Blog do escritor
Xesús Constela

www.xesusconstela.com

info@xesusconstela.com
 CATEGORÍAS
 CUARTO DOS TRASTES
 SALA PARA VISITAS
 SALA DAS PROCURAS
 SALA DOS BLOGS GALEGOS
 NO FAIADO
 ANTERIORES

Bali 6: Os arrozais
No interior de bali xorde unha das paisaxes máis fermosas que nunca vira.

É a paisaxe do traballo de moitas xeracións que foron sachando na terra día tras día sen parar nun dos labores agrícolas máis escravos que poidan existir.

É o traballo do arrozal.

O traballo do corpo a sufrir as humidades da auga canalizada de socalco en socalco.

O traballo do corpo forzado en posturas difíciles de aturar.

Tres colleitas anuais de arroz para dar de comer a unha illa enteira.

O arroz.

O arroz que nunca falla, o acompañamento de todo canto se come.

Se un deixa que a mente esqueza a dureza do traballo pode chegar a imaxinar que estes arrozais de Wan Aya, os da foto que vos achego, son un xardín deseñado para que a imaxinación voe sen parar.

Que teñan os labregos unha boa colleita!

É o mellor que se pode desexar.
Comentarios (5) - Categoría: Anotacións balinesas - Publicado o 23-08-2010 21:43
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
5 Comentario(s)
1 É uma imagem impressionante, vista sem os detalhes que você menciona, realmente parece com um maravilhoso jardim!
Eu nunca vi uma plantação de arrozal tão bem cuidada e bonita como esta! É mesmo um trabalho artesanal!!!
E como#blgtk08# é bom e gostoso o arroz. Aqui comemos todos os dias. Nosso prato típico "Arroz e feijão".
Mesmo sabendo que é um trabalho árduo e difícil, parece que o fazem com todo o prazer do mundo, transformando o trabalho duro em arte!
Comentario por Solange Villamar Couto (24-08-2010 01:20)
2 Fermosísima paisaxe a que forman os arrozais!! Son tan diferentes aos de aquí...
O campo é duro, pero moi agradecido, non si? Mira o campo galeg#blgtk08#o, aquelas mulleres sacrificadas día a día, e familias enteiras colaborando cando hai que coller patacas, ou o viño... Pero despois, que ben sabe todo!!
Comentario por Eva Lozano (24-08-2010 11:14)
3 É un labor artesanal de moitos anos. A terra é moi dura, case coma unha especie de arxila que se pode modelar, por iso poden facer eses socalcos que permiten crear grandes superficies ch#blgtk08#eas de auga. É realmente unha paisaxe moldeada por moitas xeracións que traballaron eses campos coa auga até os xeonllos día tras día. Tedes razón: Que ben sabe todo o que ven do campo!
Comentario por Xesús Constela (24-08-2010 12:04)
4 É ben dura a vida dos labregos, pero a verdade é que eses socalcos fan que a paisaxe semelle ser doutro mundo!

Os nosos socalcos son máis secos e fac#blgtk08#er a vendima neles é unha tarefa dura e mesmo arriscada. Sei que na ribeira do Sil hai viñas ás que ata hai pouco só se accedía desde o río.

Saúdos.
Comentario por A nena do paraugas (25-08-2010 05:56)
5 Que estes arrozais ofrecen unha plasticidade extraordinaria é evidente. Pero non estará de máis recordar que durante séculos mi#blgtk08#llóns de persoas traballaron en condicións inhumanas nas labores deste tipo de agricultura, que esixe esforzos incalculables.
Comentario por Guereñu (17-11-2012 23:22)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal