O wayang kulit é a arte ancestral do teatro de monicreques con sombras e a cidade de Ubud, berce de artistas, é un lugar especial para asistir a unha representacióin das moitas que se relaizan ao longo da semana.
Os monicreques do wayang kulit, feitos con pel moi policromada, conservan a mesma forma dende os antigos reinados indoxavaneses.
Os argumentos tómanse do Mahabharata ou do Ramaiana da India ou de antigas lendas balinesas.
O wayang kulit na actualidade, e dada a presión turística que atura a illa de bali, ofrécese en ilglés e en balinés, á escolla do espectador, que pode decidir entre unha representación ou outra.
Déixovos na compaña de Bima, o guerreiro feroz, de Bangda, dono da maxia branca, de Wibisana, o defensor da xustiza... e de todos os grandes personaxes que poboan esta arte tan anterga e ao tempo tan actual.
Gosto muito do teatro de sombras e marionetes. É muito envolvente, porque mesmo sabendo que #blgtk08#se trata de bonecos, parece que vejo pessoas representando.
É uma ilusão muito real!
Comentario por Solange Villamar Couto (27-08-2010 22:54)
2
Todo o teatro de monicreques resulta sempre unha experiencia moi interesante. Sempre sentín unha certa envexa da#blgtk08# xente que é quen de mover algo inanimado de tal xeito que produza sensación de vida no espectador. Son xeniais!
Comentario por Xesús Constela (01-09-2010 11:44)
3
É fermoso, si, pero un tanto escuro, nunca mellor dito#blgtk08#... Prodúceme unha sensación un chisco desacougante...
Comentario por Eva Lozano (02-09-2010 12:40)
4
Non sei moi ben por que che po#blgtk08#de parecer desacougante, Eva.