Blog do escritor
Xesús Constela

www.xesusconstela.com

info@xesusconstela.com
 CATEGORÍAS
 CUARTO DOS TRASTES
 SALA PARA VISITAS
 SALA DAS PROCURAS
 SALA DOS BLOGS GALEGOS
 NO FAIADO
 ANTERIORES

Bali 7: De deuses, templos e cerimonias
Xa vos falei da importancia da relixión para os balineses (3 millóns de hinduistas nun país, Indonesia, de 300 millóns de musulmáns).

A relixión ocupa todos os tempos e todos os espazos, condiciona todas as celebracións e todas festividades e inspira a arte toda: pintura, teatro, danza... e como non arquitectura.

Cada vila ten como mínimo tres templos:
un á entrada para o deus creador (Brahmá),
un no centro para o deus protector (Vishnú) e
un preto do cemiterio para o deus destrutor (Shivá)
estes trs deuses forman o trimurti, unha "trindade".

A estes tres deuses correspóndenlles tres cores para vestir árbores e estatuas: o de Vishnú é o amarelo, o de Brahmá é o vermello e o de Shivá é o branco.

Ademais desta tríada hai divindades variadas por todas partes: para a protección dos arrozais, para a protección contra as divindades malignas agachadas no mar (sempre fonte de perigos o mar),
para a purificación do corpo ou das cousas materiais...

Cada casa ten ademais un templo no seu interior (canto maís rica a familia mellor é o templo, claro)

E sempre é bo momento para facer unha ofrenda.

Os deuses, as divindades todas, necesitan comer do mesmo xeito que o necesitamos todos, polo que hai que telos contentos.

Unha ofrenda no chan, á porta dun comercio, por exemplo, protexe contra a maldade, porque a maldade ás veces repta (pode ser unha serpe) ou camiña agachada na escuridade. O mal sempre vén de abaixo.

Unha ofrenda nun alto, ben protexida pola sombra duns parasois, deixada aos pés dunha estatua, ou na póla dunha árbore, ou nun andel da parede da casa, por exemplo, ofrece (valga a redundancia) cousas boas ás divindades boas para telas contrentas e ben alimentadas.

Normalmente as ofrendas todas son cestiños con cousas doces, lambetadas, froitas e incienso, pero eu mesmo cheguei a ver un billete de de 50000 rupias (uns corenta céntimos de euro).

Non imaxinades o atafego que levan os balineses (sobre todo as mulleres) con estas ofrendas. Nin tampouco imaxinades o fermosos que poden chegar a ser estes cestos con todas as cousas dentro.

Pero o melloor momento para facer boas ofrendas é cando a comunidade se reúne para celebrar unha cerimonia.

Hainas tamén para todos os gustos, nacementos, casamentos... aínda que as máis multitudinarias son as cremacións.

Falaremos delas.


Comentarios (3) - Categoría: Anotacións balinesas - Publicado o 24-08-2010 20:59
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
3 Comentario(s)
1 Impresionante a foto que nos achegas!! Como poden levar todo iso con tanta soltura? É incrible a fe que teñen os hinduístas, os rituais diarios, a dedicación total aos deuses, as fortes crenzas en pl#blgtk08#eno século XXI!! En realidade todos os que teñen fe, sexan da relixión que sexan, seguen a practicar ritos ancestrais co convencimento de que todo iso serve para algo. Por unha banda, é de admirar...
Comentario por Eva Lozano (25-08-2010 11:11)
2 Como é rica esta cultura! E como eles levam a sério estes rituais.
Me lembra um pouco a cultura japonesa, que também segue rituais. Aqui no Brasil temos uma colônia muito grande de japoneses e, eles seguem estas #blgtk08#tradições religiosas ao pé da letra, e, são passadas de pai para filho e, consequentemente, não tem fim.
Eu concordo com Eva, quando diz que é de admirar, pois tudo é feito com muita seriedade e responsabilidade.
Comentario por Solange Villamar Couto (25-08-2010 13:41)
3 Si. Reaklmente impresiona a dedicación dos balineses á relixión e asúa entrega constante ás ofrendas e ás cerim#blgtk08#onias. E realmente están convencidos de que serven para algo. Xa vos dixen que viven aparentemente moi felices.
Comentario por Xesús Constela (26-08-2010 14:12)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal