentario(s)
1 Un texto moi profundo e moi fermoso, Xesús, graciñas pola reflexión.
Eu máis ben diría, dende u#blgtk08#nha perspectiva se cadra un chisco filosófica, que todo o que existe non é se nós non somos...
Comentario por Eva Lozano (08-09-2010 20:08)
2 Ora Xesús que lindo!
O que eu posso simplismente falar é:#blgtk08#r /> "Como é bom sermos tudo isso e poder trilhar neste caminho"!
Comentario por Solange Villamar Couto (08-09-2010 23:27)
3 Tes toda a razón do mundo, Eva. Nada arredor de nós é nada se nós non lle damos a importancia que lle corresponde, se non o vemos, se non o tocamos, se non o ulimos... Nunca pensastes que cando pechamos os ollos o mundo desaparece? Eu tiña ese xogo comigo mesmo cando era#blgtk08# pequeno. Supoño que é algo que fan todos os nenos. Nada hai máis importante, Solange, que ser camiño para poder gozar de cada paso que damos, non cres? Que sería do camiño sen os nosos pasos? Vaia unha soedade as pobres pedriñas! Que teñamos todos unha moi boa camiñada!
Comentario por Xesús Constela (09-09-2010 21:12)
4 Somos o que deixamos espallado e o que recollemos a cada paso. Xa o dicía o poeta: andando faise camiño e facemos parte de canto nos rodea a cotío, paso a paso,#blgtk08# desde a soidade ou na compaña de quen camiña ao noso paso, ou detrás de nós, ou de diante.

Un texto moi sentido, Xasús.

Un bico.
Comentario por A Nena do Paraugas (12-09-2010 08:01)
5 Nena: como se nota polos teus comentarios que detrás deles hai unha alma de p#blgtk08#oeta! Que fermoso: o que deixamos espallado e o que recollemos a cada paso!
Comentario por Xesús Constela (14-09-2010 12:48)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0