Blog do escritor
Xesús Constela

www.xesusconstela.com

info@xesusconstela.com
 CATEGORÍAS
 CUARTO DOS TRASTES
 SALA PARA VISITAS
 SALA DAS PROCURAS
 SALA DOS BLOGS GALEGOS
 NO FAIADO
 ANTERIORES

Bali 10: O Monkey Forest
A cidade de Ubud está nun dos lugares máis húmidos da illa de Bali, polos catro cantos rodeada de arrozais e dunha vexetación mesta que deixa voar aimaxinación, porque á mínima que te internes no mato de arredor dun templo sentes que estás nunha xungla de libro de Kipling.

Pois nunha destas masas vexetais tan mestas hai un lugar sagrado que se chama Mandala Wisata Wenara Wana, aínda que extraoficialmente se coñece como Monkey Forest, pois a característica principal do lugar é que está habitado por centos de monos a correr por todas partes, a colgar das pólas da árbores e a roubar comida alá onde poidan atopala.

É o paraíso dos macacos!

O Monkey Forest, como lugar sagrado que é, acolle tres templos.

O máis fermoso deles ten no seu interior un manancial sagrado ao que se chega a través dunhas escaleiras de pedra cheas de musgos que se fan interminábeis e baixo dunhas árbores cheas de lianas (de novo pensemos en Kipling, ou en Tarzán se así se prefire). A vexetación é tan densa que case impide o paso da luz, o que dá a o lugar unha s características case místicas.

Por certo, que os vixiantes dos tres templos están armados con tiracroios para veren de manter os macacos a raia. (É veren aparecer un vixiante e escapan coma levados polo demo)

Un lugar fascinante, o Monkey Forest.
Comentarios (5) - Categoría: Anotacións dominicanas - Publicado o 27-08-2010 12:10
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
5 Comentario(s)
1 Deve ser mesmo um lugar fascinante e, com certeza, deve ser sagrado também para os macacos!
E c#blgtk08#omo sempre...Nós seres humanos, estamos invadindo o lugar sagrado deles...E eles teêm que fugir mesmo!
Comentario por Solange Villamar Couto (27-08-2010 22:26)
2 Xa creo que debe ser un lugar ben fermoso, místico... e misterioso.

Non nada que ver o lugar pero, fóra os macacos, a descrición semella a un lugar que ía ver cando nena, a Cov#blgtk08#a das Adegas, perto da casa de miña nai... no medio dunha carballeira moi frondosa daquelas. Pero nunca me atrevía a meter o nariz máís alá da entrada. Son moi medrosa.

Saúdos
Comentario por A nena do paraugas (29-08-2010 19:07)
3 En realidade, Nena, supoño que o mundo, que é moi variado, por suposto, ten coincidencias fascinantes por todos os recunchos. Sen dúbida esta debe de ser unha delas. A frondosidade das nosas fragas n#blgtk08#on ten nada que envexar aos bosques de Bali. Diferéncianse nas especies das árbores. E alí vai moita máis calor e a humidade é máis grande. O Monkey Forest, Solange, é de certo un lugar interesante.
Comentario por Xesús Constela (01-09-2010 11:50)
4 Lera "tricornio" en contas de "tiracroio", ay, qué gracia: ía dicir que qué#blgtk08# listos eran estes macacos, que miraban un tricornio e botaban a correr...
Comentario por Eva Lozano (02-09-2010 12:39)
5 Que cada un saque as súas conclusiópns acerc#blgtk08#a do teu erro, Eva, que non ten desperdicio!
Comentario por Xesús Constela (03-09-2010 17:43)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal